Alexandre: primeiros anos

Introdución

Alexandre era fillo de Filipo II, rei de Macedonia (dinastía dos Arxéadas), e de Olimpia, filla de Neoptólemo I de Epiro. Segundo o historiador Plutarco, o día do seu nacemento tívose noticia na capital de tres triunfos: o do xeneral Parmenión fronte aos ilirios; a vitoria do sitio a unha cidade portuaria polo seu pai e a vitoria do carro do rei en competición, que foron considerados incribles augurios naquel tempo, aínda que quizá fosen meras invencións posteriores creadas baixo a aureola de grandeza deste personaxe.

Alexandre tiña o hábito de inclinar lixeiramente a cabeza sobre o ombro dereito; era físicamente de fermosa presenza; de baixa estatura con cute branca; cabelo ondulado de cor castaño claro e ollos heterócromos (o esquerdo marrón e o dereito gris), os cales non se sabe se eran así de nacemento ou como consecuencia dun traumatismo craneal.

A nai de Alexandre, Olimpia, tivo unha gran influencia no seu fillo, xa que dela herdou a súa curiosidade innata. Ademais, Olimpia, que era unha seguidora de Dioniso, contaba que a fecundara unha serpe, que supostamente era Zeus transformado. Ao xove gustáballe pensar que era inmortal e o fillo de Zeus, e iso determinou a súa conduta ó longo da súa vida.

File:0 Alexander-Helios Capitolini (1).JPG
*Imaxe da Wikipedia. Busto de Alexandre Magno.

Infancia e educación

A súa educación foi inicialmente dirixida por Leónidas, un austeiro e estrito mestre macedonio que daba clases aos fillos da máis alta nobreza, o cal iniciouno na exercitación corporal e encargouse tamén da súa educación. Logo veu Lisímaco, un profesor de letras bastante máis amable e que se gañou o agarimo de Aleixandre chamándolle Aquiles, e ao seu pai, Peleo

Con todo, aos 13 anos foi posto baixo tutela de Aristóteles, que sería o seu mestre nun retiro da cidade macedonia de Mieza e que lle daría leccións sobre política, elocuencia e a historia natural. Sabía de memoria os poemas homéricos e todas as noites colocaba a Ilíada debaixo da súa cama. Aquiles foi un gran referente e modelo seu, e o heroe aqueo converteuse no modelo a seguir e a superar. Tamén leu con avidez ao historiador Heródoto e ao poeta Píndaro.

Moi pronto (no 340 a. C.) o seu pai asociouno a tarefas do goberno nomeándoo rexente, malia a súa mocidade. No 338 a. C. dirixiu a cabalería macedónica na batalla de Queronea, sendo nomeado gobernador de Tracia ese mesmo ano. Desde pequeno, Alexandre demostrou as características máis destacadas da súa personalidade: activo, enérxico, sensible e ambicioso. É por iso que, malia ter apenas 16 anos, viuse obrigado a repeler unha insurrección armada. Afírmase que Aristóteles aconselloulle esperar para participar en batallas, pero Alexandre respondeulle: «Se espero perderei a audacia da mocidade».

*Imaxe da Wikipedia. Aristóteles dándolle clase a Alexandre. Cadro de J.G.L. Ferris, 1895.
Este vídeo (03:14) mostra como Alexandre aos 13 anos Alexandre vaise de Macedonia para recibir educación sobre poítica, elocuencia e historia natural por Aristóteles.
File:Aristotle tutoring Alexander.jpg

Cóntanse numerosas anécdotas da súa mocidade, sendo a máis referida aquela que narra Plutarco: Filipo II comprara un gran cabalo ao que ninguén conseguía montar nin domar. Alexandre, aínda sendo un neno, deuse conta de que o cabalo asustábase da súa propia sombra e montouno dirixindo a súa vista cara ao Sol. Tras domar a Bucéfalo, o seu cabalo, o seu pai díxolle: «Búscate outro reino, fillo, pois Macedonia non é o suficientemente grande para ti». Así foi, pois aos 20 anos Alexandre comezou a expedición de conquista do Imperio Persa.

Lectura: doma de Bucéfalo por Alexandre

—Espera un pouco máis, raparigo, espera a que o teñamos domado. Só un pouco máis de paciencia e será teu.—Non! —gritou Alexandre?. Non! Só eu podo domalo. Deixádeo! Dígovos que o deixedes.

—Pero vai escapar—dixo Filipo—. ¡Fillo meu, paguei unha fortuna por el!

—Cánto? —preguntou Alexandre—. Canto pagaches por el, papá?

—Trece talentos.

—Aposto outros tantos a que consigo domalo! Pero dilles a eses desgraciados que o deixen! Rógocho!

Filipo mirouno e viuno case fóra de si por mor da emoción, as veas do pescozo inchadas como dun semental enfurecido.

Volveuse cara aos homes e ordenou:

—Deixádeo libre!

Obedeceron. Un tras outro foron soltando os lazos e deixáronlle soamente as rendas do pescozo. De inmediato o animal afastouse correndo pola chaira. Alexandre lanzouse na súa persecución e chegou xunto a el ante a mirada asombrada do rei e dos seus cabaleiros. O soberano sacudiu a cabeza murmurando:

—Oh, deuses, vaille rebentar o corazón a ese raparigo, vaille a rebentar o corazón.

Peritas gruñía entre dentes. Pero os homes fixeron unha alusión como querendo dicir «escoita». Sentía que lle falaba, no medio do arquexo da carreira gritáballe algo, palabras que o vento se levaba xunto cos rinchos do animal que case parecía responderlle. De improviso, cando parecía que o mozo víñase abaixo polo esforzo, o cabalo minorou a súa carreira, trotou un pouco e logo púxose a paso de andadura mentres sacudía a cabeza e bufaba.

Alexandre entón achegóuselle, amodo, poñéndose ao lado do Sol. Agora podía velo, iluminado de cheo, podía ver a súa fronte ampla e negra e a mancha branca en forma de cranio do boi.

—Bucéfalo —rumoreou—. Bucéfalo... Si, este é o teu nome... Este é. Gústache, é bonito, eh.

Achegóuselle ata case tocalo. O animal sacudiu a cabeza, pero non se moveu e o raparigo alargou a man e acariñoulle o pescozo, con delicadeza, e a continuación a fazula e o morro suave cal musgo.

—Queres correr comigo? —dixo—. Queres correr?

O cabalo rinchou levantando a cabeza con altivez e Alexandre comprendeu que asentía. Mirouno fixamente aos ollos ardentes e acto seguido, dun salto, montou sobre o sua grupa e gritou:

—Imos, Bucéfalo! —e tocoulle o ventre cos talóns.

O animal lanzouse ao galope, destendendo o resplandecente lombo, alongando a cabeza e as patas e a longa cola floqueada. Correu rápido como o vento dando voltas pola chaira ata chegar ao bosque e ao río; o ruído marteleante dos seus cascos parecía de trono.

Detívose diante de Filipo, que case non podía crer o que viran os seus ollos.

Alexandre escorregouse a terra.

Lectura recollida do libro,`Aléxandros, o fillo do sono I. Páxinas 70-71.

Sinatura: 860-3 Man alé

Número de rexistro: 5525


Alexandre e Filipo

Un novo matrimonio do seu pai, que podería chegar a poñer en perigo o seu dereito ao trono (non convén esquecer que o mesmo Filipo foi rexente do seu sobriño Amintas IV, fillo de Pérdicas III, ata a maioría de idade, pero se apropiou dun trono que non lle pertenecía por lei), fixo que Alexandre se enemistara con Filipo.

É famosa a anécdota de como, na celebración da voda, o novo sogro de Filipo (un poderoso nobre macedonio chamado Átao) rogou porque o matrimonio dese un herdeiro lexítimo ao rei, en alusión a que a nai de Alexandre era unha princesa de Epiro e que a nova esposa de Filipo, sendo macedonia, daría a luz a un herdeiro totalmente macedonio e non metade macedonio e metade epirota como Alexandre, co cal sería posible que se relegase a este último da sucesión.

Alexandre enfureceuse e lanzoulle unha copa, espetándolle: «E eu que son? Un bastardo?» Nese momento Filipo achegouse a poñer orde, pero debido ao seu estado de embriaguez, tropezou e caeu ao chan, o que lle gañou unha burla de Alexandre: «Quere cruzar Asia, pero nin sequera é capaz de pasar dun leito a outro sen caerse».

A historia valeulle a ira do seu pai, polo que Alexandre tivo que irse a Epiro xunto coa súa nai. Con todo, Filipo terminaría por perdoalo.

Lectura: " O enfrontamento entre Filipo e Alexandre"

Ante aquelas palabras Filipo, enfurecido por como ofendera Alexandre ao seu sogro e por como lle arruinaba a festa de vodas, farto de viño e fóra de si, sacou á súa vez a espada e botouse contra o seu fillo. A sala encheuse de berros, as danzarinas saíron fuxindo e os cociñeiros escondéronse baixo as mesas para poñerse a cuberto do furacán que estaba a piques de desencadearse. Pero mentres trataba de saltar dun leito a outro para alcanzar ao seu fillo que o esperaba impasible, Filipo escorregou e acabou polos chans con gran estrépito levando tras de si manteis, platos, restos de comida e acabando no medio dun charco de vermello viño. Tratou de levantarse, pero escorregou de novo e caeuse de bruces.

Alexandre achegóuselle empuñando a espada e na sala fíxose un silencio sepulcral. As bailarinas tremían escondidas nun recuncho. Átao estaba pálido como o papel e un fío de saliva caíalle por unha comisura da boca semiaberta. A nova esposa choriqueaba:

- Parádeos, en nome dos deuses, que alguén faga algo!

- Aí o tendes, mirádeo! -exclamou Alexandre cunha risa burlona-. O home que quere pasar de Europa a Asia non é capaz sequera de pasar dun leito a outro sen acabar patas arriba.

Filipo arrastrábase entre o viño e os restos da comida rosmando:

- Mátote! Mátote!

Pero Alexandre nin parpadeou.

- Moito será que consigas levantarte -dixo. Logo, volvéndose cara aos servos, engadiu- : Levantádeo e limpádeo.

Dirixiuse a continuación a donde estaba Olimpia.

- Vamos, nai, tiñas razón: aquí xa non hai sitio para nós.

Extracto da páxina 116 do libro Aléxandros, o fillo do sono, primeira parte da triloxía de Aléxandros. Escrito por Valerio Massimo Manfredi.

Imaxe da Wikipedia. Portada do libro Aléxandros, o fillo do sono, de Valerio Massimo Manfredi.

Sinatura: 860-3 Man alé

Número de rexistro: 5525

Ascenso ao poder

Despois do asasinato de Filipo no ano 336 a. C. por Pausanias, un capitán da súa garda, Alexandre tomaría as rendas de Macedonia á idade de 20 anos como resultado dunha conspiración que é atribuída xeralmente a unha historia amorosa de Filipo, pero que se sospeita puido ser planeada por Olimpia, nai de Alexandre, ou polos persas.

Tras suceder ao seu pai, Alexandre atopouse con que debía gobernar un país radicalmente distinto daquel que herdou Filipo II 23 anos antes, xa que Macedonia pasara de ser un reino fronteirizo pobre e menosprezado polos gregos a un territorio que, tralo reinado de Filipo, considerábase como parte da Hélade, e un poderoso Estado militar de fronteiras consolidadas cun exército experimentado, que dominaba indirectamente a Grecia a través da Liga de Corinto.

A morte do gran Filipo supuxo que algunhas polis gregas sometidas por el se alzasen en armas contra Alexandre, ante a aparente debilidade da monarquía macedonia.

No entanto, Alexandre demostrou rápidamente a súa destreza militar atravesando Tesalia para sometela de novo (xa fora conquistada por Filipo), e acto seguido venceu aos gregos tomando e destruíndo Tebas e obrigando a Atenas a recoñecer a súa supremacía facéndose nomear Hegemon (ἡγεμών), título que xa ostentara o seu pai e que o situaba como gobernante de toda Grecia, consolidando así a hexemonía macedónica, tras o cal Alexandre se dispuxo a cumprir o seu seguinte proxecto: conquistar o Imperio Persa.

Imaxe | Wikipedia. Alexandre Magno cruza o Helesponto e comeza a conquista do Imperio Persa