Por qué a hidra é "inmortal"

Post date: Dec 11, 2016 7:48:48 PM

Na mitoloxía grega, a Hidra de Lerna era un monstruo do inframundo con forma de serpente de múltiples cabezas. Heracles, tivo que matala no segundo dos doce traballos.

No ano 1763, Abraham Trembley atopou un extraño organismo nunha mostra de auga dun estanque. Un diminuto monstruo verde con múltiples extremidades. Ao cortalas, sorprendeuse. Cada individuo tiña un número diferente. Esto fíxolle dudar, e dubidou se se trataba dunha planta ou dun animal. Para solventar a cuestión cortouna a metade, pero levouse unha sorpresa cando cada metade se rexenerou nunha nova.

Anos máis tarde, un polímata francés puxo punto e final a ese quebradeiro de cabeza asegurando que se trataba dun animal, concretamente dun pólipo. Trembley apodou a un dos exemplares como Hydre, en referencia ao mito grego, e sete anos más tarde Carl Linnaeus clasificou estos pólipos propios de augas doces baixo o xénero de Hydra.

FONTE: El País