Teatro

Relevo representando a Dioniso. Museo Arqueolóxico nacional de Atenas. Imaxe de DivesGallaecia en FlickrO marco e os buratos indican que servía como decoración mural. Nun leito está deitado un poeta coa súa amante. En fronte deles móstrase unha táboa con comida. No pedestal inferior hai máscaras e rolos. Apoiándose nun sátiro achégase Dioniso, e outro sátiro está afrouxándolle as sandalias ao deus. Unha cortina separa a epifanía do deus da área urbana no fondo. Catro sátiros e unha ménade completaban o relevo á dereita. A escena representa a visita de Dioniso e a súa comitiva (Thiasos) ao victorioso poeta, unha nova composición que emerxe nos obradoiros "neoáticos" contra o ano 100 a.C. A peza está datada a comezos do século I d.C.

A orixe do teatro grego

A palabra drama procede do verbo grego δράω e refírese ós tipos de poesía que representaban a acción de personaxes míticos ou fantásticos, non con relatos, senón mediante a reconstrución, a mímese das súas actividades. 

O drama naceu e desenvolveuse en Atenas no século V a.C. Era unha arte composta que aunaba a palabra, a música e a danza. Desde este punto de vista o drama antigo é bastante parecido á ópera ou ó teatro musical da nosa época.

Culto de Dioniso

A orixe do drama está no culto de Dioniso, deus da Vexetación e dos ciclos da Natureza, deus que morre e renace. Nos rituais dionisíacos, grupos de homes ataviados con máscaras e indumentarias que representaban seres míticos, ménades, sátiros, demos ou animais, cantaban e danzaban ditirambos e reconstruían, representaban,"τἀ πάθεα τοῠ Διοωύσου", "as cousas que lle ocorreron a Dioniso". 

Os seus seguidores entraban nunha especie de éxtase que os sacaba do seu propio “eu” e os facía crer que eran outra cousa. 

O deus mostráballes cousas que os demais non podían ver, presentáballes unha percepción diferente da realidade, unha realidade que non existía.

Dioniso como inventor da traxedia, mirando unha máscara tráxica feminina. Crátera de figuras vermellas. 400-380 BC. Atopada en Puglia. London, The British Museum. Imaxe de Egisto Sani en Flickr
Teatro de Dioniso en Atenas. | Wikipedia
William-Adolphe Bouguereau (1825-1905) - The Youth of Bacchus (1884) | Wikipedia

 O culto de Dioniso está directamente relacionado con dous elementos básicos na práctica teatral: a perturbación dos sentidos, que nos fai percibir sensacións inexistentes, e a transformación.

De outra parte, Dioniso era o deus dos estratos sociais máis pobres e marxinados da sociedade e adquiriu unha especial relevancia no periodo da democracia. No seu culto participaban elementos de tódalas procedencias sociais sen distinción.

En Dioniso conflúen, pois, os dous máis importantes logros da Atenas do século V: a democracia e o teatro. Por esta razón, as representacións teatrais organizábanse sempre no marco dunha festa dionisíaca e o primeiro teatro construíuse no recinto sagrado de Dioniso o Liberador, ó pé da Acrópole. As Grandes Dionisias, as máis solemnes das festas dionisíacas, acollían os máis importantes concursos dramáticos, organizados polo Estado.

Para os atenienses, o seguemento dos certames dramáticos non era unha simple diversión. Consideraban un deber e un dereito asistir ó teatro, como consideraban un deber e un dereito participar na vida pública da cidade. 

Tampouco existía unha separación taxante entre quen seguían as representacións e quen participaban nelas. Todos eran afeccionados e só había unha limitación, que non podían actuar nin as mulleres nin os extranxeiros.

O teatro, ademais de ser unha obra de arte, era unha institución ligada á actividade cívica e social e é un espectáculo popular, de goce do ocio de forma colectiva. Implica a participación do espectador, a súa reflexión sobre problemas humanos e temas políticos.

Nace nun lugar e tempo concretos: Atenas, século V, nun momento no que as antigas representacións relixiosas, os antigos valores heroicos, os relatos sobre o mundo que foron grandes, empezan a ser pretéritos e seu valor e súa grandeza estrélanse cos modos de actuación e pensamento que están nacendo no novo marco da cidade. 

Esto explica o lugar que ocupaban nas comedias e as traxedias os grandes problemas nacionais: a guerra, a paz, a xustiza...

Imaxe de antiga estatua romana do tipo Madrid-Varese de Dioniso descansando sobre unha  herma (c. 150 d. C., Museo do Prado, Madrid). | Wikipedia 
Representación Romana de Dionisio e Eros en mármore branca. Feita no período de Traxano, aproximadamente no primeiro cuarto do s.II d.C. | Imaxe de Dan Diffendale en Flickr

Elementos escenográficos

Tódolos compoñentes da obra teatral levaban máscara e disfrace.

Imaxes dos coturnos | Galería Flickr
Imaxes dos coturnos | Galería Flickr

En cada representación teatral interviñan:

Coro interactuando co personaxe principal "Ifixinia en Áulide" de Eurípides Álvaro P. Vilariño en Flickr
Imaxe do corifeo. Euménides. Ourense 2016. Festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia. Grupo "Noite Bohemia" Auditorio municipal de Ourense. 13 abril 2016. | Álvaro P. Vilariño en Flickr 

Contexto histórico. Cronoloxía s. V a.C.

A traxedia grega

A palabra traxedia literalmente significa "canto da cabra" -isto é, unha μολπή, unha combinación de canto e danza realizados ante o altar de Dioniso despois do sacrificio dunha cabra- e é unha invención grega. Mesmo no sentido moderno é unha forma grega de arte; só en Grecia e nas sociedades influídas por Grecia se encontra a traxedia como forma literaria consolidada.

Nun sentido estricto, a traxedia antiga era unha forma de arte moi peculiar, un xénero aparte que non se confunde con ningunha das formas que adoptou o teatro moderno. Sempre mantivo algo deste primitivo carácter relixioso, sagrado, que se reflicte no xogo mismo da vida e da morte. Os elementos básicos da trama tráxica son os fortes conflitos entre os homes cos deuses e o mundo, os límites da liberdade persoal e o papel do destino (μοῖρα ).

A traxedia non se propón presentarnos a vida do home común nin pretende imitar a vida real; os seus personaxes non son cidadáns sinxelos. A condición do personaxe tráxico é que sea grande: heroes, seres por riba dos homes e mulleres reais, reis que viviron nun pasado remoto, nun tempo no que o mundo era moi diferente do mundo de Atenas no século V. 

Moitas traxedias desenvólvense diante dun pazo ou dun templo, pero na Atenas do século V xa non quedaban pazos. O heroe tráxico tómase prestado do pasado mítico e colócase no primeiro plano do escenario, a maioría das veces derrotado e destruído. 

Temas da traxedia

Están sacados dos ciclos míticos. As lendas referidas ás grandes dinastías heroicas eran coñecidas por todos e isto facilitaba aos espectadores entender a trama e o argumento e poder captar os detalles. 

Os mitos, tal como se configuran na traxedia, conteñen intensos enfrontamentos que terminan en catástrofes e mortes, odios, vinganzas e antagonismos, a miúdo entre amigos ou entre membros dunha mesma familia. 

Na traxedia abondan os crímenes sanguentos e as pantasmas familiares: un irmán mata a un irmán (Polinices e Eteocles na "Antígona" de Sófocles), un pai á súa filla (Agamenón a Ifixenia en "Ifixenia en Áulide" de Eurípides) , unha esposa ao su marido (Clitemnestra a Agamenón no "Agamenón" de Esquilo), un fillo a súa nai (Orestes a Clitemnestra nas "Euménides" de Esquilo)...

O feito central dunha traxedia é con frecuencia a morte de alguén. Ás veces esta morte está escrita polo destino (μοῖρα) ou é o resultado da decisión libre dun heroe, consecuencia do seu orgullo (ὕβρις). 

Sen embargo, o que caracteriza aos argumentos tráxicos non é tanto a morte en escena, que non soe representarse, senón o sufrimento dos heroes, expostos a un brusco cambio de fortuna e á precipitada caída na ruina como castigo dos deuses (Δίκη) a súa propia grandeza e desmesura (ὕβρις).

O tráxico implica unha ruptura, a volta repentina do revés, a catástrofe (καταστροφή), a manifestación da verdade que se desvela. Algo sucede que destapa a contradición. A destrución dos heroes non está motivada pola súa maldade, senón pola súa grandeza e o seu orgullo (ὕβρις) e o seu propio erro ou culpa (αμαρτία), imposible de evitar, sendo como son.

A raíz do tráxico está na culpa (αμαρτία); unha culpa que ten que ver coa liberdade, pero tamén có destino. Pero na traxedia non hai bós nin malos; non se contempla a moral. A traxedia mostra como o home paga polo seu destino, un destino que se abate sobre el, pero que ao mesmo tempo lle é querido. O home fai e elixe el só, libremente, o que xa lle estaba determinado sen el querelo. Por esa culpa hai que pagar unha expiación

 Edipo e a esfinxe de Gustave Moreau (1864) | Wikipedia

Culpa de que? Para os antigos a culpa estaba en relación coa Xustiza Divina (Δίκη), solidamente establecida no seu fundamento. Para nós a culpa está en relación có feito de vivir nun mundo que nos poñe á mercede de forzas que ninguén é capaz de dominar por completo. 

Culpa é tamén o ser como somos; o participar da condición humana, sublime e miserable a un tempo.

A destrución do heroe provoca o dolor e o medo dos espectadores porque a sorte dos personaxes é a sorte de cada quen; ninguén se escapa de entre os individuos que están no público. Así se entende a participación do público nunha traxedia. A traxedia ensina aos espectadores a fraxilidade do poder, a precaria condición da vida e a quebradiza vaidade do saber humano. 

A traxedia é unha forma de situarse ante o mundo e representarse nel. 

Óleo en lienzo de Charles Jalabert (1819 - 1901): Antígona e o seu pai, Edipo, abandonan a cidade de Tebas. | Wikipedia

A lingua

Se os personaxes son grandes e os temas profundos, a linguaxe debe ser solemne, bonita e enigmática, suntuosa e emocionante, afastada da lingua cotiá. Na lingua da traxedia, por encima de todo, hai poesía. Na traxedia, hai partes cantadas e partes recitadas, diálogos entre dous actores (nunca houbo máis de tres) e cantos do coro.

Como o drama é poesía, está escrito en verso, mesmo nas partes dialogadas. Os metros da lingua grega teñen unha particularidade: o grego antigo tiña vocais con diferente duración temporal (longas e breves). O ritmo resultaba da alternancia regular de sílabas con diferentes tempos e non, como nas linguas romances, da alternancia de sílabas tónicas e átonas.

O sistema desta alternancia chámase metro. Había moitos tipos de metros. Os do coro eran máis complexos e abigarrados. Os dos actores eran máis sinxelos e máis similares ao ritmo natural da lingua.

Traxedia e competición

As representacións das traxedias en Atenas realizábanse nas grandes Dionisias, festas en honor ao deus Dioniso, cara a fins de marzo. As Dionisias eran organizadas polo Estado. Encargábase aos cidadáns máis ricos a organización do coro tráxico, pois na Atenas democrática os cidadáns máis acomodados eran responsables de financiar servizos públicos, a modo dun imposto especial.

Durante as Dionisias desenvolvíase un torneo tráxico, unha competición entre 3 poetas. Cada un deles debía presentar unha tetraloxía composta de 3 traxedias e 1 drama satírico. Toda a tetraloxía era representada o mesmo día, pola mañá; deste xeito a representación das traxedias levaba 3 días, mentres que o último día era dedicado á posta en escena dos tres dramas satíricos. 

As inovacións do teatro grego levadas a cabo por Esquilo e Sófocles, representadas por medio dun concurso. Vídeo de TED-Ed - A batalla das traxedias gregas

Ao final dos 3 días de competencia dábaselle o premio ao mellor coro, ao mellor actor e ao mellor poeta. O xurado estaba integrado por 10 persoas, elixidas ao azar. Ao término das representacións, dispoñían unha urna e unhas táboas nas que se escribía o nome dos tres poetas, ordenados segundo a clasificación final.

Partes da traxedia

Xa dixemos que na traxedia hai 2 ou 3 actores e un coro. 

Os actores recitan os seus diálogos ou largos monólogos e, ás veces, cantan en alternancia co coro. 

O coro, polo contrario, sempre canta e danza, acompañado de música, se ben o xefe do coro, o corifeo, pode recitar breves parágrafos ou dialogar co actor. 

Atendendo a esta alternancia de recitado e canto, de xestos e danza, no desenvolvemento dunha traxedia pódense delimitar partes ben definidas:

Prólogo (πρόλογος)

Inicia a obra. Serve para situar aos espectadores no tempo e lugar no que sucede a acción, explica antecedentes e razóns que levaron á situación conflictiva que se vai a desenvolver e presenta a identidade dos personaxes.

Pode ser un monólogo, un diálogo ou un monólogo alternado co canto do coro.

Párodo (πάροδος)

É a primera canción que executa o coro cando aparece por primeira vez e se sitúa na orchestra. Torna seu nome dos dous pasillos laterais do teatro que dan acceso a orchestra.

Episodios (έπεισόδια)

Aparecen a continuación do párodo (έπεισόδια: "encima da entrada"). Son as partes recitadas polos actores, as escenas ao longo das cales se vai desenvolvendo o argurnento. Conteñen a problemática e os plans dos personaxes, as suas decisións, os seus enfrontamentos, recoñecementos, descricións de feitos que sucederon ou suceden fora do espazo escénico... 

Os actores, en xeral, recitan, xa sea en solitario (longos monólogos /ρησεις), xa sexa dialogando co outro actor. Cando se quere dar un alto grao de intensidade ó diálogo, os actores recitan alternándose verso a verso. Mentres recitan fan xestos, móvense. Ás veces este recitado vai acompañado dunha frauta. Pero o actor tamén canta ás veces, só ou alternándose con outro acto, ou os dous actores e o coro. O coro contén, xeralmente, súplicas aos deuses ou cantos de duelo ou vitoria. Actores e coro cantan e bailan claramente separados, pero tanto o ritmo do canto como o movemiento de todos os participantes están harmoniosamente ligados entre si.

Estásimos (στάσιμος)

O nome procede da palabra grega στάσιμος, que siginifica "parado". Son os cantos do coro, acompañados de movementos de danza e música. Intercálanse entre as escenas (episodios), creando unha permanente alternancia de partes dialogadas e cantadas e deixándolle unha certa marxe de tempo aos actores para que cambiasen a vestimenta, polo cal nestas partes non se producía un avance no transcorrer dos acontecementos, senón que a acción permanecía parada, de aí o nome de "estásimos".

O coro é fundamental na traxedia antigua. Para comprender ben a mensaxe dunha traxedia, non se pode prescindir do que di o coro. Está apaixonadamente interesado no resultado do curso da acción, pero non participa nela. Resume ou comenta os feitos ou prepara o seguinte episodio. Vese dominado por ondas de terror, busca as causas dos feitos que presenza, fai reflexións e plantexa problemas que atinguen ao ser humano e que dan á acción unha dimensión profunda. A veces completa o marco xeral ao que pertence o fragmento de mito ao que se lle fixo alusión. Ilustra ao pobo que foi presenciar o espectáculo, incítao á moderación e ofrece aos espectadores perspectivas novas. Ten un importante papel educativo. Característica básica do coro é a armónica e sintonizada expresión dos coreutas: cantan e danzan como un só home e levan idéntico atuendo. Van dirixidos por un xefe de coro, que se chama corifeo. Exprésanse nunha linguaxe intensamente ampulosa e elegante.

Éxodo (ἔξοδος)

É a parte que segue despois do último canto do coro (ἔξοδος: "saída", literalmente "fóra do camiño).  A acción xa culminou. Ao final do exódo, o coro abandona a escena e sale por ambos lados do teatro, recitando algúns versos que aluden ao poder omnímodo dos deuses e á insignificancia do ser humano. 

A comedia grega

Características principais

Nun primeiro momento a comedia grega trata temas de ficción a partir dos problemas da polis, dos cidadáns e do seu goberno, exercendo polo tanto unha labor de crítica social e política (Comedia Antiga Grega)

Máis adiante deixará de lado este aspecto e centrarase únicamente en argumentos de índole amorosa con final feliz, que só teñen como obxectivo facer rir ao público. Esta comedia é a que vai influír de xeito decisivo na obra dos comediógrafos latinos como Plauto (Comedia Nova Grega)

O tratamento é desenfadado e a linguaxe é popular, próxima á fala do pobo. 

Os dramaturgos, a quen se lle pagaba unha cantidade, presentaban xeralmente unha obra cada un e competían por un premio nas festividades a cargo do Estado, sobre todo as relacionadas co deus Dioniso.

Os personaxes son xentes sinxelas da polis ou ben deuses ridiculizados e/ou animais.

A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia: liberar ó home das súas angustias e opresións. 

O heroe cómico, por medios fantásticos, consegue liberar a Atenas dos seus males: a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, os malos poetas... chegando a un estado de felicidade.

Orixe da comedia grega

Nun principio a Comedia Grega xorde coa festividade en honra a Dioniso, é dicir, eran obras representadas nas festividades a cargo do Estado. Así mesmo tamén se fai notar a influenza do drama siciliano que se ten en conta principalmente nos efectos da trama.

A teoría da súa orixe ven reforzada pola palabra grega komoidía que quere dicir "canto dun komos", é dicir unha procesión ritual festiva na antiga Grecia e que á súa vez provén do termo grego komos que era unha procesión de comparsas que cantaban e bailaban.

Ademais disto a Comedia Antiga fixo que o coro tivese un papel importante e mantiña o elemento fálico (relacionado coa virilidade e a fecundidade) e estaba relacionada co culto a Dioniso.

A comedia máis antiga coñecida é a obra Os acarnienses de Aristófanes, representada no ano 425 a.C. 

Estrutura da comedia 

Prólogo (πρόλογος)

É a escea que abre a obra, de tipo expositivo que precede a entrada do coro.

Entrada do coro (πάροδος)

É a escea da entrada do coro na que se lle presenta ao público.

Debate (ἀγών)

Debate entre os adversarios con argumentos a favor ou en contra do tema capital da obra. Xeralmente preséntase en forma de tetrámetros e o primeiro en falar é o perdedor.

Marcha cara diante (παρά-βασις)

Despois da disputa todos os personaxes saen de escea, o coro "adiántase" e o corifeo diríxese ao público sen que as súas palabras teñan necesariamente moito que ver co argumento.

Episodios (έπεισόδια)

Serie de episodios separados por breves cantos do coro que de cando en vez continúan coa trama xeral aínda que usualmente se limitan a ilustrar a conclusión do debate.

Éxodos (ἔξοδος)

Escea final na que predomina a alegría que xeralmente da paso a unha voda ou a unha festa. Pode acabar cun córdax ou danza ritual.

Etapas e autores

Comedia Antiga ou aristofánica

Este termo designa as comedias representadas en Atenas durante o século V a.C, sendo as únicas conservadas once obras de Aristófanes das cales as dúas últimas se representaron no século IV a.C e son dun estilo moi diferente. 

Para poñer en escea unha comedia eran necesarios tres ou catro actores e un coro de 24 membros, todos varóns. O coro tiña un papel de gran relevancia e por isto mesmo algunhas obras eran tituladas co nome do mesmo, cuxos traxes e danzas proporcionaban o espectáculo.

A comedia tomaba como punto de partida un obxectivo do heroe, cuxa persecución conformaba a trama.

A Comedia Antiga tiña unha natureza tosca e expresábase nunha linguaxe deshinibida, de xeito que incluso os cidadáns distinguidos como Sófocles ou Eurípides eran ridiculizados, ben co seu propio nome ou ben cun lixeiro disfrace.

Así pois estas características conforman unha comedia baseada en crenzas relixiosas, sátira e crítica.

Autores da Comedia Antiga

Comedia Nova

A Comedia Nova, con características propias, apareceu nun momento no que o xénero teatral da traxedia estaba en horas baixas e polo contrario a comedia vivía un renacer

Estas obras son pezas de costumes que se estenderon polo oriente helenístico e a súa forma cambiou con respecto á Comedia Antiga.

Nova estructura e temas da Comedia Nova

Autores da Comedia Nova

Estos autores tiveron gran influenza sobre autores latinos como Plauto e Terencio