Rexeitamento do desfile de Gucci na Acrópole

Post date: Feb 16, 2017 3:11:17 PM

O Goberno grego apoiou o día 15 de febrerio a decisión do Consello Central Arqueolóxico (KAS) do país, que rexeitou a petición da marca de alta costura Gucci de celebrar un desfile de moda na Acrópole de Atenas. O KAS baseouse para a súa afirmación en que carácter único da Acrópole é inconsistente con este tipo de evento. Como dixo a ministra de cultura, Lydia Koniordu, "o Partenón non é un monumento calquera. É un símbolo da civilización occidental, da democracia, do diálogo, da liberdade, do espírito. Os gregos somos os gardiáns deste símbolo que non só é un símbolo material, é tamén un símbolo espiritual, e debemos protexer o seu prestixio".

Pola súa parte, a empresa Gucci, ofreceu a cambio dous millóns de euros en cinco anos para restauración dos monumentos da Acrópole, un orzamento similar ao asignado polo Goberno heleno.

A prensa grega asegurou que a marca rexeitou, por outra banda, organizar o desfile nunha localización entre as alternativas ofrecidas polas autoridades helenas.