Marcos Chicot: «A Grecia clásica é a orixe de todo o que somos»

Post date: Nov 21, 2016 3:38:14 PM

Marcos Chicot

O finalista do Premio Planeta foi o escritor Marcos Chicot coa súa obra El asesinato de Sócrates. O mesmo autor di que o Sócrates que se presenta no libro é o real, xa que escribir ese libro foi como facer unha tese doutoral sobre el. Chicot afirma que a súa fascinación pola cultura grega débese a que ela é a orixe de todo, o berce da nosa civilización. Os gregos acadaron a perfección en escultura, pintura, arquitectura, música...

Chicot, referíndose á democracia da época, conta que os homes con maior capacidade de xerar paixóns negativas, de incendiar o lado máis animal do ser humano, eses eran os que tiñen máis posibilidades de prosperar en política. Iso ocorría moi a miúdo naquela época. El quería mostrar ese absurdo na súa novela.

Fonte e imaxe | La Razón