Reconstruídas as causas do tsunami de Santorini

Post date: Nov 17, 2016 4:17:56 PM

Descubríuse o que xerou a onda de 9 metros de altura do tsunami que, no 1628 a.C, cruzou o Mediterráneo e, probablemente, ocasionou a fin da civilización minóica. Os científicos din que foi

causada pola caída ao mar dun inmenso fluxo de desfeitos xerados pola explosión do volcán de Santorini ou Thera.

Esta é considerada como unha das maiores catrástofes da historia. A erupción deste volcán produxo a expulsión dunha enorme cantidade de materiais, estimada entre 30 e 80 kilómetros cúbicos de e rochas. Isto foi alrededor de 10 veces maior que a da erupción do Vesubio no 79 d.C.

As evidencias arqueolóxicas indican que a erupción foi acompañada dun potente tsunami con olas de 9 metros de altura, que devastou moitas illas do Mediterráneo e contribuíu, tamén, ao colpaso da civilización minoica na illa de Creta. Analizando o fondo mariño de Santorini, uns investigadores gregos reconstruíron a dinámica erupción e, en particular, os mecanismos que crearon o tsunami.

Información e imaxe | ANSA