O futuro de Troia

Nesta parte do cómic de Mil Naves, vemos como Paris comeza a vestirse despois de xacer cá ninfa Oenona, que tiña unha relación co mesmo.

No marco histórico, Paris aínda vivía cós pastores que pensaba que eran os seus pais. Sen embargo, os soldados de Troia chegaron para reclamar un touro do pai (adoptivo) de Paris. O pai non tivo máis remedio que darllo, mentres que Paris contemplaba a escena indignado. Tras poñer de manifesto ante o seu pai que consideraba o que fixeran os troianos unha inxustiza, xa que o touro era un dos poucos medio para sobrevivir que tiñan, o xoven decide baixar ata a cidade de Troia e gañar os xogos, que tiñan como premio dito animal. Logo diso, vai a pastorear e é entón cando se atopa cá ninfa e xacen xuntos.

Oenona, filla do deus-río Cebrén, que había aprendido de Rea o arte da profecía, ten unha visión logo de ter relacións con Paris, na cal ve o futuro que agarda á cidade de Troia se Paris participa nos xogos: a guerra e a súa destrución total; un futuro cheo de desgracias para os troianos; as feridas de Paris.

Oenona, que estaba namorada de Paris, intenta advertilo, sabendo que este ten a intención de particpiar nos xogos, de que non o faga e quede con ela. Sen embargo, o xove troiano fai oidos xordos á súa advertencia e marcha, sen preocuparse con ela.

Máis tarde descúbrese que os medos da ninfa eran máis que fundados: ó participar nos xogos, revélase a orixe real de Paris (era fillo dos reis de Troia e príncipe da cidade). Príamo decide, despois de varios feitos, mandalo nunha embaxada a Esparta, o que desencadearía a celebérrima guerra de Troia.