Os anos escuros 

(s.XIII - s.IX a.C.)

Introdución

Denomínaselle Anos Escuros, Séculos Escuros ou Idade Escura ao período da historia grega que se desenvolve entre a caída do Imperio micénico (1150 a.C.) ata a aparición das polis (800 a.C.), co inicio das colonizacións e coa aparición do alfabeto fonético. 

Non temos demasiada información daquela época, polo que isto dificulta a reconstrución das realidades históricas daquel entón e por iso lle chamamos "escura". Debemos ter en conta que todos os imperios teñen un período de grande auxe seguido por malas épocas.

Características

A decadencia cultural e a profunda pobreza da poboación é a característica desta época.

Como consecuencia, a escritura, que se empregaba anteriormente nun gran número de campos, desapareceu durante uns cincocentos anos, volvendo así á tradición oral.

Os helenos dividíronse en xonios, dorios e eolios, xa que se produciron migracións a Asia Menor.

Aínda así non foi todo negativo, senón que houbo outros cambios que non provocaron o retroceso dos gregos, como os cambios nos costumes funerarios, o desprazamento do bronce polo ferro e o estilo xeométrico da cerámica.

(arriba) Ánfora monumental ática de tumba (detalle). Imaxe de DivesGallaecia en  Flickr
(esquerda) Ánfora ática monumental de tumba. Imaxe de DivesGallaecia en Flickr.Procedente do cemiterio do Cerámico. A escena principal mostra a prótese e o loito polo morto. Sobre o féretro está o sudario. Homes, mulleres e un neno laméntase coas mans nas súas cabezas, no habitual xesto de dó. Obra do "Pintor do Dipylon". Período xeométrico tardío, 760-750 a.C.

Organización política e social 

Organización política

Respecto da organización socio-política, creáronse as bases dun marco de convivencia peculiar denominado polis (πόλις). Estas eran cidades-estado de pouca extensión e poboación, formadas polo centro urbán (muraias, templos, acrópole, ágora...) e polo territorio que o rodeaba. 

Ós seus cidadáns gústaballes esta independencia, o que determinou o seu individualismo e levou a unha gran participación na vida política e a que se dera a fin da organización social baseada en clans familiares.

Nun principio, en cada comunidade había un rei asistido por un consello aristocrático, pero co paso dos anos, a nobreza conseguiu desbancar esta autoridade real. No lugar desa antiga forma de goberno, decidiron establecer maxistraturas renovables cada ano e exercidas por eles mesmos (principio da democracia).

Sociedade

Naquela época os campesiños, artesáns e aparceiros conformaban a base social e traballaban para os nobres locais. A economía era autárquica, polo que se baseaba na agricultura e na gandeiría levada a cabo polas persoas atrás nomeadas.

Comercio

Finalmente, as relacións comerciais eran case todas de tipo bélico, agás cos fenicios, que eran os que controlaban naquel entón as rutas marítimas polo Mediterráneo. 

Eles foron quen lles pasaron ós gregos o alfabeto, que tivo unha rápida difusión a pesar dos anos no que non estivo activo. O comercio retrocedeu rápidamente.

Alfabeto fenicio. Imaxe da Wikipedia.

Arquitectura

Na Idade Escura, os principais materiais de construción eran a madeira e os ladrillos de adobe. Estos materiais non duran tanto coma a pedra, polo que se consevaron poucos edificios. A maioría da xente vivía probablemente en pequenas chozas. Case non contamos con ningún resto arqueolóxico.

Eubea

Na illa de Eubea, as escavacións puxeron ao descuberto unha cultura florecente na Idade Escura. Era suficentemente rica como para que a xente deixara adornos de ouro nas tumbas. 

Nunha data tan antiga coma o ano 900 a.C. os seus habitantes estableceron relacións comerciais con países extranxeiros. 

Sen embargo, as guerras entre dous principais cidades de Eubea puxeron fin a este período de prosperidade. 

Mapa de Grecia destacando Eubea. | Wikipedia