O pai de Alexandre Magne sae da súa tumba
Post date: Nov 26, 2015 9:59:20 PM
Hai dúbidas de onde se atopa o cadáver de Filipo II de Macedonia, pero un estudo recente indica que este estaba nunha sepultura que non se lle atribuía xunto con outros dous cadáveres, identificado pola idade ó morrer (46 ou 47 anos) e polas súas feridas de guerra.
Con este cadáver topáronse outros dous, como xa mencionei ut supra. Un pode ser Cleopatra, a sua muller, de 18 anos, e outro, un bebé, pode ser Filipo III, fillo de Filipo II.
Esta teoría segue sen ser definitiva e ten oposicións, pois algúns din que non se pode un fiar so dunha ferida nunha perna, posto que isto era moi común nunha sociedade guerreira.
Fonte e imaxes: El País