Restaurado o "Titanic" da Antigüidade

Post date: Feb 26, 2016 10:11:57 PM

pecio-gela-2

A embarcación foi encontrada no mar de Sicilia e é a máis grande e antiga do Mediterráneo (data do século VI, V a.C.); agora, tras seis anos de reconstrución estase a expoñer en Gela (Sicilia).

O nome do Titanic da Antigüidade débese a unha traxedia que sucedeu fai uns 2500 anos: unha nave grega afundiuse cerca de Gela, una cidade siciliana rica e bela, con un gran porto e un mercado ao lado. No verán de 1988, dous buzos encontraron os restos da embarcación; a nave aínda conservaba a súa madeira milenaria.

A característica máis importante da nave era a súa técnica de construcción, que mostraba os detalles narrados por Homero na Ilíada. Ademais este é un dos poucos naufraxios da época grega conservados con todas as súas partes.

Fonte: ABC