Electra foi escrita no 413 a.C. por Eurípides, e conta a vinganza dos fillos de Agamenón sobre a súa nai Clitemnestra e sobre o amante desta (o cal tamén usurpou o trono), Existo.
O drama consta de catro episodios cos seus respectivos estásimos, cun prólogo e cun éxodo que pecha a obra.
PRÓLOGO:
A obra comeza co prólogo que se inicia cunha resis, é dicir, un monólogo dun actor, neste caso do esposo de Electra, un campesiño que resume a guerra de Troia, a volta de Agamenón e o posterior asasinato deste a mans da súa esposa Clitemnestra e o seu amante e dándolle máis importancia á expulsión de Electra da súa casa e o seu casamento cun campesiño para evitar que teña fillos nobres que poidan vengar a morte de Agamenón. Ao rematar o monólogo, aparece Electra que fai outra resis, maldicindo a súa vida, pero sen mencionar a morte do seu pai. Posteriormente, hai un diálogo negativo entre ambos personaxes e cando saen aparece Orestes co seu amigo Pílades, que falan do pensamento que ten o primeiro de vingar a morte de seu pai e de atopar a súa irmá.
Electra volve do río e Orestes e Pílades escóndense para que non os recoñeza, Electra quéixase da súa vida e do que sufriu xunto co seu irmán e Orestes recoñece á sua irmá, pero non se revela.
Electra de Eurípides é un drama familiar no cal o autor se ve forzado a innovar o mito tanto en determinados detalles como no carácter dos seus personaxes sendo deste xeito maior a riqueza dos seus caracteres en comparación aos de Esquilo e Sófocles.
A obra xira en torno a dous personaxes principais, Electra, cargada ata a esaxeración no seu carácter e caracterizada como unha muller amargada e incluso malvada e Orestes, un adolescente irresoluto e desconfiado creado cun carácter maxistral. Estos personaxes están recargados en demasía pero isto non debe facernos pensar que se trata dun melodrama de bos e malos. Hai traxedia e por suposto sufrimento duns seres moi humanos que se debaten entre o odio o crime e os remodimentos influíndo deste xeito no espectador e facéndoo pensar que o matricidio é un crime repugnante e que se un deus o ordenou el tamén o é.
Así pois, pódese afirmar que Electra é unha das súas obras máis logradas, tanto na estrutura como no debuxo dos seus caracteres.
Electra, na tumba de Agamenón. Frederic Leighton, 1st Baron Leighton (1830–1896) | Wikipedia
O seu obxectivo é presentar dialécticamente a dinámica da “vendetta” unida á sociedade tribal e a superación da mesma mediante a xustiza garantida por Zeus e por unha nova estrutura social baseada no Dereito e nos tribunais.
Así pois a súa intención é básicamente moral e por iso a súa obra está traspasada por un sentimento ético relixioso trascendentalista.
Na perdurable popularidade da triloxía Oresteia (creada no 458 a.C.), de Esquilo, é evidente a construción de Eurípides na recoñecida escena entre Orestes e Electra. Na libación dos mensaxeiros (cuxo argumento é aproximado aos sucesos en Electra), Electra recoñece a seu irmá por unha serie de pistas: un bucle do seu cabelo, unha pegada que deixou na tumba de Agamenón e un anaco da roupa que ela fixera para el anos antes.
A escena de recoñecemento na obra de Eurípides é unha parodia da explicación de Esquilo. Na interpretación de Eurípides (510ff.), Electra rise ante a idea de usar esas pistas para recoñecer a seu irmá porque: non hai ningunha razón para que o cabelo coincidise; a pegada de Orestes non é nin sequera parecida a súa pequena pegada; e sería ilóxico que ao crecer Orestes aínda tivese unha parte de roupa feito por ela cando era un neno.
Orestes, en cambio, é recoñecido pola cicatriz que se fixera na frente ao perseguir un cervo cando era un neno (571-74). Esto é unha burla que alude á escena da Odisea, de Homero. Na Odisea, a nodriza Euriclea recoñece ao recén chegado Odiseo pola cicatriz no seu muslo, a cal se fixera de pequeno na súa primeira caza de xabaríns. Na Odisea, o regreso de Orestes a Argos e a vinganza pola morte do seu pai preséntase varias veces como modelo do comportamento de Telémaco. Eurípides usa a súa recoñecida escena para aludir á Odisea. No lugar dunha épica caza de xabarín, Eurípides invéntase un semi-comic involucrando o incidente dun cervo.
Textos de Electra
Textos
1. Liña 510
ANCIANO. - Sin provecho, pero con todo no es esto lo que no he podido aguantar. Es que me he acercado a su tumba desviándorne del camino. Me postré llorando, ya que estaba solo, y desatando el hato que traigo para los forasteros, derramé una libación y puse sobre la tumba ramas de arrayán. Pero sobre el mismo altar vi sacrificada una oveja de negro vellón, sangre recién derramada y un mechón cortado de pelo rubio. Conque me asombró, hija mía, qué hombre había osado acercarse a la tumba. Desde luego no es ningún argivo, ahora que quizá ha venido tu hermano ocultamente y ha honrado, en su retorno, la triste tumba de tu padre. Acerca este mechón a tus cabellos y observa si son del mismo color que este pelo cortado. A quienes tienen la misma sangre paterna suelen nacerles iguales muchas partes del cuerpo.
ELECTRA. - Anciano, no hablas como corresponde a un hombre sensato, si piensas que mi valeroso hermano ha venido furtivamente a esta tierra por miedo a Egisto. En segundo lugar, ¿cómo pueden corresponder el pelo de un hombre noble. cuidado para las palestras, y el de una mujer, acostumbrado a los peines? Es imposible. Además encontrarás que muchos tienen semejante el pelo y sin embargo no han nacido de la misma sangre.
ANCIANO. - Entonces ve a ponerte en sus huellas, hija, y mira si la pisada de su bota se corresponde con tu pie.
ELECTRA. -¿Cómo puede quedar en suelo duro la impronta de los pies? Pero aún si esto fuera posible, no podría ser igual el pie de dos hermanos, varón y mujer. El varón es más robusto.
ANCIANO. -¿No existe un vestido tejido por tu lanzadera por el que reconocieras a tu hermano si regresa a esta tierra, aquel en el que estaba envuelto cuando yo lo sustraje a la muerte?
ELECTRA. - ¿No sabes que cuando Orestes se exilió del país yo era todavía niña? Y aún si yo tejiera mantos, ¿cómo iba a llevar ahora la misma ropa que entonces, cuando era niño, a menos que la ropa crezca junto con el cuerpo? Conque o bien se compadeció de su tumba un forastero y cortó su pelo, o uno de aquí burlando a los vigilantes.
2. Liña 571
ELECTRA. - jAnciano!, ¿qué palabras inesperadas has pronunciado?
ANCIANO. - Que estás viendo aquí a Orestes, el hijo de Agamenón.
ELECTRA. -¿Qué marca miro en la que pueda confiar?
ANCIANO. -Una cicatriz junto a la ceja, la que se produjo un día al caerse cuando perseguía contigo a una cervatilla en el palacio de tu padre.
ELECTRA. - ¿Qué dices?. . . Sí, veo la prueba de su caída.
Edición:
Autor da tradución:
Orestes, Electra e Hermes na tumba de Agamenón. ca. 380–370 BC. | Wikipedia
PRIMEIRO EPISODIO:
Comeza co descubrimento de Electra da presencia dos forasteiros e un rápido diálogo entre os personaxes, chamado esticomitia, que remata cunha resis de Electra, queixándose de novo da súa vida e a do seu irmán. Ao rematar hai un diálogo entre Orestes, Electra e o labrador. O episodio remata coa marcha do labrador en busca dun ancián esclavo.
PRIMEIRO ESTÁSIMO:
É a primeira aparición do coro, e describe as armas de Aquiles, mentres o labrador vai en busca do ancián esclavo.
SEGUNDO EPISODIO:
Neste episodio hai un diálogo entre o ancián e Electra, no que se di que alguén visitou a tumba de Agamenón e o ancián sospeita de Orestes. Posteriormente hai un diálogo esticomítico entre os tres personaxes e unha epirrema entre Orestes e Electra, é dicir, un canta e outro recita. Logo trámase unha conspiración entre Orestes, Electra e o ancián para matar a Existo e a Clitemnestra.
SEGUNDO ESTÁSIMO:
O tema da historia, que cobre o espazo de tempo no que Orestes mata a Existo, é o cordeiro de ouro. Aínda que parece un tema distanciado do drama, ten unha sutil relación con el: compárase o adulterio da muller de Atreo (pai de Agamenón) co da muller de Agamenón.
TERCEIRO EPISODIO:
A escena do mensaxeiro, quen trae noticias sobre a morte de Existo, ocupa case todo o episodio. Vén precedida por un diálogo entre o Corifeo e Electra, no que ela está angustiada por saber se Orestes tivo éxito, como sucedeu.
TERCEIRO ESTÁSIMO:
Preséntase coma un epirrema entre Electra e o Coro. Neste canto de triunfo o Coro convida a Electra a danzar e ela acepta.
CUARTO EPISODIO:
Consta de dúas escenas. A primeira, na que aparecen Orestes e Electra, céntrase na longa resis dela ante o cadáver de Existo; en forma de oración fúnebre, Electra dille todos os improperios que non se atreveu a dicir contra el en vida. Despois hai un diálogo esticomítico entre ambos irmáns, no que Orestes se amosa indeciso e Electra mostra os seus desexos matricidas.
A segunda escena é un agón entre Clitemnestra e Electra. A nai xustifica a morte de Agamenón e a filla acúsaa de ser a culpable do desterro dos seus fillos e xustifica do mesmo xeito que Clitemnestra que eles a maten. A nai entra enganada na choza de Electra.
CUARTO ESTÁSIMO:
O Coro comenta o crime de Agamenón. Despois escóitanse os gritos de morte de Clitemnestra.
ÉXODO:
Comeza cun kommós no que se alternan Orestes, Electra e o Coro. Os irmáns lamentan e recordan con horror o acto do crime, mentres que o Coro tamén lamenta o sucedido e alude á xustiza restaurada. Despois aparecen os Dióscuros que informan nunha longa resis sobre o que lle espera a Orestes, o matrimonio entre Electra e Pílades e o enterro dos cadáveres.
Termos utilizados:
Resis: monólogo dun actor.
Epirrema: diálogo no que fala un actor e contesta o coro. Nalgúns casos, como no segundo episodio, é un personaxe o que contesta.
Esticomitia: diálogo entre dous personaxes, un deles pode ser o Corifeo, no que cada un intervén cun verso.
Agón: debate formal que manteñen os personaxes principais, a miúdo contando co Coro como xuíz.
Kommós: canción lírica de lamentación nunha traxedia na que o Coro e un personaxe cantan xuntos.
A primeira gran diferenza é a forma de tratar o tema do matricidio; Esquilo tratou o tema na Orestíada, e para el é un momento máis da obra, mentres que Sófocles e Eurípides o tratan como o máis importante da obra.
O mesmo título indica que para Esquilo, Electra non é a figura central mentras que para os demáis autores sí o é.
Para Esquilo o matricidio é unha fase transitoria na loita polo establecemento da xustiza, polo que a súa obra está marcada por un sentimento ético-relixioso que se reflexa na estrutura da obra.
Entre Sófocles e Eurípides hai mellor converxencia. En Sófocles o centro da obra constitúeo Electra aínda que o interese non se centra no matricidio, pero tampouco é unha obra na que o principal sexa o estudo do carácter de Electra. Sófocles busca o equilibrio e o orden normal das cousas que presupón a identificación do mundo físico e o humano.
Síguense unha serie de diverxencias, con relación a Esquilo e Eurípides, tanto no que se refire ao tema como ao carácter dos protagonistas.
Eurípides aparenta estar máis cerca de Sófocles por facer de Electra a protagonista, pero está máis cerca de Esquilo porque a súa obra tamén plantexa un problema moral. Realmente está afastado dos seus dous predecesores, xa que a súa obra é unha recreación do tema.
Para escribir algo novo sobre este tema había que facer o que Eurípides fixo; suprimir a importancia do elemento divino e humanizar o drama, o que o levou a dotar de detalles máis realistas e de maior verosimilitude á obra.
A Electra de Eurípides é un drama familiar e desta forma el viuse forzado a innovar o mito, tanto en determinados detalles como no carácter dos seus personaxes principais.
En canto ao mito, suprímense os elementos relixiosos e plantéanse situacións máis realistas. En canto aos personaxes, a riqueza dos seus caracteres é maior que Esquilo e que Sófocles.
Eurípides cargou ata a esaxeración a personaxe de Electra, converténdoa nunha muller amargada e incluso malvada. A Orestes creouno cun carácter maxistral. Este Orestes non é o executor firme da orde de Apolo que se nos ensina en Esquilo e Sófocles, senón nun adolescente irresoluto e desconfiado. Pódese afirmar que a Electra de Eurípides é unha das súas obras máis logradas, tanto no que se refire a estrutura como no debuxo dos seus caracteres. Os de Orestes e Electra están un poco recargados e non deben facernos pensar que se trata dun melodrama de bos e malos.
Hai traxedia, hai sufrimento duns seres moi humanos que se debaten entre o odio, o crime e os remordimentos. O espectador sae co sentimiento de que o matricidio é un crime repugnante e que se é un deus o que o ordenou, este deus é repugnante.