Autores tráxicos

Podemos distinguir no século V a.C tres xeneracións de autores tráxicos. 

ESQUILO (Αισχύλος, 525 a.C.- 456 a.C.)

Biografía

Esquilo, (Eleusis 525 a.C. - Gela 456 a.C.) en grego antigo Αισχύλος, foi un dramaturgo grego, predecesor de Sófocles e Eurípides. É considerado o gran representante da traxedia grega. Naceu en Atenas, pertencía a unha noble e rica familia de terratenentes.

Loitou nas guerras promovidas contra os Persas na Batalla de Maratón (490 a.C), e nas de Salamina (480 a.C) Algunhas das súas obras, como Os Persas (472 a.C) ou Os sete contra Tebas (567 a.C), son o resultado das súas experiencas na guerra. Viviu importantes momentos da vida de Atenas: a tiranía de Pisístrato, as Guerras Médicas e o período de formación da democracia e o imperio ateniense. Un período de efervescencia relixiosa, intelectual e política, na que se xesta unha orde nova humana e divina, na que novas leis e estruturas están substituíndo a outras máis arcaicas.

Viaxou a Siracusa (Sicilia), como invitado por Hierón, para o que produciu As mulleres de Etna, en honor á nova cidade de Etna. Tivo un fillo, Euforión, que tamén foi poeta tráxico. 

Fotografía de Esquilo | Wikipedia.

Esquilo escribíu 90 pezas, pero hoxe en día só se convervan 7 pezas das cales 6 foron premiadas. Pese a todo isto Esquilo no seu epitafio non foi recordado polas súas obras, se non pola súa participación na batalla de Maratón.

Pouco antes da súa morte, o Oráculo predecíulle que morrería aplastado por unha casa, polo que decidíu residir fóra da cidade. Traxicamente faleceu ó ser golpeado polo caparazón dunha tartaruga que soltou un quebrantaósos dende o aire.

Epitafio de Esquilo

Αἰσχύλον Εὐϕορίωνος Ἀθηναῖον τόδε κεύθει

μνῆμα καταϕθίμενον πυροϕόροιο Γέλας· 

ἀλκὴν δ’ εὐδόκιμον Μαραθώνιον ἄλσος ἂν εἴποι

καὶ βαρυχαιτήεις Μῆδος ἐπιστάμενος.

Esta tumba esconde o po de Esquilo,

fillo de Euforio e orgullo da fértil Gela.

Do seu valor Maratón foi testemuña.

e os Medos da longa cabeleira, que moito o temeron.

Temas e elementos fundamentais

Esquilo mellorou a forma da traxedia, engadiu o segundo actor á escena e limitou o número de membros do coro e a extensión do seu papel, reducindo as partes cantadas e ampliando os diálogos. Con estes cambios fixo á traxedia máis teatral, deulle máis posibilidades de síntese e movemento, de acción e de diálogo. As súas traxedias son un gran espectáculo musical e poético con tons arcaicos e relixiosos.

Identificou con Atenas os diferentes lugares nos que se desenvolveron os mitos que trata nas súas obras (Argos, por exemplo) e tamén os seus protagonistas, facendo así de Atenas o epicentro. A partir de Esquilo a traxedia convértese nunha escola política e social, nun elemento de cohesión dos atenienses entre si e en relación coa súa cidade. Esquilo é un poeta arcaico e distante, o poeta da relixión de Zeus, deus que castiga a inxustiza. Nas súas obras subxace o conflito entre o poder e os súbditos, entre os homes e as mulleres, entre a xustiza e a inxustiza.

Obras

Cando Esquilo comezou a escribir traxedias e a participar nos concursos de representacións, estes terían xa unha historia de máis de 30 anos. A súa primeira vitoria obtívoa no ano 484. Sábese que gañou o premio máis de 13 veces. Escribiu e puxo en escena máis de noventa traxedias, das que só nos chegaron cinco:

4. Orestíada (458 a.C.) que comprende:

5. Prometeo encadeado (autoría en discusión)

Os Persas

Os persas (Πέρσαι) é unha traxedia ambientada na Batalla de Salamina (Guerras Médicas). É a obra teatral máis antiga que se conserva e destaca tamén por ser a única traxedia grega conservada basada en feitos contemporáneos.  A obra foi representada oito anos despois da Batalla de Salamina, na que participara o propio Esquilo e moi probablemente a maioría do seu público ateniense, de aí o gran éxito acadado por esta representación.

Argumento: A obra ten lugar en Susa, capital de Persia, durante unha guerra entre o rei Xerxes e os gregos. Todo comeza co coro de nobres persas e coa raíña nai Atosa esperando noticias sobre a guerra. Entón, o mensaxeiro entra en escena e revela a derrota do exército persa na batalla, coa caída de varios xenerais, pero o rei Xerxes logra escapar. Este describe detalladamente a loita ata o sanguento desenlace. Tras esto, Atosa, visita a tumba do seu esposo, Darío I, e recibe a súa visita en forma de pantasma. Esta explica que a derrota persa debeuse á Hibris de Xerxes ao ofender aos deuses, polo que Esquilo suxire que estes foron responsables da vitoria. A pantasma de Darío tamén menciona a Batalla de Platea, anticipando a terceira obra. O Heroe Tráxico, Xerxes I, aparece ao final vencido e avergoñado pola súa derrota. Xerxes non acepta que o seu Hibris conducira a Persia á derrota, pero finalmente recoñece o seu erro. A diferenza doutras traxedias gregas, non hai un punto de inflexión tráxico no desenlace. Xerxes termina a obra nunha posición máis digna que ao principio ao aceptar a causa da súa derrota.

Valoración: Esquilo non foi o primeiro que escribiu unha obra de teatro sobre os persas, pois Frínico escribira a "Captura de Mileto" en 493 a. C. 

A obra de Frínico, que se perdeu, aparentemente burlábase dos persas e honraba aos gregos a pesar da vitoria persa sobre a revolta xónica tan só un ano antes en 494 a. C., e foi multado por producir a obra. Esquilo, pola súa banda, non menciona a ningún líder grego e non fai unha obra de propaganda. En lugar diso, quere que o seu público se apiade dos persas, o inimigo ao que derrotaran facía tan pouco tempo. 

O sorprendente dos persas é que nela, a obra de teatro máis antiga que se conserva, Esquilo xa domina todas as habilidades dun dramaturgo: o encomio da súa cidade é sutil, mostra respecto cara aos personaxes, hai fondura e matices, e móstrase o autor como un consumado mestre na creación de tensión dramática e atmósfera, mesmo cando fala sobre acontecementos totalmente familiares entre o público. 

Fragmento da obra "Os persas"

CHORUS. Από τους Πέρσες, οι οποίοι

έχουν περάσει στο έδαφος της Ελλάδας,

αυτές ονομάζονται πιστοί φύλακες του

αυτό το πολυτελές παλάτι γεμάτο με

χρυσό, το οποίο από το μεγαλείο του

βασιλιά Ξέρξη τον εαυτό του, ο γιος του

Δαρείου, επέλεξαν να παρακολουθήσουν

πάνω από τη χώρα.

Αλλά όταν σκέφτομαι την επιστροφή του

βασιλιά και το λαμπρό στρατό,

κουρασμένοι του να είσαι προφήτης της

καταστροφής, έχω αγωνία την καρδιά στο

στήθος πλήρη ισχύ του ασιατικού

στελέχους έχει αφήσει-και απαιτεί νέους

κύριό του, αλλά ούτε ή οποιαδήποτε

αναβάτης έρχεται στην πόλη από τους

Πέρσες.

Αφήνοντας Σούσα και τα Εκβάτανα και το

παλιό περίβλημα της Επιστήμης, έχουν

αφήσει, κάποια έφιππος, άλλοι σε πλοία

, και το περπάτημα βρέφη που είναι

μαζική πολεμιστής.

CORIFEO. Dos persas que marcharon cara a

terra de Hélade, estes son os chamados Fieis,

guardiáns de este pazo opulento e cheo de

ouro, que pola súa magnificencia o propio rei

Xerxes, fillo de Darío, escolleu para vixiar sobre

o país.


Pero cando penso no retorno do rei e do brillante

exército, farto xa de ser profeta de desgrazas,

angústiaseme o corazón no peito -de toda a forza

da estirpe asiática que marchou- e reclama ó seu

xove señor, pero nin mensaxeiro nin xinete

algún chega á cidade dos persas.


Deixando a Susa e Ecbatana e ó vello recinto de

Cisia, marcharon, uns a cabalo, outros en naves,

e a pé os infantes que constitúen a gran masa de

guerra.

SÓFOCLES (Σοφοκλής, 496 - 406)

Biografía

 Sófocles (Σοφοκλής) foi un poeta tráxico da Antiga Grecia. Sitúase entre as figuras máis destacadas da traxedia grega.

Fillo dun rico armeiro chamado Sófilo, aos quince anos foi elixido director do coro de rapaces para celebrar a vitoria de Salamina. No 468 a.C. deuse a coñecer coma autor tráxico ao vencer a Esquilo no concurso teatral que se celebraba anualmente en Atenas durante as festas Dionisias. Así empezou a súa carreira literaria. 

Chegou a escribir 123 traxedias para os festivais, nos que conseguiu 24 vitorias, 11 máis que Esquilo. Convertiuse nunha importante figura ateniense e a súa vida coincidiu co período de maior esplendor da cidade. 

Era amigo de Heródoto e Pericles. Non mostrou interese na política aínda que foi elixido estratego dúas veces e participou na expedición contra Samos (440 a.C.). A súa morte coincidiu coa guerra contra Esparta, que significou o principio da fin do dominio ateniense. 

Debémoslle a introdución dun terceiro actor na escena, o que lle daba maior xogo ao diálogo, e o feito de dotar de complexidade psicolóxica ao personaxe dunha obra.

Sófocles. Molde de un busto de la colección Farnese (ahora en Nápoles) en el Museo Pushkin. | Wikipedia

Obras

Actualmente só se conservan sete traxedias completas, a parte de todos os restantes fragmentos de obras que tamén se conservan.

5. Filoctetes

6. Edipo en Colono

7. Electra

Edipo Rei

É considerada a obra maestra de Sófocles. A obra preséntanos a Edipo no seu momento de maior explendor, como rei de Tebas e marido de Iocasta. Para salvar a cidade comeza a investigar a morte do anterior rei, Laio. Segundo vai acabando a obra vaise descubrindo a verdade e descúbrese que Edipo é o asasino, Laio era o seu pai e a súa muller, Iocasta, era súa nai. Iocasta suicídase e Edipo, despois de autocegarse, pídelle ao seu cuñado Creonte que o deixe marchar ao desterro e cuide das súas fillas,  xa que os seus fillos xa son homes e saberán cómo actuar.

EURÍPIDES (Ευριπίδης, 480 - 406 a. C.)

Eurípides (Ευριπίδης) viviu entre o 480 a.C e o 406 a.C e foi un dos tres grandes poetas tráxicos gregos da Antigüidade, un dos menos aprezados no seu tempo e o máis admirado posteriormente. Fillo de Mnesarco ou Mnesárquides , rico terratenente ateniense. Naceu en Flía (unha aldea da Ática central), pero tanto él como a súa familia tiveron que emigrar a Atenas a causa da Segunda Guerra Médica. 

Na súa infancia foi copeiro dun gremio de Danzantes, que bailaban no altar de Apolo Delio e que eran escollidos entre as primeiras familias atenienses, e foi portador do lume sagrado na festa Apolo Zoster.

No 466 a. C. chegou a ser efebo e incorporouse na guarnición de fronteira na Ática. Era un bo atleta e consta que gañou premios en Atenas e Eleusis, pero a súa gran afición foi a pintura: en Mégara descubríronse algunhas que aseguraban ser de Eurípides.

Foi alumno de Protágoras, Arquelao e outros moitos sabios da época. Comezou a representar con vinte e nove anos, no 455 a.C, con As fillas de Pelias. Utiliza no seu teatro moitas ideas e problemas novos.

Tiña un bo coñecemento da tradición literaria. Preocupouse sempre polas correntes culturais e as discusións intelectuais que o ambiente da Atenas da súa época proporcionaba.

Busto de Eurípides, copia dun grego orixinal do 330 a.C. | Wikipedia

Ideas

Técnica escénica

Obra 

Eurípides escribiu numerosas obras, a maioría delas sen seguir unha orde fixa e sen deixalas totalmente acabadas. Atopáronse en follas de papiro e conseguíronse descifrar grazas á tecnoloxía moderna. Ademáis destas dificultades, temos que ter en conta que, ao estar en grego antigo, supoñía unha maior dificultade, pois carecía de signos de puntuación, espazos e marcas fonéticas. Hai que ter en conta que o alfabeto ático en Atenas foi cambiado polo alfabeto xónico, e, logo dun gran traballo por parte de copistas e filósofos, actualmente recuperouse prácticamente toda a súa obra.

Conservanse 18 traxedias e un drama satírico. As obras de Eurípides son as mais representadas dos nosos días. Aristóteles considerouno "o tráxico dos tráxicos", e Sócrates só asistía ao teatro cando se representaban as súas traxedias. O seu pensamento sempre atraeu público ás súas representacións; confía no poder da razón, estudia a psicoloxía humana, o sentimento erótico, odia a guerra, proclama igualdade entre fillos lexítimos e ilexítimos e entre homes e mulleres, comprende os problemas da muller e presenta en escena mulleres namoradas declarado os seus sentimentos eróticos. Foi considerado misóxino por analizar profundamente os secretos da alma feminina namorada.

A súa obra máis importante é a de Ifixenia en Áulide, aínda que ten outras moi salientables.

Ifixenia en Áulide

Esta traxedia grega, conta o episodio no que é necesario o sacrificio da filla de Agamenón (Ifixenia) en honra a Artemisa, xa que é clave para que os gregos venzan na guerra contra Troia, según o oráculo.

Esta historia comeza con Agamenón contándolle a un ancián a situación na que se atopa: envioulle unha taboíña á súa muller Clitemestra decíndolle que traia á súa filla para casala con Aquiles. Todo isto é unha farsa, xa que o verdadeiro interés de que veña Ifixenia é o sacrificio desta mesma. 

Agamenón posteriormente rectifica e escribe unha taboíña para que non veñan, pero Menelao, o seu irmán e principal interese en gañar a guerra para recuperar a Helena, destrúea.

O sacrificio de Ifixenia. Autor: Giaquinto (1759 - 1760) | Museo do pradoNa obra vese representado o episodio do sacrificio de Ixifenia  (filla do rei Agamenón). O artista segue a versión de Eurípides, na que Artemisa substitíu, no último momento, a Ifixenia por unha cerva, evitando así a morte da inocente rapaza.

Chegan Ifixenia e a súa nai, ignorantes da verdadeira razón da viaxe, e Clitemestra decide ir saudar a Aquiles. Aquiles non coñecía tampouco esa suposta voda, e é cando o ancián lles conta todo o acontecido. Finalmente, e tras a pena de toda a familia e de grandes reflexións sobre a situación, Aquiles afirma que pode librala de ser sacrificada, pero Ifixenia, demostrando valentía e compromiso, ofrécese voluntaria para o sacrificio, e quere ser recordada como a salvadora da súa patria. No último momento é salvada da morte por Artemisa.

Fragmento do cuarto episodio de "Ifixenia en Áulide"

μῆτερ, εἰσακουστέαç

τῶν ἐμῶν λόγων· μάτην γάρ ‹σ'› εἰσορῶ θυμουμένην

σῶι πόσει· τὰ δ' ἀδύναθ' ἡμῖν καρτερεῖν οὐ ῥάιδιον.

τὸν μὲν οὖν ξένον δίκαιον αἰνέσαι προθυμίας·

ἀλλὰ καὶ σὲ τοῦθ' ὁρᾶν χρή, μὴ διαβληθῆι στρατῶι,

καὶ πλέον πράξωμεν οὐδέν, ὅδε δὲ συμφορᾶς τύχηι.

οἷα δ' εἰσῆλθέν μ' ἄκουσον, μῆτερ, ἐννοουμένην·

κατθανεῖν μέν μοι δέδοκται· τοῦτο δ' αὐτὸ βούλομαι

εὐκλεῶς πρᾶξαι, παρεῖσά γ' ἐκποδὼν τὸ δυσγενές.

δεῦρο δὴ σκέψαι μεθ' ἡμῶν, μῆτερ, ὡς καλῶς λέγω·

εἰς ἔμ' Ἑλλὰς ἡ μεγίστη πᾶσα νῦν ἀποβλέπει,

κἀν ἐμοὶ πορθμός τε ναῶν καὶ Φρυγῶν κατασκαφαὶ

τάς τε μελλούσας γυναῖκας, ἤν τι δρῶσι βάρβαροι,

μηκέθ' ἁρπάζειν ἐᾶν τὰς†ὀλβίας ἐξ Ἑλλάδος,

τὸν Ἑλένης τείσαντας ὄλεθρον, ἣν ἀνήρπασεν Πάρις.

ταῦτα πάντα κατθανοῦσα ῥύσομαι, καί μου κλέος,

Ἑλλάδ' ὡς ἠλευθέρωσα, μακάριον γενήσεται.

καὶ γὰρ οὐδέ τοί ‹τι› λίαν ἐμὲ φιλοψυχεῖν χρεών·

πᾶσι γάρ μ' Ἕλλησι κοινὸν ἔτεκες, οὐχὶ σοὶ μόνηι.

ἀλλὰ μυρίοι μὲν ἄνδρες ἀσπίσιν πεφαργμένοι,

μυρίοι δ' ἐρέτμ' ἔχοντες, πατρίδος ἠδικημένης,

δρᾶν τι τολμήσουσιν ἐχθροὺς χὐπὲρ Ἑλλάδος θανεῖν,

ἡ δ' ἐμὴ ψυχὴ μί' οὖσα πάντα κωλύσει τάδε;

τί τὸ δίκαιον τοῦτ' ἄρ' ἔχοιμεν†ἀντειπεῖν ἔπος;

κἀπ' ἐκεῖν' ἔλθωμεν· οὐ δεῖ τόνδε διὰ μάχης μολεῖν

πᾶσιν Ἀργείοις γυναικὸς οὕνεκ' οὐδὲ κατθανεῖν.

εἷς γ' ἀνὴρ κρείσσων γυναικῶν μυρίων ὁρᾶν φάος.

εἰ δ' ἐβουλήθη†σῶμα τοὐμὸν Ἄρτεμις λαβεῖν,

ἐμποδὼν γενήσομαι 'γὼ θνητὸς οὖσα τῆι θεῶι;

ἀλλ' ἀμήχανον· δίδωμι σῶμα τοὐμὸν Ἑλλάδι.

θύετ', ἐκπορθεῖτε Τροίαν· ταῦτα γὰρ μνημεῖά μου

διὰ μακροῦ καὶ παῖδες οὗτοι καὶ γάμοι καὶ δόξ' ἐμή.

βαρβάρων δ' Ἕλληνας ἄρχειν εἰκός, ἀλλ' οὐ βαρβάρους

μῆτερ, Ἑλλήνων· τὸ μὲν γὰρ δοῦλον, οἱ δ' ἐλεύθεροι.

 IFIXENIA: Nai, escoita as miñas palabras. En vano te vexo enfadada co teu

esposo, non é sinxelo para nós persistir o imposible. En efecto, e xusto loubar

ao extranxeiro pola súa intención, pero ti tamén debes ter en conta unha 

cousa: que non se faga odio o exército e, sen obter ningunha vantaxe, se 

gañe unha desgracia.

Escoita, nai, todo o que se me sucedeu mentras pensaba: está decidida para

min a morte. Quero, pois, afrontar a mesma con gloria, desbotando lonxe o 

innoble. Pénsao conmigo, nai, e verás que teño razón. Cara min está 

mirando agora Grecia, con toda a súa grandeza, e en min está a travesía das

naves e a destrucción dos frixios, e que nunca máis permitan estos aos 

bárbaros raptar da próspera Grecia ás mulleres do futuro, gracias a que 

pagarán cara a pérdida de Helena , á que raptou Paris. Todo isto obterei coa

miña morte, e a miña gloria será benaventurada por ter liberado Grecia. E 

ademáis, tampouco debo ter excesivo pago á vida, pois déchesma para 

tódolos gregos en común, non para ti soa. ¿E que os miles de homes 

protexidos de escudo e miles que manexan os remos, sendo ofendida a 

patria, arriscaranse a intentar algo contra os enimigos e a morrer por 

Grecia, mentras que a miña vida, sendo unha soa, será un obstáculo para 

todo isto? ¿Qué xusticia é esa? ¿Qué argumento podería opoñer?

E pasemos ao outro punto: este non debe enfrentarse a todos os argivos en

combate nin morrer a causa dunha muller. Mellor é que un só home vexa a luz

en lugar de moitas mulleres. E se é a vontade de Ártemis quedarse coa miña 

persoa, ¿serei un estorbo para a deusa eu, que son mortal? Imposible. Dou a 

miña vida por Grecia. ¡Facede o sacrificio, arrasade Troia! Esa será a lápida 

que me conmemore para sempre, e esos meus fillos, as miñas bodas e a miña

gloria: é natural que os gregos dominen aos bárbaros, nai, e non os bárbaros

aos gregos, pois uns son raza de escravos e outros, libres.

Nos seus últimos anos viviu apartado, Atenas non perdonara as denuncias contra a inxusticia que o poeta manifestaba na súa obra. Desta forma, déronlle a espalda e tiveron unha actitude hostil contra el. Pouco despois da representación da súa obra Orestes, optou polo desterro voluntario:  primeiro a Magnesia, onde tivo unha estancia moi curta, e logo ao reino de Macedonia, invitado polo rei Arquelao. Alí finalmente morrería no 406 a. C.

Eurípides foi autor de moitas obras, e introduciu nelas características ata entonces descoñecidas ou pouco frecuentes, como o reflexo de mulleres fortes, escravos listos ou e sátira hacia algúns heroes da mitoloxía. Como curiosidade, e a pesar da calidade da súa obra, esta mesma empezouse a recoñecer anos despois da súa morte, xa que Eurípides tiña un pensamento máis avanzado que reflectía nas súas obras, e ao apartarse do estereotipo marcado, recibiu numerosas burlas sobre todo por parte de Aristófanes, un famoso comediógrafo.

Na súa obra reflicte, pois, de forma asistemática, dispersa, a terrible convulsión experimentada por Atenas durante o enfrontamento entre peloponesios e atenienses. Considéraselle o típico representante da crisis social daqueles anos. Nas súas traxedias vislumbranse os debates ideolóxicos, políticos, relixiosos e filosóficos do momento.