Grecia cuberta de neve

Post date: Jan 24, 2017 12:53:04 PM

Durante a semana do 9 ao 15 de xaneiro Grecia sufriu unha ola de frío que provocou fortes nevadas en todo o país, algo ao que os seus habitantes non están acostumados.

Como consecuencia están a chegar fotos espectaculares sobre varias cidades gregas e os seus monumentos máis coñecidos.

Estas son algunhas das fotos máis impresionantes que nos deixou o temporal. Na primeira delas pódese observar a cidade de Atenas, e no cumio, a Acrópole, cuberta de neve; na segunda imaxe aparece o templo minoico de Cnosos.

Fonte e imaxes: Kerry Kolasa-Sikiaridi | Greek Reporter