Descóbrese parte do porto da batalla de Salamina

Post date: Mar 22, 2017 2:30:18 PM

Unha investigación arqueolóxica na costa este da illa de Salamina, en Grecia, alegrouse de descubrir unha parte do porto no que se amarraba a frota de varias polis antes da batalla de Salamina, unha das máis importantes na historia da Antiga Grecia. Esta famosa batalla enfrontou, no 480 a.C., a Grecia e a Persia, dándolle a vitoria ao exército heleno comandado por Temístocles.

De acordo a un comunicado emitido polo Ministerio de Cultura, o descubrimento trátase do "porto comercial e posiblemente militar de Salamina, unha das cidades máis grandes e cercanas ao estado ateniense".

O porto atópase ao lado de algúns dos monumentos máis importantes da Vitoria: o Poliandrion (tumba) dos soldados de Salamina e o Trofeo en Kinosoura.

O principal campo de investigación foi a parte interior da bahía de Ampelakia, e, entre os achados, inclúense estruturas, fortificacións e varias instalacións.

Información | La Vanguardia

Imaxe | Wikipedia