Así traballan no único taller que pode copiar as grandes esculturas do arte clásico grego

Post date: Feb 26, 2018 6:34:44 PM

Arredor de 50 persoas, todas licenciadas en Belas Artes, traballan neste taller de Atenas para recrear con exactitude unha grande variedade de esculturas da Antiga Grecia. Esta tenda e taller conta co dereito exclusivo de facer as copias das esculturas clásicas da Antiga Grecia grazas a un permiso especial concedido polo Ministerio de Cultura do país heleno. Fabrican desde pezas de animais duns centímetros ata estatuas de Zeus de máis de dous metros; todas elas realizadas con moldes a escala real e con xeso, xa que é un material que non se contrae ao secar. Ademais, píntanse cuidadosamente a man para imitar os tons orixinais.

As pezas pódense comprar, polo momento, nos principais museos e sitios arqueolóxicos de Grecia, aínda que próximamente poderán adquirirse tamén a través de Internet.

Estas reproducións poden tardar en realizarse desde uns días ata un par de meses, que foi o tempo que durou, por exemplo, fabricar a copia dunha estatua do século V a. C.

A estatua de Zeus ou Poseidón é unha das principais obras que se poden contemplar no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. O seu prezo alcanza os 3.000 euros.

Fonte e imaxe | Yahoo Noticias