A crise grega afecta ás excavacións

Post date: Oct 12, 2015 3:44:09 PM

As excavacións da tumba de Anfípolis ocupaban, ata fai pouco, as portadas de periódicos en todo o mundo. O equipo de Katherina Peristeri conseguiu ter a todo o mundo pendiente do traballo que estaban a levar na zona. Chegaron a atopar os primeiros restos humanos e as teorías sobre tumba disparáronse, pero a actividade parou de súpeto e o equipo de arqueólogos tivo que abandonar o traballo.O goberno grego, tomando medidas drásticas, recortou o presuposto das excavacións en Anfípolis, facendo así imposible que puidesen continuar coa súa labor.

O novo goberno foi claro coas súas decisións: as necesidades vitais dos gregos están por diante das culturais, e o primeiro é acabar con cousas como a pobreza enerxética ou a falta de vivendas públicas. Dende isto, ningún arqueólogo volveu retomar o traballo.

O futuro está negro para as excavacións, xa que a Unión Europea impuxo novos recortes ao goberno grego, que Tsipras rematará por aceptar.

Mentres tanto, a tumba de Anfípolis agarda a que volten os equipos e volver a ser portada.

Información | Portal Clásico

Fotografía | Algargos, arte e historia