O tesouro de Troia, aínda motivo de discordia.
Post date: Oct 5, 2015 9:45:47 AM
A disputa polo tesouro de Troia segue aberta ata o día de hoxe.
Ese preciado tesouro estivo gardado na Torre do Parque Zoolóxico de Berlín ata 1945, cando os soviéticos bombardearon a cidade. En 1991 a revista 'ARTnews ' publicou un artigo onde se dicía que había probas de que o famoso tesouro estaba en Moscova.
Despois disto, créase unha gran disputa. Un descendente de Schliemann, ante esta situación, di que o mellor é que o tesouro se quede na Unión Soviética e se expoña no Museo de Hermitage; pero isto non queda aí, e despois dun tempo este mesmo señor di que o tesouro debe ser compartido con Turquía, pero os turcos queren ter todo o poder sobre este. Por se non fora pouco, agora tamén reclama Berlín o tesouro.
Ata que esta disputa non se solucione, o tesouro seguirá exposto no Museo de Hermitage.
Fonte: Diario de Yucatán
Imaxe: . Tesouro de Sclhiemann