Arqueólogos gregos cren encontrar a tumba de Aristóteles

Post date: Apr 27, 2018 2:37:29 PM

Arqueólogos gregos cren ter atopado a tumba de Aristóteles nunhas escavacións levadas a cabo durante máis de duas décadas na antiga cidade de Estaxira, o lugar de nacemento do filósofo.

O encontrado no interior das ruinas do edificio sitúa a súa construcción ao comezo do período helenístico, e os restos do teito demostraron que se fabricou con tellas da fábrica real, o que demostra que se trataba dun edificio público.

Os arqueólogos non teñen probas pero si indicios moi fortes de que se trata da tumba de Aristóteles, xa que un edificio descuberto en 1996 nas citadas escavacións non pode ser outra cousa. Isto deducírono tras analizar dous manuscritos nos que se di que os habitantes de Estaxira trasladaron as súas cinzas a unha urna de cobre, puxérona nun mausoleo e construíron un altar ao lado delas.

Fonte e imaxe | ElMundo