A Ilíada

Introducción

A Ilíada é un gran poema épico cheo de furor guerreiro. Os feitos que se narran manteñen unha cronoloxía líneal, pero con digresións que se apartan en ocasións do tema central: o asedio de Troia por parte dos aqueos e os seus aliados. A lendaria guerra de Troia prolongouse durante dez anos de combates. 

Con todo, o xenio de Homero soubo concentrar a acción nunhas semanas do décimo ano, a redor dun episodio que proporciona cohesión ás diferentes historias que suceden nas loitas entre heroes: "a cólera de Aquiles". A obra comeza co agravio a Aquiles do rei Agamenón, xefe do exército aliado contra Troia, ao arrebatarlle a unha nova prisioneira que aquel desexa. A ofensa leva a Aquiles, o mellor e máis temido dos heroes, a retirarse da guerra, xunto co seu exército de mirmidóns. Como consecuencia, a pesar de singulares enfrontamentos entre heroes gregos e troianos, e da intervención dos deuses, a ofensiva troiana logra pór en apuros aos aliados. 

Ante o empuxe do principal heroe troyano, Héctor, que chega a supor unha seria ameaza para as naves aqueas, Patroclo, íntimo de Aquiles, ao non conseguir que este se reincorpore á loita, rógalle polo menos que lle deixe as súas armas para alentar aos gregos. Cando Héctor derrota a Patroclo, Aquiles reconcíliase con Agamenón e reincorpórase á loita para vingar ao seu amigo. 

Tras a derrota de Héctor, a furia de Aquiles ensáñase co cadáver do troiano, pero tras a dos deuses, acepta devolvelo ao seu ancián pai, o rei troiano Príamo, e a obra conclúe cos funerais de Patroclo e Héctor. 

Ao final do poema, vence a compaixón por encima da sede de vinganza, o cal expresa ben a gran visión humanista de Homero. As dúbidas acerca da autenticidade histórica dos acontecementos narrados na Ilíada son moitas, aínda que hai elementos que inducen a crer polo menos na veracidade dalgúns deles. Así, por exemplo, sábese da existencia de relacións non sempre pacíficas entre a cidade de Troia e a Grecia continental.

Recursos estilísticos

a) Invocacións ás Musas

Canta, deusa, a xenreira de Akhileus Peleides; tan funesta, que infinitas dores ós Akhaiói impuxo, e moitas valentes almas por diante para o Aides levou, de heroes,e , deles mesmos, despoxos facía para os cans a para as aves de rapiña todas; e, de Zeus, cumpríase o designio; desde que xa por vez primeira se separaron os dous, disputando un co outro, o Atreídes, señor de homes, e o divino Akhileus. (Ilíada, I, 1 e ss.) 

b) Linguaxe formular

O enxeñoso Ulises, mirándolle con torva face, exclamou: -¡Atrida! Que palabras se che escaparon do cerco dos dentes?

Grava as miñas palabras na túa memoria, para que non as esquezas cando o doce soño te desampare.

O que vou dicir cumprirase: ao campión que se me opoña lle rasgaré a pel e esmagareille os ósos;

Outra cousa vou dicirche que fixarás na memoria: cando eu teña vehemente desexo de destruír algunha cidade onde vivan amigos teus, non retardes o meu cólera e déixame facer o que queira, xa que esta cédocha espontaneamente, aínda que contra os impulsos da miña alma.

c) Epítetos

Nove días, así, sobre a tropa caían as frechas do deus, mais, ó décimo, para una xunta chamou á tropa Akhileus; pois, a el, nas mentes llo puxo a deusa dos brancos brazos, Here; pois estaba preocupada polos Danaói, porque, daquela maneira morrer os vía; e, despois que eles, entón, acudiron e todos xuntos quedaron, no medio deles erguéndose, falaba o lixeiro de pés Akhileus: (Ilíada, I, 53 e ss.)

"¡Ai dor!, certamente teño pena do magnánimo Aineias, que axiña, polo Peleion domado, baixará para o Ais, por se deixar persuadir polas palabras de Apolon, o que tira de lonxe. (Ilíada, XX, 293 e ss.)

"¡Oh!, filla de Zeus, portador da exide, Atryone, mira como outra vez a mosca de can leva a Ares, o funesto para os mortais, da guerra abrasadora, por entre o tumulto; ¡veña!, persíguea." (Ilíada, XXI, 420 e ss.)

d) Descricións de batallas

E Meriones matou a Phéreklos, fillo de Tekton Harmonides, o que, coas súas mans, sabía os traballos de arte todos compor; porque, máis cá ninguén queríao Palás Athene; o que, xustamente, para Aléxandros contruíu aquelas naves iguais, principio de tantos males, que para tódolos Troes unha desgracia foron, e, para si mesmo, tamén, xa que nada do que os deuses tiñan decretado el sabía; a éste, poi, Meriones, cando xa o tivo a man, correndo a por del, déralle na nádega dereita; e, de banda a banda, todo dereito, pola vexiga por debaixo do oso, furou a punta, e de xeonllos caeu a xemer, e a morte, de roda súa, envolveuno. (Ilíada, V, 59 e ss.)

e) Accións guerreiras individuais (aristías)

Entón, esta vez, ó fillo de Tydeus, ó Diomedes, Palás Athene deulle ardor e ousadía, para que destacado entre todos os Argueioi se fixese e unha fama boa adquirise; facíalle saír, a arder, do seu capacete e do seu escudo, sen cansar, un fogo, ó astro do outono semellante, que máis ca ningún a brillar, resplandece todo enteiro, despois de terse bañado nas augas do Okeanós; tal, a el, aquel fogo a arder, facíalle saír da súa cabeza e dos seus ombreiros, e levouno para o medio, onde moitísimos e perseguírense andaban. (Ilíada, V, 1 e ss.)

f) Catálogos de tropas, caudillos ou pobos:

Dos Boitói eran capitáns Penéleos e Leitos, e Arkesílaos e Prothoénor e Kloníos, os que habitaban Hyríe e a pedregosa Aulís, e Skhoinos e Skolos e a moi montañosa Eteonos, Théspeia e Graia e a vasta Mykálesos, os que vivían arredor de Harma e de Eilesion e de Erythrai, os que tiñan Eleón e Hyle e Peteón, Okalee e Medeón, ben asentada a cidade, Kopai e Éutresis e, a das moitas pombas, Thisbe, os que Koróneia e a herbosa Halíartos, os que Plátaia tiñan, os que Glisas habitaban, os que Hypothébai tiñan, ben asentada cidade, e a sagrada Onkhestós, espléndido bosque Posideio, os que tiñan Arne, abundante en uvas, os que Mídeia e Nisa, a divina, e Anthedón, a fronteiriza; destes viñan cincuenta naves, e en cada unha ían cento vinte mozos dos Boiotói. (Ilíada, II, 494 e ss.)

g) Símiles ou comparacións

Tampouco Paris se demoraba nas súas altas mansións, senón que el por súa parte tamén, así que estivo vestido das súas gloriosas armas, traballadas en bronce, botouse enseguida á présa a través da cidade, nos pés rápidos do seu confiado; e, coma cando un cabalo, parado tempos na corte, comendo a fartar no pesebre a cebada, a trenla rompendo, corre pola planicie batendo forte no chan, acostumado a bañarse nun río de fermosa corrente, orgulloso el de si mesmo; e en alta a cabeza mantén, e ós dous lados as crinas no pescozo vanlle a voar; e no seu brío confiado, prontamente os seu xeonllos lévano cara ós sitios de costume e ó pasto dos cabalos; tal o fillo de Príamos, Paris, desde Pérgamos alta, coas súas armas, todo a brillar coma un sol, rápidamente baixara, a rir gozoso, e lixeiros os seus pés levábano.  (Ilíada, VI, 503 e ss.)

Personaxes Principais

No bando dos gregos:

-Agamenón ( Ἀγαμέμνων) : Rei de Argos e Micenas e irmán de Menelao. Provoca a cólera de Aquiles ao arrebatarlle á súa escrava Briseida. Reconcíliase con el no canto XIX.

-Aiax (Αἴας): É pai de Eantides, Eurísaces e Fileo. É un guerreiro de grande estatura e forza, e o segundo máis poderoso despois de Aquiles. 

-Aquiles (Ἀχιλλεύς) : Semideus e fillo da deusa Tetis e o mortal Peleo e rei dos mirmidóns. Non sempre marcha de acordo cos ideais cabaleirescos, xa que está posuído pola ira. Tampouco modera os seus sentimentos cando morre o seu amigo Patroclo. Posúe os maiores atributos heroicos: fillo dunha deusa, as súas armas son fabricadas polo propio Hefesto, é o máis fermoso dos heroes aqueos e os deuses máis poderosos están interesados no seu destino. 

-Menelao (Μενέλαος) : Irmán de Agamenón, rei de Esparta e marido de Helena. Loitou nun duelo singular contra Paris e estivo a punto de gañar, pero Afrodita axudou a escapar a Paris.

-Néstor (Νέστωρ) : Ancián sabio e rei de Pilos. Prototipo do ancián nobre, conselleiro do exército. é a personificación da prudencia no home.

-Calcante (Κάλχας) : Adiviño ao que acuden os gregos para terminar coa peste. Profetizou que a presencia de Aquiles na Guerra de Troya era necesaria para que os gregos conseguisen a victoria e que a guerra duraría dez anos. Tamén reveloulle a Agamenón que debía sacrificar á súa filla para apaciguar a Artemisa e obter ventos favorables para que a flota grega puidese partir cara Troya.

-Patroclo (Πάτροκλος): Compañeiro de Aquiles. Destácase a súa fidelidade a este. Héctor logra prender lume a unha das naves dos aqueos. Patroclo pide permiso a Aquiles para tomar as súas armas e repeler o o ataque e, ao mando dos Mirmidóns, fai fuxir os troianos, que cren que en realidade se trata de Aquiles. Mata entre outros a Sarpedón, rei de Licia e fillo de Zeus. Pero Apolo acude en axuda dos troianos e golpea a Patroclo, que despois é ferido por Euforbo e rematado por Héctor.

-Hera (Ἥρα) : Esposa de Zeus. Deusa do matrimonio. Participou no xuicio de Paris, ofrecéndolle o goberno de toda Asia e convertirse no home máis rico. Durante a guerra apoiou aos gregos. Chegou a seducir a Zeus para distraelo e lograr que os gregos conseguisen unha vantaxe na guerra.

-Atenea (Ἀθήνα) : Deusa da Intelixencia e da guerra. Apoia aos gregos, especialmente a Aquiles, a quen anima e aconsella, e a Menelao, a quen salva da frecha de Pándaro.

-Tetis (Θέτις) : Ninfa mariña, e é unha das 50 nereidas que axudaron a Zeus cando intentaron destronalo. É a nai de Aquiles.  Cando estalou a Guerra de Troia, Tetis preocupouse polo seu fillo e escondeuno na corte de Licomedes, disfrazado de muller. Encárgalle a Hefesto as armas coas que vencerá a Héctor.

-Hefesto (Ἥφαιστος) : Fillo de Hera. Deus do lume e dos metales. Forxou un escudo e unha armadura para Aquiles.

-Diomedes (Διομήδης) : cabaleiro sen tacha, valeroso e hospitalario e o máis prudente de todos os da súa idade. Por isto é o portavoz da comunidade nos momentos máis graves e sucesor de Aquiles cando se retira do combate. Roubou os cabalos de Reso xunto con Odiseo.

- Odiseo (Ὀδυσσεὺς) : Na Ilíada non é unha primeira figura e parece que ten menos trazos aqueos e aristocráticos cos demais. Non sobresae nel a valentía senón a reflexión o cálculo e a astucia e está mellor tratado na Odisea, onde destaca pola súa humanidade. Na batalla mata, entre outros, a Democoonte, Alástor, Halio e Prítanis. Ofrécese a loitar en combate singular contra Héctor, pero non resulta elixido.

No bando dos troianos:

-Apolo (Ἀπόλλων) : Deus das artes e a beleza masculina. Fillo de Zeus e Leto. Mandou a unha contra os gregos xa que Agamenón tomara como escrava a sacerdotisa de Crise. 

-Crises (Χρύσηίς) : Sacerdote de Apolo. Pai de Criseida. Irmán de Brises. Ao ver que a súa filla fora secuestrada pediulle axuda a Apolo.

-Criseida (Χρύσηίς): Filla de Crises. Escrava de Agamenón. Sacerdotisa de Crise. O seu secuestro desencadeou unha peste mandada por Apolo. 

-Briseida (Βρισηίς) : .Viuva de Limeso. Filla de Briseo e prima de Criseida. Escrava de Aquiles. Agamenón quitoulla ao perder el a Criseida, de forma que o que provocou a cólera de Aquiles. 

-Príamo (Πρίαμος) : Último rei de Troia. Foi en busca do cadáver do seu fillo Héctor ao campamento dos gregos, encontrándose nun principio coa negativa de Aquiles ata que llo acabaría por devolver.

-Paris (Πάρις): Rapta a Helena, esposa de Menelao. Tivo un combate singular contra Menelao que acabaría perdendo, sendo salvado por Afrodita instantes antes de morir por unha nube de polvo que o levaría da zona do combate ata a cama de Helena. Mata dun frechazo a Aquiles no talón. Morreu a máns de Filoctetes.

-Héctor (῝Εκτωρ): Mata a Patroclo. Loita pola súa patria e polo seu pobo e nel xogan un importante papel o amor pola súa esposa e fillo e a comprensión das debilidades do próximo, Paris e Helena. Morre de forma brutal a máns de Aquiles, para posteriormente ser atado a un carro e paseado ao redor das murallas da cidade. O seu cadáver foiselle devolto ao seu pai. O poeta configura o seu propio ideal de heroe: o heroe humanizado non alleo ás grandezas ou debilidades dos demáis. 

-Helena (Ἑλένη): Era esposa de Menelao. Escapa xunto con Paris a Troia. O seu escape foi o motivo da guerra de Troia. Acaba volvendo con Menelao a Esparta.

-Casandra (Κασσάνδρα): Filla dos reis de Troia. Ten o don da profecía, pero ninguén a cre. Foi capturada como botín de guerra e entregada a Agamenón.  

-Afrodita (Ἀφροδίτη) : Deusa do amor e a beleza, entrégalle a Helena a París. A favor dos Troianos, debido a decisión de Paris de nombrala a deusa máis fermosa de todas. Salva a Paris da morte no momento do duelo con Menelao.

-Ares (Άρης) : Deus da guerra. Amante de afrodita. Representa a morte, o dor, a implacabilidade, a agresividade, etc... Pelexou a favor de ambos bandos na Guerra de Troia. Ao principio prometeulle a Atenea e a Hera que axudaría aos aqueos, pero máis tarde Afrodita e Apolo convencérono para que loitase do lado dos troianos. Foi ferido en combate tras loitar polo bando dos troianos, véndose obligado a refuxirase no Olimpo para que Zeus sanase as súas feridas. Cando chega alí Zeus ademáis de sanalo, repréndeo por inmiscuirse na guerra sen o seu consentemento.

Argumento da Ilíada

Canto I- A peste e a cólera

Logo de nove anos de guerra entre aqueos e troianos, unha peste desátase sobre o campamento aqueo. O adiviño Calcante, consultado sobre iso, vaticina que a peste non cesará ata que Criseida, escrava de Agamenón, sexa devolta ao seu pai Crises. A cólera de Aquiles orixínase pola afronta que lle inflinxe Agamenón, quen, tras ceder a Criseida, arrebata a Aquiles a súa parte do botín, a moza sacerdotisa Briseida. Ao producirse todo isto, Aquiles retírase da batalla, e asegura que só volverá a ela cando o lume troiano alcance as súas propias naves. Pídelle á súa nai Tetis que convenza a Zeus para que axude aos troianos. Esta acepta, xa que Tetis o axudou cando os seus irmáns divinos se lle rebelaron.

Canto II- O soño de Agamenón e a Beocia

Zeus visita a Agamenón | Sueño de Agamenón

Zeus, inquedo pola promesa que lle fixo a Tetis, aconsella por medio dun soño a Agamenón que arme ás súas tropas para atacar Troia. Con todo, Agamenón, para probar ao seu exército, propón aos aqueos regresar aos seus fogares, pero a proposta é rexeitada. A continuación se enumera o Catálogo de naves do continxente aqueo e o das forzas troianas.

Canto III- Os xuramentos e Helena na muralla

Paris loitando con Menelao | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

O xefe das tropas troianas, Héctor, increpa ao seu irmán Paris por esconderse ante a presenza de Menelao. Ante iso, Paris decide desafiar a Menelao en combate singular. Helena, o rei Príamo e outros nobres troianos, observan a batalla desde a muralla, onde Helena, a requerimento do rei Príamo, identifica e presenta a algúns dos xefes aqueos. A batalla deténse para a celebración do duelo singular, coa promesa de que o vencedor quedaría con Helena e os seus tesouros. Menelao está a piques de matar a Paris pero este é salvado por Afrodita e é enviado xunto a Helena.

Canto IV- Violación dos xuramentos e revistas das tropas

Atenea falando con Pándaro | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Tras unha pequena asamblea dos deuses, estes deciden que se reanuden as hostilidades, polo que Atenea, disfrazada, incita a Pándaro para que rompa a tregua lanzando unha frecha que fere a Menelao, e trala arenga de Agamenón ás súas tropas, reanudan a loita, na que Ares e Apolo por unha parte, e Atenea, Hera e outras divinidades pola outra, axudan respectivamente ós troianos e ós aqueos.

Canto V- Aristía de Diomedes

Diomedes na batalla | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Entre os aqueos destaca na batalla Diomedes, asistido por Atenea, que está a piques de matar a Eneas e chega a ferir a Afrodita. Mentres, Ares e Héctor comandan ás tropas troianas. Tamén destaca Sarpedón, caudillo dos licios, que mata entre outros ó rei de Rodas, Tlepóleno. Logo Diomedes, amparado novamente por Atenea, fere a Ares.

Canto VI- Coloquio de Héctor e Andrómaca

A última visita de Héctor á súa familia antes do seu duelo con Aquiles. Astianacte, nos xeonllos de Andrómaca, achégase para tocar o casco do seu pai. Apulian red-figure column-crater, ca. 370–360 BC. De Ruvo. Conservada no Museo Nazionale of the Palazzo Jatta in Ruvo di Puglia (Bari). Imaxe: Wikipedia

Ante o empuxe dos aqueos, Héleno, tamén fillo de Príamo e adiviño, insta a Héctor a que regrese a Troia para encargar ás mulleres troianas que realicen ofrendas no templo de Atenea. Mentres, na batalla, Diomedes e o licio Glauco recoñecen os seus lazos de hospitalidade e intercámbianse as armas amistosamente. 

Héctor, tras realizar o encargo do seu irmán Héleno, vai en busca de Paris para increpalo e pedirlle que regrese á batalla. De seguido, Héctor despídese da súa esposa Andrómaca.

Canto VII- Combate singular de Héctor e Áiax

Áiax e Héctor intercambiando regalos | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Tras o debate entre Atenea e Apolo, interpretado por Héleno, Héctor desafía en combate singular a calquera aqueo destacado. Os principais xefes aqueos, arengados por Néstor, aceptan o desafío e bótano a sortes. Áiax Telamonio sae elixido. O duelo singular ten lugar, pero a chegada da noite pon fin á loita entre ambos e intercámbianse regalos (don e contra-don). Héctor entrégalle unha espada (coa que máis tarde Áiax se suicidaría) e Áiax entrégalle un cinturón púrpura (co que logo Héctor sería atado ó carro de Aquiles). Néstor insta ós aqueos a construír unha muralla e unha fosa que defenda o seu campamento. Os troianos, reunidos en asemblea, debaten se entregar a Helena e o seu tesouro (postura defendida por Anténor), ou só o seu tesouro (postura defendida por Paris). Príamo ordena que se traslade ós aqueos a proposta de Paris. A proposta é rotundamente rexeitada, pero acórdase unha tregua para incinerar os cadáveres.

Canto VIII- Batalla interrumpida

Teucro na batalla | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Zeus ordena ao resto dos deuses que se absteñan de intervir na contenda. Os troianos, animados por Zeus, avanzan na batalla e fan retroceder aos aqueos. Por parte dos aqueos, Teucro causa graves danos nas filas troianas coas súas flechas. Atenea e Hera tratan de axudar aos aqueos pero Iris envíalles a orde de Zeus de que non interveñan. Ao chegar a noite, os troianos acampan preto do campamento aqueo.

Canto IX- Embaixada a Aquiles

Aquiles falando con Néstor | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Fénix, Áiax Telamonio, Odiseo e dous heraldos son enviados como embaixada, por consello de Néstor, onde dan a Aquiles desculpas por parte de Agamenón (ofrecéndolle agasallos, a devolución de Briseida e a calquera das súas fillas como esposa) e suplícanlle que regrese á loita, pero este négase a pesar do consello de Fénix.

Canto X- Aristía de Dolón

Diomedes e Odiseo asesinando aos soladados tracios | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Diomedes e Odiseo, novamente por consello de Néstor, fan unha misión de espionaxe nocturna, na que matan ao troiano Dolón, que igualmente fora enviado en misión de espionaxe por Héctor. Despois, coa información conseguida a través de Dolón, asesinan a soldados tracios e ao seu rei Reso, e lévanse os seus magníficos cabalos mentres durmen.

Canto XI- Aristía de Agamenón

Agamenón na batalla | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Amanece, renóvase a batalla e os aqueos empezan levando a iniciativa. Destaca entre eles Agamenón, ata que resulta ferido por Coón e debe retirarse. Entón toman a iniciativa os troianos. Os aqueos contraatacan, pero Diomedes, Eurípilo e o médico Macaón son feridos por frechas de Paris. Mentres, o troiano Soco morre a mans de Odiseo, pero consegue ferilo. Patroclo é enviado por Aquiles á tenda de Néstor para enterarse das noticias da batalla.

Canto XII- Combate na muralla

Troianos na muralla dos aqueos | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Os troianos, seguindo primeiro os consellos de Polidamante, atravesan o foso previo ao muro dos aqueos pero logo desóen o seu consello de non asaltar o muro. O licio Sarpedón abre unha brecha no muro que é atravesado polas tropas troianas con Héctor á cabeza, malia a resistencia de Áiax e Teucro.

Canto XIII- Batalla xunto ás naves

Poseidón axudando aos aqueos na loita | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Poseidón acode á batalla para animar aos aqueos a resistir as cargas dos troianos. Entre os aqueos destácase Idomeneo, rei de Creta. Héleno e Deífobo deben retirarse tras ser feridos por Menelao e Meríones, pero Héctor prosegue no seu avance ata que se lle opón Áiax.

Canto XIV- Engaño a Zeus

Xúpiter e Xuno no monte Ida por James Barry, 1773 (City Art Galleries, Sheffield).

Hera concibe un plan para enganar a Zeus: con axuda do cinto de Afrodita seduce a Zeus e coa de Hipnos faio durmir. Despois encarga a Poseidón que interveña en favor dos aqueos. Áiax Telamonio fere de gravidade a Héctor, que é retirado do combate polos seus compañeiros e levado á cidade. Malia a resistencia de Polidamante e o seu irmán Acamante, os aqueos toman unha breve iniciativa na batalla.

Canto XV- Nova ofensiva desde as naves

Iris falando con Poseidón | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Zeus descobre o engano do que foi obxecto e ordena a Poseidón a través de Iris que deixe de axudar aos aqueos. Logo insta a Apolo a que infunda novas forzas aos troianos. Ares ten o propósito de ir combater á beira dos aqueos para vingar a morte do seu fillo Ascálafo pero Atenea advírtelle que será obxecto da ira de Zeus. Héctor recobra as forzas e os troianos chegan combatendo ata as naves dos aqueos. Ata Áiax Telamonio ten que retroceder.

Canto XVI- Aristía de Patroclo

Patroclo dando morte a Sarpedón a pesar da chegada de Glauco, v. 400 a. C., Museo arqueológico nacional de Policoro.

Héctor logra prender lume a unha das naves dos aqueos. Patroclo pide permiso a Aquiles para tomar as súas armas e repeler o o ataque e, ao mando dos Mirmidóns, fai fuxir os troianos, que cren que en realidade se trata de Aquiles. Mata entre outros a Sarpedón, rei de Licia e fillo de Zeus. Pero Apolo acude en axuda dos troianos e golpea a Patroclo, que despois é ferido por Euforbo e rematado por Héctor.

Canto XVII- Aristía de Menelao

Copia romana do século II a. C., dun orixinal grego do século IV a. C., Loggia dei Lanzi na Piazza della Signoria, Florencia (Italia).

Menelao consegue matar a Euforbo e defende o corpo sen vida de Patroclo, en torno a cal se entabla un duro combate. Os troianos fanno retroceder e Héctor despoxa a Patroclo das súas armas. Despois acuden reforzos aqueos ao combate e conseguen levar o seu corpo ás naves.

Canto XVIII- Fabricación das armas

Hephaestus and Cyclopes Forging the Armour of Achilles (marble) Greco-Roman / Pinacoteca Capitolina, Palazzo Conservatori, Rome, Italy:
Hephaestus and Cyclopes Forging the Armour of Achilles (marble) Greco-Roman / Pinacoteca Capitolina, Palazzo Conservatori, Rome, Italy

Antíloco comunica a Aquiles a nova da morte do seu amigo Patroclo, e éste decide volver a loita para vingarse da morte do seu amigo. Cae a noite e os troianos reúnense. Polidamante é partidario de ir a Troia a refuxiarse tras os seus muros pero prevalece a opinión de Héctor de seguir pelexando en campo aberto. A nereida Tetis consegue que Hefesto fabrique armas novas para o seu fillo Aquiles.

Canto XIX- Aquiles depón a ira

A furia de Aquiles  de Giovanni Battista Tiepolo.

Aquiles reconcíliase con Agamenón. Este devólvelle a Briseida xunto con varios agasallos, ademais de facer un xuramento de que nunca estivo con Briseida como é costume entre homes e mulleres. 

Canto XX- Combate dos deuses

Aquiles atacando a Eneas | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Zeus dá permiso ao resto dos deuses para que interveñan na batalla e axuden a quen prefiran. Aquiles inicia un furioso ataque no cal loita con Eneas, que finalmente é salvado por Poseidón. Mata a Polidoro, fillo de Príamo e enfróntaselle Héctor, pero Atenea axuda a Aquiles e Apolo afasta a Héctor do combate.

Canto XXI- Batalla xunto ao río

O deus do río atacando a Aquiles | Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini. 

Aquiles mata, entre outros, a Licaón, fillo de Príamo, e a Asteropeo, que consegue ferilo levemente. O deus do río Escamandro rodéao coas súas augas e está a piques de afogalo, pero Hera acode ao seu fillo Hefesto para que afaste as augas do río coas chamas. 

O resto dos deuses pelexan entre eles, uns a favor dos aqueos e outros ao dos troianos. 

O rei Príamo ordena abrir as portas de Troia para que as súas tropas se refuxien tralos seus muros. 

Apolo consegue, mediante un ardid, afastar momentáneamente a Aquiles dos muros de Troia.

Canto XXII- Morte de Héctor

Aquiles arrastrando a Héctor. Lecito de finais do S. V.

As forzas troianas refúxianse na cidade pero Héctor queda fóra, co ánimo de pelexar contra Aquiles. Pero unha vez fronte a fronte, Héctor foxe e é perseguido por Aquiles. Atenea engana a Héctor facéndolle crer que ten na súa axuda ao seu irmán Deífobo e Héctor enfróntase por fin cara a cara a Aquiles, quen o mata, ata o seu cadáver ao seu carro de combate e, subido nel, dá voltas ao redor da cidade.

Canto XXIII- Xogos en honor de Patroclo

Vaso François. Das tres escenas visibles  nesta foto, a central representa a carreira de carros.

Celébranse os Xogos funerarios en honor de Patroclo coas seguintes probas: carreira de carros, puxilato, loita, carreira, combate, lanzamento de peso, tiro con arco e lanzamento de xabalina.

Canto XXIV- Rescate de Héctor

Baixorrelieve en mármore dun sarcófago romano  no Louvre que mostra aos troianos levándose o cadáver de Héctor.

Príamo e un vello heraldo diríxense cara ao campamento aqueo: no camiño atopan a Hermes (enviado por Zeus), que os axuda a pasar inadvertidos ata a tenda de Aquiles. Príamo rógalle a Aquiles que lle entregue o cadáver de Héctor e Aquiles, conmovido acepta. Logo, Príamo pide a Aquiles un leito para que o acolla o sono, e o fillo de Peleo ordea que se dispoñan dous leitos; un para Príamo e outro para o seu heraldo. Logo diso, Aquiles concede a petición do ancián Príamo e dalle aos troianos once días para os funerais de Héctor, de modo que o duodécimo día os troianos volverán loitar.

Pacifismo na Ilíada (completar curso 2019/20)

Ilíada Canto I. Evaristo de Sela e Alessandro Baricco

ILIADA--CANTO I - Evaristo de Sela -- Baricco.pdf

Ilíada Canto VI. Evaristo de Sela e Alessandro Baricco

ILIADA-CANTO VI - Evaristo de Sela - Baricco.pdf