A Odisea

O rapsoda comeza a súa épica canción co proemio, que introduce os temas, o protagonista... 

Unha mostra do que está por vir...

...Quen foi enviado lonxe do seu fogar... Para vagar despois do que el houbera tido o seu papel no saqueo da piadosa Troia... El viu as cidades de moitas persoas e aprendeu das súas formas de vida.

Moitos foron os pesares que el sufriu no mar, mentres loitou para levar de volta a súa casa vivos aos seus homes e a el mesmo ... Pero, fallou en salvalos a todos, a pesar dos seus grandes esforzos, pola súa propia estupidez. Eles devoraron aos bois do deus do sol, Helios, e el maldeciu o seu regreso.

Este rapsoda puido ser Ὅμηρος, Homero, aparentemente o autor da Ilíada e a Odisea, chamado por Platón (V - IV a.C.) "O primeiro profesor dos tráxicos" "O líder da cultura grega" e chamado por Heródoto (V - IV a.C.) o "profesor de toda Grecia"

Introdución

A Odisea é un relato de aventuras que se desenvolve ao redor da figura de Ulises (nome latino do grego Odiseo), un dos heroes que contribuíron á destrución de Troia

Do mesmo xeito que na Ilíada, o autor centra os acontecementos nun episodio que dará cohesión ás diferentes aventuras do heroe: o regreso ao seu fogar, Ítaca, e a recuperación do seu reino. 

A estrutura narrativa do poema é máis complexa, por canto as digresións supoñen simultanear dúas accións: (Odiseo, por unha banda, e Telémaco, o seu fillo, que o busca, por outra) e un salto temporal no que o propio Ulises pasa a ser o narrador das súas aventuras pasadas. 

Ao comezo do poema, Ulises atópase na illa da ninfa Calipso, quen debe deixalo marchar tras decidir os deuses, a petición de Atenea, permitirlle o regreso ao seu fogar. Pero en Ítaca, a súa esposa, Penélope, atópase asediada por pretendentes, que dan ao heroe por morto e esíxenlle que elixa a un deles como esposo, mentres consomen a facenda da familia.

Ante esta situación, Telémaco, o fillo de ambos, decide partir en busca de noticias do seu pai aos reinos doutros heroes que volveron de Troia, como Menelao e Néstor é o que se coñece como telemaquia (cantos I-IV).

A tristeza de Telémaco, 1783. Angelica Kaufmann. 

De regreso á súa patria, Poseidón fai naufragar a Ulises, quen recala no país dos feacios. Alí, o seu rei, Alcínoo, acólleo con hospitalidade e, ao recoñecer ao heroe, este relata os seus infortunios desde a partida de Troia: a sucesiva perda da súa flota e os seus compañeiros entre tempestades; os enfrontamentos con seres monstruosos, como o cíclope, os lestrigóns, as sereas ou Escila e Caribdis; a ira de Helios cando devoraron os seus bois sagrados, ou a transformación en porcos a mans da maga Circe (Aventuras de Odiseo: V-XX)

Ao terminar o seu relato, os feacios obséquiano xenerosamente e, logo dunha viaxe milagrosa, chega a Ítaca. Odiseo regresa ao seu pazo disfrazado de esmoleiro e, coa axuda de Telémaco e un fiel servente, dá morte aos pretendentes e reúnese por fin con Penélope (cantos XX-XXIV).

O ton da Odisea é, indubidablemente, menos guerreiro que o da Ilíada, de modo que a obra, máis que á exaltación dos valores aristocráticos, responde á estrutura tradicional do conto de aventuras. As diferenzas co poema de Troia esténdense, loxicamente, a unha maior presenza do mundo doméstico e de estratos sociais máis diversos que os heroes e os deuses. Ata a actitude dos inmortais resulta moi diferente: fronte ás actuacións bastante crueis e caprichosas dos deuses na guerra de Troia, que en ocasións parecían buscar a mera diversión, na Odisea as súas intervencións están guiadas por motivacións máis éticas e pola procura de xustiza.

Recursos estilísticos

Invocacións ás Musas

Ao comezo do poema hai unha invocación ás musas para que sirva de inspiración ao poeta:

Cóntame, Musa, a historia do home de moitos carreiros, que andou errante moitísimo logo de arrasar a sacra Troia; viu moitas cidades de homes e coñeceu o seu talante, e dores sufriu sen conto no mar tratando de asegurar a vida e o retorno dos seus compañeiros. Mais non conseguiu salvalos, con moito querelo, pois da súa propia insensatez sucumbiron vítimas, ¡tolas! de Hiperión Helios as vacas comeron, e en tal punto acabou para eles o día do retorno. Deusa, filla de Zeus, tamén a nós, cóntanos algunha pasaxe destes sucesos. (Odisea, I, 1 y ss.)

Linguaxe formular

Consiste en empregar frases feitas que se repiten con frecuencia. É unha técnica que facilitaba aos poetas a composición e a memorización do poema. Como exemplos están os seguintes:

«Filla miña, ¡que palabra escapou do cerco dos teus dentes! Como podería esquecerme axiña que do divino Odiseo, quen sobresae entre os homes pola súa astucia e máis que ninguén ofrendeu vítimas aos deuses inmortais que posúen o vasto ceo? (Odisea, I.)

Atenea.- De todo iso, eu voute informar con toda a verdade. (Odisea, I, 179)

Telémaco.- Meu hóspede, fálasme benevolamente, coma un pai ó seu fillo, e na vida esquecerei as túas palabras. (Odisea, I, 307)

Mentor.- Escoitádeme agora a min, Itaqueses, o que vos vou dicir. (Odisea, II, 229)

Así falou Atena, a filla de Zeus. (Odisea, II, 296).

Así falou, e soltou prontamente a súa man da man de Antínoo. (Odisea, II, 321)

Epítetos

Son adxectivos ou denominacións fixas e exclusivas de cada personaxe que poden chegar a substituír o seu nome. Algús exemplos son os seguintes:

E contestoulle o que reúne as nubes, Zeus: 

«Filla miña, ¡que palabra escapou do cerco dos teus dentes! Como podería esquecerme axiña que do divino Odiseo, quen sobresae entre os homes pola súa astucia e máis que ninguén ofrendeu vítimas aos deuses inmortais que posúen o vasto ceo? (Odisea, I.)

Fálame Musa, daquel home, o das mil estrataxemas, que tantísimo tempo andou errante (Ulises) (liña 1, canto I)

Nós ben llo advertiramos por medio de Hermes, o rápido mensaxeiro, decíndolle que... (liña 37, canto I)

Atenea, a deusa de ollos brillantes, faloulle a primeira. (liña 80, canto I)

Desde aquela, Poseidón, o que sacode a terra, aínda que non trata de dar morte a Ulises, faino andar errante lonxe da súa patria. (liña 74, canto I)

Para que canto antes lle revele á ninfa, de ben rizados cabelos, o noso inmutable decreto sobre o regreso do sufrido Ulises (liña 86, canto I)

En Ítaca, polos mares cercada, hai certamente moitos outros príncipes aqueos. (liña 394, canto I)

Non ben apareceu a filla da mañá, a Aurora, a dos dedos de rosa, o amado fillo de Ulises saltou da cama... (liña 1, canto II)

O Ulises divino embarcou nas cóncavas naves. (liña 26, canto II)

O noso Ulises, descendente de Zeus, alá morreu, lonxe da patria. (liña 365, canto II)

Pois entre todos sobresaía con moito nos ardís máis variados o Ulises divino, o teu pai. (liña 123, canto III)

Os Aqueos, de grevas fermosas, tamén se ergueron. (liña 150, canto III)

 E entón respondeu Néstor, o vello conductor de carros. (liña 102, canto III)

Máis tarde xuntouse con nós o louro Menelao (liña 172, canto III)


Exemplos collidos da traducción da Odisea por Evaristo de Sela

Símiles ou comparacións

Estes recursos achegan o relato ao oínte e fan máis comprensible a narración ao comparar as accións dos heroes con elementos do seu mundo cotiá, animais e fenómenos naturais. Algúns exemplos son:

Tendo así dito, para a cidade, demasiado alto pensando, marchara, lanzandose coma un cabalo, (...) (2. , 21-76 , canto XXII)

E, a Héktor, así que o viu, tomouno o tremor; e xa, pois, non aguantou esperalo no sitio, e deixou as portas atrás, e masrchou aterrorizado; e o Peleídes saltou sobre el, nos seus rápidos pés confiado. Tal como, nas montañas, un falcón, a máis lixeira das aves, sobre unha tímida pomba, (...) (3. , 90-130, canto XXII)

Personaxes principais

Argumento da Odisea

Canto I

Concilio dos deuses. Exhortación de Atenea a Telémaco.

Odiseo na illa de Calipso, cadro de Arnold Böcklin | Wikipedia

Homero comeza a Odisea invocando á Musa para que conte o sucedido a Odiseo logo de destruír Troia. Nunha asemblea dos deuses gregos, Atenea aboga pola volta do heroe ao seu fogar. Odiseo leva moitos anos na illa da ninfa Calipso. A mesma Atenea, tomando a figura de Mentes, rei dos Tafios, aconsella a Telémaco que viaxe en busca de noticias do seu pai.

Canto II

Telémaco reúne en asemblea ao pobo de Ítaca.

Imaxe: John William Waterhouse (1912)

O palacio de Odiseo atópase invadido por decenas de pretendentes que, crendo que el morreu, buscan a man da súa esposa: Penélope

Grazas á axuda de Atenea, aparecida agora en forma de Méntor, o mozo convoca unha asemblea no ágora para expulsar aos soberbios pretendientes do seu fogar. Finalmente, Telémaco consegue unha nave e emprende viaxe a Pilos en busca de noticias sobre o seu pai.

Canto III

Telémaco viaxa a Pilos para informarse sobre o seu pai

Gravado dunha hecatombre de bois | Wikipedia

A seguinte mañá, Telémaco e Atenea, que continua na forma de Mentor, chegan a Pilos. Alí, invitados por Néstor, participan nunha hecatombe para Poseidón. O rei Néstor relátalles o regreso doutros heroes desde Troia e a morte de Agamenón, pero non ten información específica de Odiseo. 

Suxírelles que vaian a Esparta a falar con Menelao, quen acaba de regresar de longas viaxes. Atenea pide a Néstor que uno dos seus fillos acompañe a Telémaco a Esparta e desaparece milagrosamente. 

Impresionado por que un mozo estea escoltado por unha deusa, Néstor ordena o sacrificio dunha vaca en honor dela e arranxa que o seu fillo Pisístrato acompañe a Telémaco a Esparta.

Canto IV

Telémaco viaxa a Esparta

Grabado en madeira de Proteo por Andrea Alciato (1531) | Wikipedia

Telémaco continúa a súa viaxe e chega a Esparta, onde o reciben Menelao e Helena. Menelao cóntalle acerca da súa conversación con Proteo, quen lle informou acerca da sorte que correra Odiseo, atopándose este en unha illa retido por Calipso. 

Mentres tanto, os pretendentes, sabendo da viaxe do xove, preparan unha emboscada que lle haberán de tender ao seu regreso.

A estes catro primeiros cantos denomínaselles telemaquia.

Canto V

Odiseo chega a Esqueria dos feacios

Hermes falando con Calipso | Wikipedia

Nunha nova asemblea dos deuses, Zeus toma a decisión de mandar ao mensaxeiro Hermes á illa de Calipso para que esta deixe marchar a Odiseo. A ninfa promete a Odiseo a inmortalidade se se queda, pero o heroe prefire saír da illa. Tarda catro días en construír unha balsa, e emprende a viaxe ao quinto día, pero é afundido por Poseidón, enfadado con Odiseo desde que o grego cegara ao seu fillo Polifemo. Odiseo é axudado pola nereida Leucótea, quen lle dá unha manta coa que debe taparse o peito e nadar ata a illa dos feacios.

Canto VI

Odiseo e Nausícaa.

Nausicaa xogando á pelota coas súas escravas. Óleo en lienzo do pintor impresionista estadounidense William McGregor Paxton (1869 - 1941) | Wikipedia

Atenea visita, nun soño, á princesa Nausícaa, filla de Alcínoo, rei de Esqueria, e incrépaa a facerse cargo das súas responsabilidades como muller en idade de casar. Ao espertar, Nausícaa pide ao seu pai un carro con mulas para ir lavar roupa ao río. Mentres ela e as súas escravas descansan e outras xogan á pelota, Odiseo esperta, veas e pide axuda á princesa. Nausícaa, impresionada pola súa forma de falar, acolle ao heroe e bríndalle alimentos, dille que a siga cara a casa do rei e indícalle como pedirlle á súa nai, a raíña, hospitalidade. Sinálalle un bosque consagrado a Atenea, situado nos arredores da cidade e onde poderá descansar. Odiseo aproveita a ocasión para implorar á deusa que o reciban e o axuden a chegar á súa illa patria.

Canto VII
Odiseo no palacio de Alcínoo

Ulises en la corte de Alcinoo (Academia San Lucas) | Babilonialabella

Guiado ata alí por Atenea, Odiseo é recibido no palacio por Alcínoo, rei dos feacios, que o invita ao banquete que se vai a celebrar. 

Odiseo conta todo o acaecido ata ese momento, co que o rei queda impresionado e ofrécelle a man da súa filla, mais Odiseo non acepta, polo que o rei cambia o seu ofrecimiento por axudalo a chegar á súa illa.

Canto VIII
Odiseo agasallado polos feacios

Ulises rompe a chorar tras o canto do aedo Demódoco. Museo de Campodimonte | Wikipedia

Celébrase unha festa no palacio en honor do hóspede, que aínda non se presentou. 

Tras unha competición de atletismo, na que Odiseo asombra ao público cun gran lanzamento de disco, comeza o banquete. 

O aedo Demódoco ameniza a comida cun canto sobre a guerra de Troia. 

Ao falar do episodio do cabalo, Odiseo rompe a chorar. 

O rei manda ao aedo que deixe de cantar, e pregunta ao hóspede sobre a súa verdadeira identidade.

Canto IX
Odiseo conta as súas aventuras: os cicones, os lotófagos, os cíclopes.

Ulises e Polifemo na Cova (Jacob Jordaens, 1635) | Babilonialabella

Odiseo preséntase, e comeza a relatar a súa historia desde que saíu de Troia.

Primeiro destruíron a cidade de Ísmaro (onde estaban os cicóns), e alí perdeu a bastantes compañeiros.

Máis tarde, chegaron á illa dos lotófagos. Alí, tres compañeiros comeron o loto, e perderon o desexo de regresar, polo que houbo de levalos á forza.

Posteriormente, chegaron á illa dos cíclopes. Nunha caverna atopáronse con Polifemo, fillo de Poseidón, que se comeu a varios dos compañeiros de Odiseo. Estaban atrapados na cova, pois estaba pechada cunha enorme pedra que lles impedía saír, a eles e ao gando de Polifemo. Odiseo, coa súa astucia, emborrachou con viño a Polifemo, mandou afiar un pau e cegaron con el ao cíclope mentres este durmía. Xa cego, e para asegurarse de que non escapasen os prisioneiros, o cíclope tenteaba o lombo dos seus animais a medida que ían saíndo da cueva para ir a pastar, pero cada un dos mariños ía ventre con ventre cunha res,  agarrado ao vellón desta.

Logo de escapar, Odiseo grítalle o seu nome a Polifemo e este pídelle ao seu pai que o castigue.

Canto X
A illa de Eolo. O palacio de Circe a feiticeira.

Ulises e os Lestrigóns (Primeira metade do século I a.C), Biblioteca Apostólica Vaticana. Imaxe de Carlo Raso | Flickr

Odiseo sigue narrando como viaxaron ata a illa de Eolo, que tratou de axudalos a viaxar ata Ítaca. Eolo entregou a Odiseo unha bolsa de pel que contiña os ventos do oeste

Ao acercarse a Ítaca, os seus homes decidiron ver o que había na bolsa, polo que os ventos se escaparon e se desencadeou unha tormenta que fixo desaparecer a esperanza do regreso ao fogar. 

Tras seis días de navegación, chegaron á illa dos Lestrigóns, xigantes antropófagos que devoraron a case todos os compañeiros de Odiseo. 

Fuxindo de alí, chegaron á illa de Circe, unha feiticeira que convertiu aos compañeiros de Odiseo en animais. Hermes dalle un antídoto a Odiseo, o "moly", que o fai inmune aos feitizos de Circe.

Tras pasar 5 anos con ela, ao final é obrigada polos deuses a deixalo partir, e dille ao heroe que para regresar á súa casa antes tería que pasar polo país dos mortos e consultar con Tiresias, o famoso adiviño. 

Igual que Calipso, Circe namorouse de Odiseo. Pero ningunha das dúas veuse correspondida.

Canto XI
Descenso ós infernos.

O descenso de Odiseo ao mundo dos mortos  Imaxe do cómic de Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Tras chegar ao país dos Cimerios e realizar o sacrificio de varias ovellas, Odiseo visitou a morada de Hades para consultar co adiviño Tiresias, quen lle profetizou un difícil regreso a Ítaca. 

Ao seu encontro saíron todos os espectros, que quixeron beber o sangue dos animais sacrificados. 

Odiseo deulla en primeiro lugar a Tiresias, logo á súa nai, Anticlea, e tamén beberon o sangue varias mulleres destacadas e algúns combatentes que morreran durante a guerra de Troia.

Canto XII
As sereas. Escila e Caribdis. A illa de Helios. Oxixia.

Odiseo ante Escila e Caribdis, de Johann Heinrich Füssli | Wikipedia

De novo en ruta, Odiseo e os seus compañeiros lograron escapar das Sereas, cuxo canto facía tolear a quen as oíse. Para iso, seguindo os consellos de Circe, Odiseo ordeou aos seus homes taparse os oídos con cera exceptuándoo a el, que mandou ser atado ao mastro da nave.

Escaparon tamén das perigosas Caribdis e Escila. Conseguiron chegar a Trinacria (nome grego de Sicilia), a illa do Sol. Pese ás advertencias de non tocar o gando de Helios, os compañeiros sacrificaron varias reses, o que provocou a cólera do deus. 

Ao facerse de novo á mar, Zeus lanzou un raio que destruíu e afundiu a nave, e só sobreviviu Odiseo, que arribou á illa de Calipso (lugar onde se atopa ao principio da historia).

Canto XIII
Os feacios despiden a Odiseo.

Atenea converte a Ulises nun vagabundo. Imaxe do cómic Marvel de Roy Thomas e debuxos de Greg Tocchini.

Cando o heroe termina de contar a súa viaxe, o seu regreso ao fogar é disposto polo rei. Acompañado por navegantes feacios, Odiseo chega a Ítaca. Atenea disfrázao de vagabundo para que non sexa recoñecido. Por consello da deusa, Odiseo vai pedir axuda á súa porqueiro: Eumeo.

Canto XIV
Odiseo na rabaño de porcos de Eumeo.

Eumeo con Telémaco e Odiseo | Wikipedia

Odiseo non revela a súa verdadeira identidade a Eumeo, quen o recibe con comida e manta. 

Atópase coa deusa Atenea, e xuntos preparan a vinganza contra os pretendentes.

Canto XV
Telémaco regresa a Ítaca.

Regreso de Telémaco a Ítaca y encuentro con Penélope, escultura de Antonio Canova | Wikipedia

Atenea aconsella ao mozo Telémaco saír de Esparta e regresar ao seu fogar. 

Mentres tanto, Eumeo relata a súa vida e as súas orixes ao esmoleiro, e de como chegou ao servizo de Odiseo.

Canto XVI
Telémaco recoñece a Odiseo.

Eumeo, Odiseo e Telémaco. Bonaventura Genelli | Wikipedia

Grazas á axuda da deusa, o mozo consegue eludir a trampa que os pretendientes lle prepararan á entrada da illa. Unha vez en terra, diríxese por consello da deusa á casa de Eumeo, onde coñece ó suposto esmoleiro. Cando Eumeo marcha a casa de Penélope a darlle a noticia do regreso do seu fillo, Odiseo revélalle a súa identidade a Telémaco, asegurándolle que en verdade é o seu pai, a quen non ve desde fai vinte anos. Tras un forte abrazo, planean a vinganza, coa axuda de Zeus e Atenea.

Canto XVII
Odiseo esmoleira entre os pretendientes.

Argos falece diante de Odiseo. Ilustación de John Flaxman, de 1835. Feita para A Odisea. | Wikipedia

Ao día seguinte, Odiseo, de novo como esmoleiro, diríxese ao seu palacio. 

Só é recoñecido polo seu can Argos, que, xa vello, falece fronte ao seu amo. 

Ao pedir comida aos pretendentes, Odiseo é humillado e ata golpeado por eles.

Canto XVIII
Os pretendentes ven a Odiseo.

Óleo en lienzo de Lovis Corinth da Loita entre Odiseo e Iro. Galería nacional de Praga | Wikipedia

Aparece un esmoleiro real, chamado Iro, quen adoitaba pasarse polo palacio. Ríndose de Odiseo, rétao a unha pelexa. Os pretendientes aceptan que o gañador se xunte a comer con eles. Danlle dous anacos de pan a Odiseo, que, tras quitarse a súa manta e deixar ver os seus músculos, gáñalle fácilmente ao esmoleiro. 

Malia a vitoria, segue soportando as vexacións dos orgullosos pretendientes.

Canto XIX
A escrava Euriclea recoñece a Odiseo.

Euriclea recoñece a Odiseo. Imaxe do cómic Marvel de Roy Thomas e debuxo de Greg Tocchini.

Odiseo, ocultando a súa verdadeira identidade, mantén unha longa conversación con Penélope, quen ordena á súa criada Euriclea que o bañe. Euriclea, que foi nodriza do heroe cando era un neno, recoñece unha cicatriz que a Odiseo, na súa mocidade, lle fixo un xabarín cando se atopaba cazando no monte Parnaso. A escrava, pois, recoñece ao seu amo, que lle fai gardar silencio para non facer fracasar os plans de vinganza.

Canto XX
A última cea dos pretendientes.

Profeta, amigo de Telémaco, avisa aos pretendentes de que pronto morreran. Imaxe do cómic Marvel de Roy Thomas e debuxo de Greg Tocchini.

Ao día seguinte, Odiseo pide un sinal, e Zeus lanza un trono no medio do ceo azul. 

Este xesto é entendido por un dos sirvientes como un sinal de vitoria sobre os pretendientes. 

Odiseo aproveita para ver quen é fiel ao desaparecido rei e, xa que logo, haberá de conservar a vida

Un profeta, amigo de Telémaco, avisa aos pretendientes de que pronto os muros mancharanse co sangue deles. 

Malia que algúns deles dan crédito á profecía e foxen, a gran maioría deles rinse dela.

Canto XXI
O certame do arco.

Ulises co seu arco, de N.C. Wyeth. Imaxe de Plotinos. Século XX | Flickr

Aparece Penélope cun arco que Odiseo deixou en casa á súa marcha a Troya. Promete aos pretendientes que casará con aquel que consiga facer pasar a frecha polos ollos de doce machadas alineadas. Un tras outro, os pretendientes inténtano, pero nin sequera son capaces de tensar o arco. Odiseo pide participar na proba, pero os pretendientes denéganllo. Trala insistencia de Telémaco, permítenlle intentalo. Con suma facilidade, Odiseo tensa o arco e consegue facer pasar a frecha polos ollos das machadas, ante o asombro dos presentes. Ao sinal do seu pai, Telémaco ármase, preparándose para a loita final.

Canto XXII
A vinganza.

Odiseo loitando cos pretendentes, de Gustav Schwab | Wikipedia

Antínoo, xefe dos pretendentes, atópase bebendo cando Odiseo lle atravesa a gorxa a cunha lanza e lle dá así morte. 

Ante as queixas dos demais, Odiseo responde con amenazadoras palabras, e os pretendentes temen polas súas vidas. Iníciase a feroz loita, cos numerosos pretendentes por unha banda e Odiseo, o seu fillo e os seus dous fieis criados por outro. 

Melantio, infiel cabreiro de Odiseo, consegue armas, pero grazas á axuda de Atenea, todos aqueles que traizoaron a Odiseo van morrendo un por un. 

Os escravos son colgados do pescozo no patio do palacio, mentres que Melantio é cortado en pedazos para que o coman os cans. 

Odiseo manda a Euriclea que faga lume e limpe o patio con xofre. 

A escrava avisa ás mulleres que foron fieis ao heroe, que chegan e abrazan ao seu amo.

Canto XXIII
Penélope recoñece a Odiseo.

Penélope e Ulises. Imaxe de Houghton Mifflin. 1929 | John Burridge, Pinterest

Logo de matar aos pretendentes que se hospedaban na súa casa, Odiseo manda aos presentes que vistan os seus mellores traxes e bailen, para que os veciños non sospeiten o ocorrido. Coa axuda de Euriclea, o heroe preséntase a Penélope

Como o aspecto de Odiseo é distinto ao que coñecía Penélope, que ademais está case convencida de que el morreu, o heroe non é recoñecido pola súa esposa. 

Entón, Odiseo describe o leito conxugal, e como o fixo el mesmo dunha oliveira. Penélope, convencida xa, abraza ao seu esposo, que lle narra as súas aventuras. 

Finalmente cóntalle que aínda terá que facer outra viaxe antes de terminar a súa vida nunha tranquila vellez.

Canto XXIV
O pacto.

Atenea protexe a lúa e a Odiseo. Imaxe do cómic Marvel de Roy Thomas e debuxo de Greg Tocchini.

As almas dos mortos viaxan ao Hades, onde contan o ocorrido a Agamenón e Aquiles, compañeiros do heroe na expedición dos aqueos a Troia. Odiseo marcha a casa do seu pai, Laertes, que se atopa traballando na horta. O home atópase envellecido e apenado pola longa ausencia do seu fillo. Para ser recoñecido, Odiseo móstralle a cicatriz e recorda as árbores que na súa infancia lle regalara o seu pai. 

Mentres, os familiares dos pretendentes xúntanse en asemblea, e piden vinganza pola morte dos seus. Odiseo, o seu fillo e o seu pai, que se atopan na casa deste, aceptan o reto, e dá comezo a loita. Laertes dispara unha lanza que mata ao pai de Antínoo. Pero nese momento cesa a loita. Intervén a deusa Atenea, que anima aos itacenses a chegar a un pacto, para que xuntos vivan en paz durante os anos vindeiros.

Resumen da Odisea con ilustracións

A Odisea. Así é como se desenvolveu todo.

1. Pretendentes: con Odiseo fóra, os homes estaban perseguindo a Penélope.

2. Os que comeron Lotus: os homes de Odiseo drogáronse por tomar flores de loto.

3. Cíclope: Odiseo deixa cego a Polifemo o Cíclope, fillo de Poseidón.

4. Circe: Odiseo coñece á feiticeira Circe que convirte a algúns da súa tripulación en porcos. Entón Circe pasa o ano seguinte con Odiseo.

5. O mundo subterráneo

Odiseo vai ao mundo subterráneo para conseguir direccións a casa e encóntrase con algúns dos seus amigos mortos.

6. Sereas

Odiseo sobrevive á canción das sereas atándose a si mesmo no mastro del barco.

7. Escila e Caribdis

Máis homes da sua tripulación son asesinados polos monstruos Escila e Caribdis.

8. Helios

A tripulación famenta come o gando de Helios, o deus do sol, e son castigados cunha tormenta que mata a todos.

9. A prisión de Calipso / Os Feacios

Odiseo sobrevive á tormenta e termina sendo o escravo sexual de Calipso polos próximos 7 anos. Ao final escapa e naufraga ata dar no pais dos feacios.

10. Disfraz

Finalmente de volta a casa, Odiseo disfrázase de vagabundo para ver quen segue do seu lado. Entón el volve a gañar a Penélope e mata a algúns traidores. 

A Odisea - Símbolos da Odisea

O mar: perigo, dor, e a debilidade do home contra os deuses.

Comida e banquetes: amor pola vida e o problema da vida e a morte.

Argos: a lealdade.

O arco de Odiseo: a medida dos homes contra os deuses

A roupa de cama: nada simboliza a comodidade e a hospitalidade como a roupa de cama feita a man.

Os augurios: os humanos teñen pouco control sobre o futuro

Xeografía da Odisea

xeografia de homero.pdf

A Odisea en vídeo