A beleza protagoniza unha mostra no Museo Arqueolóxico de Atenas

Post date: May 31, 2018 5:49:50 PM

A beleza e a súa representación na arte dende o Neolítico ata a Grecia antiga é a protagonista dunha exposición que se inaugura no Museo Arqueolóxico de Atenas baixo o título "Os aspectos inmunerables da beleza".

Montada arredor de catro seccións, cada unha cun tema central, a mostra presenta un total de 340 obras das coleccións deste museo. As pezas expostas, achadas en Micenas, Santorini e Milos, dan unha nova idea da evolución da estética e das súas distintas expresións.

En paralelo á exposición organizaránse talleres que presentarán a arte téxtil do período neolítico, a roupa micénica, ou a forma de expresar a beleza tamén a través da música na Grecia antiga.

A exposición é a terceira do programa especial do Museo Arqueolóxico de Atenas con motivo do seu 150 aniversario.

Fonte | La Vanguardia

Imaxe | Wikipedia