Os inmortais

Os Inmortais

Os inmortais eran un corpo de élite, dentro do exército Persa, formado por 10.000 homes. Para pertencer a este corpo había que ser Persa, eran escollidos dende nenos para ser adiestrados e para endurecelos. O nome de Inmortais ven de Herodoto que os chamou 'os Dez mil o Athanatoi' (inmortais). Pero, lonxe de ser inmortais, os membros de este corpo soían sufrir numerosas baixas por ser os que sempre loitaban nas zonas máis comprometidas e perigosas, pero coñecíanse por este nome debido a que cada vez que caía un e inmediatamente outro ocupaba o seu posto.

Non só tiñan un entrenamento especial, se non tamén un trato especial. As súas armas consistían nun escudo de ferro e mimbre, unha lanza curta cunha punta de ferro e un contrapeso no outro extremo, un arco e frechas, e unha daga ou espada curta.

Non só combateron na batalla das Termópilas, tamén na de Marathón, en Exipto, Babilonia e Grecia. Finalmente foron derrotados por Alexandro Magno.