Cronos tivo seis fillos con Rea e ao non satisfacer o desexo de Xea de liberar a os seus irmáns, esta prometeulle que sufriría a mesma sorte que o seu pai e sería destronado polos seus fillos.
Por iso, para prever esta ameaza, devoraba cada fillo que tiña con Rea agás o último que tivo, que foi Zeus, a quen a súa nai Rea, coa axuda de Xea, agochou nunha caverna de Creta, envolvendo antes unha pedra nunha manta e dándolla a Cronos como se fora Zeus.
Zeus creceu no antro de Creta custodiado por unha nodriza, a ninfa Amaltea (representada ás veces como unha cabra) e máis polos Curetes, xoves guerreiros armados cunha lanza e un escudo que danzaban sen descanso pegando berros para agochar os lamentos do pequeno Zeus.
Anos despois cando Zeus creceu e adquiriu os seus poderes divinos fixo que Cronos vomitase aos seus irmáns cunha droga que lle deu Metis.
Zeus fixo o que lle dixo Xea e liberou a os monstros que encerrara seu pai no Tártaro (Cíclopes e Hecatónquiros), convertíndose estes nos seus gardaespaldas, e dándolle a Zeus e máis a os seus irmáns unhas armas moi poderosas.
Logo de vencer a Cronos os monstros concedéronlle aos deuses atributos e poderes.
A Zeus concedéronlle o raio e ser eternamente o deus do ceo tempestuoso.
Poseidón recibiu un tridente máxico e foi proclamado rei do mar,
e por último a Hades déronlle un casco que o volvía invisible, quedando como rei do mundo infernal.
Os Crónidas (Cronos "Tempo" máis o sufixo -ida, "Fillo de") son os fillos de Cronos, coñecidos tamén como os deuses olímpicos.
Son 6 deuses en total:
3 femias: Hestia, Démeter e Hera
3 varóns, Poseidón, Hades e Zeus.
Deméter, (Δημήτηρ ou Δημητρα en grego, Ceres en latín), significa “deusa nai” ou “nai distribuidora”. É a deusa grega da agricultura e protectora do matrimonio e a lei sagrada. Os seus atributos son as espigas e a fouce.
Á dereita:
Hestia, (Ἑστία en grego, Vesta en latín), é a deusa do lume do fogar e do Estado.
Represéntaselle vestida, cun veo que dende a cabeza lle cobre a espalda, nunha actitude solemne e sosegada, cunha chama na man dereita, que é o símbolo do lume do fogar. Foi a primeira filla dos seis fillos de Cronos e Xea.
Hera, (Ἥρα en grego, Juno en latín). Ten como elemento o ceo e algúns dos seus atributos son a diadema e o pavo real. Era a deusa do matrimonio e a protectora das mulleres casadas,e foi coñecida pola súa natureza celosa e vingativa. Represéntaselle maxestuosa e solemne, a menudo no trono. Un dos seus epítetos é Χρυσόθρονος (“a do trono dourado”).
Poseidón, (Ποσειδῶν en grego, Neptuno en latín), é o deus do mar e das augas, tamén da terra en movemento da superficia e dos terremotos.
Os seus atributos son o cabalo e o tridente.
Poseidón tivo moitos fillos e foi protector de moitas cidades helenas, aínda que perdeu o concurso por Atenas sendo derrotado por Atenea.
Dedicouselle un himno homérico. Un dos seus epítetos é “axitador da terra”.
Zeus, (Ζεύς en grego, Xúpiter en latín), é o deus supremo. Goberna o ceo e os seus fenómenos atmosféricos.
Algúns dos seus atributos son o raio, o touro, a aguia e o trono.
Gobernaba aos deuses do Olimpo coma un pai á súa familia.
Un dos seus epítetos é “tonante”.
Hades, (Ἅιδης en grego, Plutón en latín), foi o deus do mundo subterráneo e dos mortos. Foi o rei do inferno, fillo de Cronos e de Rea. Robou a Perséfone e fíxoa esposa súa. Os seus atributos son o galo, o ciprés e o can Cerbero. Un dos seus epítetos é “hospitalario”.
Apolo (Ἀπόλλων; en latín Apóllōn) é o deus da música, da beleza masculina e da profecía. Identifícase con Helios, o deus do sol.
Os seus atributos son a lira, o arco e o carcaj. Sempre é represantado co loureiro, xa que se usaba en sacrificios e tamén para elaborar a coroa da vitoria nos Xogos Píticos, que se celebraban no seu honor cada catro anos en Delfos. A palmeira tamén se lle consagraba porque naceu baixo unha delas en Delos.
É un dos doce deuses olímpicos, fillo de Zeus e Leto, xemelgo de Artemisa.
Como xefe das musas e director do seu coro, actuaba como o deus patrón da música e a poesía. Os himnos cantados no seu honor recibían o nome de peanes.
Este deus conta cun numeroso número de epítetos: como deus da luz e do sol chámase Febo (Φοῖβος)
Atenea (Ἀθήνα, en latín Minerva) é a deusa da sabedoría, patrona das artes, dos oficios e da guerra intelixente.
Naceu da cabeza de Zeus adulta e armada despois de que este se tragara a súa nai.
Os seus atributos o casco, que soe levar na cabeza, ben elevado sobre a frente. Este está adornado da forma máis bonita con grifos, cabezas de cordeiros, caballos e esfinxes.
A éxida, unha coraza de pel de cabra que en mitos posteriores decíase que lla deu seu pai Zeus. Outro atributo é o escudo redondo, o que ten no centro o gorgoneion, a cabeza da gorgona Medusa, selo distintivo do culto á primitiva deusa en Grecia que recibiu a posición máis alta no vértice do frontispicio do Partenón.
Os obxetos que lle son consagrados son: a rama de olivo, a serpe, o galo e a lanza.
Tamén se lle coñece como Palas (Παλλάς), de significado controvertido, pode ser ‘doncela’ ou ‘a que leva o escudo’.
Xunto con Hera e Afrodita protagonizou o coñecido episodio do Xuízo de Paris.
O Xuízo de Paris
O pastor Paris debía decidir cal era a deusa máis fermosa das tres, a cal recibiría unha mazá dourada (colocada previamente pola deusa da discordia, Eris).
Cada unha das deusas intentouno convencer con cadanseus argumentos e mesmo intentaron sobornalo: Hera ofreceulle todo o poder; Atenea, a sabedoría ou a posibilidade de gañar todas as guerras; por último, Afrodita ofrecíalle a posibilidade de conseguir a muller máis fermosa do mundo (Helena de Troia).
Paris elixiu esta última, ocasionando o enfado das outras dúas deusas. De aí vén a expresión a mazá da discordia, que empregamos para aludir a aquela persoa, cousa ou situación que desencadea un conflito.
Hermes (Έρμῆς, en latin Mercurius) é o mensaxeiro dos deuses e deus dos camiñantes, comerciantes e ladróns. Tamén conducía as almas dos mortos aos infernos.
Hermes soe ser representado levando un gorro alado ou o petaso, que é o sombreiro de ala ancha que usaban os viaxeros para protexerse do sol e da choiva.
Tamén se representa calzando sandalias con ás. Aínda que Homero non di nin suxire que estiveran provistas de ás.
Outro dos seus atributos era o caduceo (σκἣπτρον), mencionado frecuentemente nos poemas homéricos como a vara máxica coa que cerra e abre os ollos dos mortais.
Ares (Ἄρης, en latín Mārs) é o deus olímpico da guerra e a personificación da brutalidade e a violencia, así como do tumulto, confusión e horrores das batallas, en contraposición á súa irmá Atenea, que representa a meditación e a sabedoría nos asuntos da guerra e protexe aos humanos dos seus estragos.
É fillo de Zeus e Hera e non se lle ten moita simpatía porque é o deus da guerra cruenta e bruta, e está presente en tódalas batallas.
Os gregos nunca confiaron en Ares, quizais porque nin sequera estaba influenciado polo espírito de pertencer a un bando, senón que ás veces axudaba a unha parte e ás veces á outra, según lle dictaban as súas inclinacións. A súa man destructiva víase incluso tralos estragos provocados por plagas e epidemias. Este carácter salvaxe e sanguinario de Ares facíao ser odiado polos outros deuses, incluso polos seus propios pais.
Ares tiña unha cuadriga tirada por catro sementais inmortais con bridas de ouro que respiraban lume. Entre os demais deuses, Ares era recoñecido pola súa armadura de bronce e pola lanza que brandía na batalla.
Os seus paxaros sagrados eran os paxaros carpinteiros e os voitres.
Ártemis ou Artemisa (Ἄρτεμις, en latín Diana) é a deusa da caza, dos animais salvaxes, a terra virxe, os nacementos, a virxinidade e as doncelas, que trae e alivia as enfermidades das mulleres.
É a filla de Zeus e Leto, e a xemelga de Apolo. En ocasións era identificada co nome de Febe, a forma feminina do seu irmán Apolo, Febo.
Os seus atributos son o arco e as frechas douradas, que podían causar a morte inmediata e enfermidades ás mulleres. Artemisa obtivo o seu arco e frechas por primeira vez dos Cíclopes, tras pedilos ao seu pai. Outro é o carro de ouro, tirado por catro cervos de cornamenta dourada. A lira como deusa dos bailes e cancións ás doncelas. E por último o cervo nas mans representando a caza.
Dioniso (Διόνυσος; en latín Baco) é o deus do viño, inspirador da loucura ritual e do éxtase do panteón grego. Un dos seus epítetos é Dimorfo (Δίμορφoς), polo feito de que podía amosarse como fermoso ou como terrible conforme as circunstancias.
Os seus atributos son o tirso, o pámpano e a copa de viño. Soe aparecer acompañado de ninfas, sátiros ou ménades, entre outros. Os seus símbolos son o viño e substancias embriagadoras.
É considerado un dos doce olímpicos, e o último deus en ser aceptado no Olimpo. Era o máis novo de todos e o único con unha nai mortal.
Normalmente era representado como un xoven atractivo (case andróxino) e desnudo. A súa procesión (tíaso) estaba composta de seguidores femeninas salvaxes (ménades) e sátiros cos membros erectos. Chámabaselle "o Liberador" porque liberaba a un do seu ser normal mediante a loucura, o éxtase ou o viño. A súa misión divina era mezclar a música do aulós e dar fin ó coidado e á preocupación.
Afrodita (Ἀφροδίτη; en latín Venus) é a deusa do amor, da beleza e do desexo.
Tamén pode ser considerada unha deusa da terceira xeración, pero debido ao seu nacemento non a imos considerar. Ela naceu do mar, cerca de Pafos (Chipre) despois de que Cronos cortase, durante a Titanomaquia, os xenitais de Urano e os arroxase ao mar. Por isto, Afrodita é dunha xeración anterior a de Zeus. Os seus atributos son a cuncha e a mazá, e, os seus animais, a pomba e o delfín.
Os xigantes, nacidos do sangue de Urano, quixeron escalar o Olimpo. Ante a súa presenza, as estrelas palideceron, o Sol retrocedeu e a Osa afundiuse no mar.
Para asaltar o Olimpo, os xigantes colocaron unha montaña sobre a outra, e dende a cúspide atacaron aos deuses utilizando como proxectís rocas e troncos de árbores incendiados. Os deuses fuxiron atemorizados e moitos foron a Exipto adoptando diversas formas, ata que se organizou a oposición aos xigantes.
Os olímpicos tiñan que acabar con eles e a súa morte só podía producirse mediante a acción combinada dun deus e un mortal. Había unha herba máxica na terra capaz de facer inmortais aos xigantes, así que, antes de que estes souberan da súa existencia, Zeus apoderouse da planta grazas ao Sol, á Lúa e á Aurora, que non brillaron, e desa maneira ninguén tivo a luz necesaria para atopala.
Os deuses comezaron a armar unha contraofensiva e a primeira en prestar auxilio a Zeus foi a Estixia, que gobernaba un río subterráneo. Ela foi acompañada polos seus fillos: a Vitoria, o Poder, a Emulación e a Forza. Tamén acudiron outros deuses, entre eles Ares e Atenea.
Pero era imprescindible atopar tamén un mortal que axudase a matar aos xigantes. O elixido foi Heracles (Hércules), semideus fillo de Zeus e Alcmena. Heracles, no carro do seu pai derrubou a Alcinoeo, caudillo dos xigantes, o cal caeu na súa terra natal (Tracia), e como segundo a lenda, os xigantes non podían morrer no lugar onde naceran, Heracles colleu a Alcinoeo a costas e levouno a outra rexión para matalo coa súa maza.
Logo Porfión saltou dende a gran montaña, pero como non logrou sorprender a Atenea, lanzouse contra Hera, á que intentou estrangular, pero Zeus feriuno co seu raio e Heracles matouno.
Efialtes, outro xigante, que obligara a Ares a axeonllarse ante el, foi ferido e asasinado por Apolo e Heracles.