As orixes

Cosmogonía

Ao principio só había catro deidades:

  1. Caos

  2. Xea

  3. Tártaro

  4. e Eros.

Caos

Χάος, "espazo que se abre". É o estado primixenio do cosmos.

A partir de Caos apareceron outras divinidades:

  • Érebo (Ἔρεβος: "escuridade", "negrura" ou "sombra"), que era un deus primordial, personificación da escuridade e a sombra, que enchía todos os rincóns e buratos do mundo

  • a Noite ou Nix (Νύξ) era a deusa primordial da noite.

Estes, á súa vez, enxendraron ao Éter e ao Día (Hemera, Ἡμέρα)

Representación do Caos. Imaxe de Wikipedia
Nix,a noite. Imaxe de WikimediaCommons
Éter. Imaxe de WikimediaCommons.
O Día, esta deusa era tamén chamada Hemera (Ἡμέρα) polos gregos. Imaxe de WikimediaCommons

Xea

Γαῖα, "Terra". Era a personificación da Terra, da Deusa Nai. Naceu do estado do Caos, e logo ela sola foi quen de enxendrar a Urano, (Οὐρανός, "Ceo"), a quen creou coas súas mesmas proporcións para que a sostese por todas partes e ser así sede segura para os deuses.

Tamén deu a luz ás Montañas, ás Ninfas e ao Ponto, o mar.

Tártaro e Eros

Tártaro

Τάρταρος. O inferno mitolóxico, atopábase no fondo da terra.

O Tártaro. Imaxe de WikimediaCommons

Eros

Ἔρως, "Desexo". O máis fermoso dos catro, cautiva o corazón de deuses e homes.

Primeira xeración de deuses

Urano e Xea tiveron moitos fillos:

  • os Titáns: Océano (Ώκεανός), Ceo , Crío (Κρεῖος), Hiperión (Ὑπερίων), Jápeto (Ίαπετός) e Cronos (Κρόνος)

  • os Hecatónquiros (Έκατόνχειρες)

  • os Cíclopes. (Κύκλωψ)

  • as Titánides: Febe (Φοίβη), Mnemósine (Μνημοσύνη), Rea (Ῥεία), Temis (Θεμις), Tetis (Τηθύς) e Tea (Θεια)

Titáns

Dos seis Titáns, Océano, Ceo, Crío, Hiperión, Jápeto e Cronos, o último era o máis importante de todos.

Cronos (Krónos), era o máis novo de todos os irmáns. Dicían que era “o de mente retorcida”, xa que dende un principio floreceu nel un profundo odio cara ao seu pai. A súa nai, Xea, fixo que el e mailos seus irmáns se rebelasen contra o seu pai, Urano.

Así realizaron unha serie de batallas, coñecidas como Titanomaquia, nas que finalmente saíu vencedor Cronos, que se autoproclamou rei.

Por temor a que nun futuro os seus fillos se rebelasen contra el (como fixera el co seu pai), devorábaos a medida que nacían.

Saturno (Cronos) devorando aos seus fillos Imaxe de Wikipedia

Hecatónquiros ( Έκατόνχειρες)

Coto, Briareo e Giges eran os seus nomes, e eran fillos de Xea e Urano. Eran xigantes informes e violentos, posuían 100 mans ( Έκατόν (cabeza) + χειρες (mans)) e 50 cabezas e unha forza monstruosa. Foron arroxados ao Tártaro por Urano e foron rescatados por Cronos.


Hecatónquiro. Imaxe de WikimediaCommons.

Cíclopes (Κύκλωπες)

Eran fillos de Urano e Xea, semellantes aos deuses, cunha soa diferenza: posuían un único ollo na fronte.

Ademais eran xigantes e posuían unha forza e vigor enormes.

Brontes, Esteropes e Arges foron os cíclopes que lle fabricaron o raio a Zeus e lle regalaron o trono.


O cíclope Polifemo. Imaxe de WikimediaCommons

Titánides

Febe (Φοίβη, "Brillo") foi a divindade que lle concedeu a Apolo o don da profecía. Por iso este deus é coñecido como Febo Apolo.

Mnemósine (Μνημοσύνη, "Memoria") é a deusa da memoria, considerada durante moito tempo a que controlaba o desenvolvemento do tempo. Mantivo relacións con Zeus durante nove noites e de aí naceron as nove musas.

Tetis (Θέτις), "a dos pés arxénteos" foi a Titánide que se uniu ao seu irmán Océano. Ela puxo no mundo os tres mil ríos e enxendrou ás ninfas do océano, as Oceánides. Foi tamén a nai do heróe da Ilíada Aquiles. Ademais, tamén concibiu á ninfa Calipso, personificación das profundidades mariñas.

Titanomaquia

Titanomaquia, de Web Mitología

A Titanomaquia (Τιτανομαχία) foi unha serie de batallas entre as dúas razas de deidades moi anteriores á existencia da humanidade: os Titáns (dende o monte Otris) e os Olímpicos (dende o monte Olimpo).

Os Olímpicos Hestia, Hera, Deméter e Poseidón (guiados por Zeus) decláranlle a guerra aos Titáns Ceo, Crío, Hiperión, Xápeto, Atlas e Menecio (guiados por Cronos).

Os Olímpicos conseguiron a victoria e dividiron o botín entre eles, facendo o seguinte reparto:

  • para Zeus, o dominio do ceo.

  • para Poseidón, o do mar, ríos e augas.

  • para Hades, o mundo subterráneo.

É unha pintura de Cornelis Van Haarlem (1562-1638). “Fall of the Titans” caída dos Titáns. Vese aos Olímpicos cos brazos levantados, símbolo de victoria.