As guerras médicas

As guerras médicas (499 a.C - 449 a.C) foron diferentes conflictos armados entre as cidades- estado da antiga Grecia e o Imperio Persa.

Divídense en dúas fases:

Primeira Guerra Médica (492- 490 a.C):

Entre o rei persa Dario I e o xeneral grego Milcíades. O acontecemento máis importante foi a batalla de maratón, trala cal Filípides correu 40 km ata Atenas para comunicar a victoria dos gregos.

Segunda Guerra Médica (480- 479 a.C):

Na que transcurre a historia de 300 representada na imaxe. Tratábase dunha invasión Persa sobre Grecia, dirixida polo rei Xerxes I (fillo de Darío I), unha resposta directa e un tanto tardía á derrota que sufriran na Primeira Guerra Médica.

A resistencia grega foi dirixida polas cidades de Atenas e Esparta, seguidas por unhas 70 polis, mentres que o resto de cidades ficaron neutrais ou sometidas ós persas.

O avance persa foi freado no paso das Termópilas ata que un traidor lle amosou ós homes de Xerxes un paso secundario por onde poderían cercar ós gregos, o rei espartano Leónidas I decideu, nun acto de valentía e sacrificio, quedarse só con unha parte do exército (300 homes, dos cales morreu a maioría) para facerlle fronte ós persas.

Tras esta heroica batalla as rexións de Beocia e Ática foron invadidas, pero a guerra remata coa victoria grega nas batallas de Platea e Mícala, no 479 a.C, e así os persas foron completamente expulsados de Europa.