Atópanse 47 lingotes de oricalco e 2 cascos corintios

Post date: Feb 16, 2017 4:14:33 PM

gela2_ng

Atopáronse 47 lingotes e, entre outros obxectos, 2 cascos corintos na costa Siciliana a principios deste ano. Dise que estes elementos pertencen a unha nave que se afundiu na primeira metade do século VI a.C. Tras analizalos determinouse que o material que os compoñía era o oricalco, unha aleación de cobre e zinc que era, segundo Platón, "o metal máis precioso despois do ouro".

Os encargados da investigación deste descubrimento, a Garda di Finanza de Palermo, tamén acharon unha botella da colonia grega de Massalia (Marsella), unha ánfora arcaica e dous cascos corintios (de bronce, pertencentes á Antiga Grecia, que cubrían toda a cabeza e tiñan aberturas para ollos e boca).

A investigación continúa, queda por determinar se todos os achádegos pertencen ao mesmo barco, aínda que a hipótese máis axeitada (segundo a cercanía dos obxectos atopados e a homoxeneidade topográfica) é, segundo Tusa, que pertencen ao mesmo naufraxio.