Un deus grego de fai 2500 anos no fondo do Mar Negro

Post date: Mar 26, 2017 3:36:08 PM

Na Bahía de Kerch, cerca do cabo Ak-Burun, no estreito que ocupa a costa este da península de Crimea e que une o mar Negro co mar de Azov, un grupo de constructores traballaba nunha ponte para unir as dúas costas. Mentres os operarios removían terras no fondo mariño, atopáronse cun achado excepcional: a cabeza da estatua xigante de terracota dun deus grego de 2.500 anos de antigüidade.

"Este achado é único na costa norte do Mar Negro", afirma Sergei Olkhovskiy, xefe da unidade de arqueoloxía subacuática da Academia Rusa de Ciencias, en declaracións á web do Centro de Información da Ponte de Crimea. "Cremos que esta cabeza foi feita en Asia Menor cara ao século V a.C. O habitual no século VI a.C. eran figuras pequenas, duns 40 centímetros", engade.

A produción en masa de imaxes de terracota xa está moi estendida desde o século VI. O máis habitual era facer figuras pequenas, duns 40 centímetros. Pero a cabeza atopada na Bahía de Kech corresponde a unha estatua moito máis grande e robusta.

Imaxe e fonte | La Vanguardia