Oclusivas
Líquidas, nasais, silbantes e dobres
O acento agudo pode ir sobre calquera das tres últimas sílabas dunha palabra.
O acento grave só pode ir na última sílaba, substituíndo ao agudo cando a palabra seguinte é tónica.
O acento circunflexo pode ir sobre a última e a penúltima sílaba e só sobre vocais longas ou ditongos.
En grego toda vocal ou ditongo inicial de palabra ten que levar sempre un destes signos chamados espirítos.
O espírito suave non se pronuncia. Na pronunciación erasmiana o espírito áspero marca unha aspiración (como a gheada en galego).
Apóstrofo: É o signo que marca a elisión ou supresión da vocal final dunha palabra, cando a seguinte empeza por vocal.
Coronis: É o signo que marca a crase ou fusión de dúas vocais, a final e a inicial de dúas palabras. Ten a mesma forma que o espírito suave: τοὔνομα = τὸ ὄνομα.
Diérese: Chamada tamén crema, é o signo que marca que non hai ditongo.