Xeografía de Grecia

A Cuestión do nome

Mapa: Palladium

Os gregos non chamaban Grecia ao seu país. 

Chamábano Hélade, en Grego  Ἑλλάς, nome derivado de Ἕλλην (Helen), pai mítico dos heroes que deron nome aos diversos pobos helénicos: Douro (> dorios), Eolo (> eolios), e Xuto, pai á súa vez de Ion (> xonios). 

Debido a isto, non existe tal palabra como "Grecia" ou "grego" no seu idioma.

O nome Grecia procede dun termo romano, "Graecia", que significa "a terra dos gregos" e provén do nome dunha tribo que migrou a Italia no s.VIII, os Graii (> latín graecoi) co que se denominou en Italia aos helenos cos que entraron en contacto, aplicándose o nome despois a todos os pobos helénicos.

O nome de Hélade ou Grecia debe darse ao conxunto de lugares onde houbo cidades helénicas e non só á Grecia peninsular europea, é dicir, a Grecia Insular, as cidade da Asia Menor e as colonias gregas espalladas polo mediterráneo.

Se queres saber de onde proceden outros nomes de lugares como España, Italia, Portugal, etc, consulta este artigo.

Extensión xeográfica, relevo e clima

A península Heládica é o resto dun antiguo continente que se fragmentou por unha serie de dislocacións e fracturas. A causa de estas, as cordilleiras transformáronse en illas e os vales en golfos. O solo está continuamente sometido a tremores e erupcións volcánicas, as zonas chás están formadas maiormente por franxas situadas entre montañas e entre as montañas e o mar, e os ríos son escasos e cortos.

Predomina o clima mediterráneo con veráns secos e calurosos e cun curto período de choivas. Na época clásica xa tiñan problemas coa deforestación e a maioría do chan era pouco fértil. Os gregos cultivaban en chairas e preferibelmente vides e oliveiras, xa que, en xeral , o chan non era apropiado para o cultivo de cereais.

(Imaxe esquerda). Oliveira. Fonte | pixabay
(Imaxe dereita) Attic black-figure amphora, depicting the olive harvest. Antimenes Painter, 520 BC. British Museum. Fonte | Ioannis Tz @tzoumio. 

Non hai zonas mineiras ricas, mais hai que mencionar a mármore da illa de Paros (illas Cícladas) , a prata de Laurión (Ática) e o cobre de Eubea.

O predominio de zonas montañosas fai difícil as comunicacións interiores e propicia a independenza dos distintos núcleos de población que só poden entrar en contacto normalmente polo mar.

Son varios os mares que circundan a case totalidade do país (Mediterráneo, Exeo, Xónico) recortando as súas costas de modo que abundan os bos portos que fan posibel o comercio coas numerosas illas. 

Minas de Laurión | sofiaoriginals
Mineiros gregos | Wikipedia 

Zonas de Grecia

Distinguiremos varios apartados: