Descobren unha cidade descoñecida da Antiga Grecia

Post date: Apr 10, 2017 3:37:45 PM

fg

Un grupo de arquéologos suecos da Universidade de Gotemburgo (Suecia) descubriu unha cidade da Antiga Grecia no centro dese país, no que antes se pensaba que só eran uns restos sen importancia.

Este descubrimento está situado en Vlochós (norte de Atenas), entorno á outeiro Strongilovoúni, na chaira de Tesalia, e alí atopáronse restos datados do ano 500 a.C, aínda que se pensa que a época de florecemento do asentamento foi entre séculos IV a.C e III a.C.

O proxecto tivo o seu comezo en setembro do ano pasado. Rönnlund, que agora dirixe o proxecto, dixo: "Un colega e máis eu atopamos o lugar en relación con outro proxecto e démonos conta do seu gran potencial ao momento. O feito de que ninguén explorara antes a outeiro é un misterio."

Os arqueólogos da Universidade de Gotemburgo cren que futuras escavacións na zona do achado poderían axudar a resolver as dúbidas sobre a área e a descartar a idea de que as chairas de Tesalia Occidental eran unha especia de "páramos" da Antiga Grecia.

Fonte: El tiempo