Ávila celebra do 20 ao 25 de maio a VI Semana da Cultura Grega
Post date: May 21, 2018 1:51:41 PM
O concello de Ávila , a través da Área de Cultura, organiza a VI Semana da Cultura Grega, que trata a civilización helénica a través de cinco conferencias, unha degustación e unha demostración gastronómica que se realizará entre 20 e 25 de maio. O domingo 20 comezan as actividades, que estarán coordinadas por Alberto Medina. Empezarase por unha demostración e unha degustación de aperitivos gregos preparados polo cociñeiro Yorgo Loumiotis. Nesta actividade contarase coa presencia de persoas da embaixada grega. As 5 conferencias serán sobre: a herdanza grega no neoclasicismo (dúas persoas darán o seu punto de vista sobre a Grecia Antiga); a vida actual grega; unha clase sobre o legado grego e, por útimo, unha conferencia sobre o neoestoicismo en Quevedo.Fonte e imaxe | Tribuna Ávila