Prometeo era o fillo de Xápeto e da Oceánide Clímenes, e a súa vez era curmán de Zeus. O nome de Prometeo (Προμηθεύς) ten relación coa palabra “previsión”. Este tiña 3 irmáns: Atlas, Epimeteo e Menecio. A súa vez tivo tres fillos: Deucalión, Lico e Quimere.
Atenea foi a deusa grazas á cal Prometeo aprendeu grandes disciplinas.
Prometeo foi o creador do lume e do sacrificio, polo que foi adorado. Zeus enfadouse con Prometeo cando este sacrificou un boi, ao cal partiu en dúas partes: na primeira colocou a pel, as vísceras e a carne no ventre do boi, e na outra puxo os ósos cubertos de graxa. Así, Zeus escolleu a graxa e levou os ósos, o que provocou a súa cólera.
Cando Zeus lle quitou o lume aos homes, Prometeo foi ao monte Olimpo e colleu o lume do carro de Helios para devolverllo aos humanos.
Cando Zeus se enterou do que fixera quixo castigalo a el e aos humanos, polo que fixo unha muller de arxila chamada Pandora, á cal enviou por medio de Hermes ao irmán de Prometeo. Na súa casa encontrábase a xarra que contiña todalas desgrazas, coa que quería castigar a toda a humanidade.
Tras vingarse da humanidade, Zeus levou a Prometeo ao Caúcaso, onde sería encadeado.
Heracles pasou por onde estaba encadeado Prometeo e lanzoulle unha frecha ao águila. A Zeus non lle importou moito que Prometeo fose liberado da rocha na que estaba encadeado.
As idades son as etapas polas que pasou o humanidade dende a súa creación.
O mito consta dunha sucesión de etapas recollidas na obra de Hesíodo "Os Traballos e os días".
Foi a primeira idade existente. Nesta etapa as persoas vivían coma se fosen deuses e non envellecían, eran alleas a calqueira clase de mal. Non estaban suxeitas á lei do traballo. Cando desapareceron da terra quedaron coma xenios benévolos, gardiáns dos mortais e dispensadores de riquezas.
Esta etapa non se semella en nada á idade de ouro, nin en forma nin en espírito. Loitaban uns contra os outros e non honraban nin servían aos deuses, pois negábanse a facer sacrificios. Por este feito, Zeus enfadouse e decidiu destruílos.
Zeus creou unha terceira raza, a de bronce. Esta raza era temible e moi forte, non comían pan, e só tiñan interese na guerra e nos actos de soberbia. Todo era de bronce, as súas armas, as súas casas e os seus traballos, non había ferro. Aínda que eran moi fortes, morreron sen deixar nome.
É a cuarta xeración, a máis xusta e valente. Esta raza divina dos heroes son chamados semideuses. A algúns fíxoos morrer a guerra e a loita cruel baixo os muros de Tebas e Troia. Cando morreron, Zeus concedeulles habitar a Illa dos Afortunados.
Son a última xeración e non deixan de sufrir fatigas e miserias de día, nin de consumirse pola noite, na que os deuses lles fan sufrir insoportables angustias. Os pais non son parecidos aos fillos, nin os fillos aos pais. Os amigos non se queren entre eles, nin os familiares, e tan ponto envellezcan os pais dos homes, lles desprecierán e tampouco poderán darlle sustento.
Nesta idade os homes xustos e honrados non obteñen recoñecemento e os homes non senten respecto polos deuses. Non existe remedio para o mal.
Na idade de bronce, a raza humana estaba conformada por homes e mulleres que cometían moitos crimes. O rumor chegou a Zeus e este baixou á Terra dende o Olimpo na figura dunha persoa humana. Porén, o rumor non era nada en comparación co que viu el.
Foi á mansión de Licaón (Λυκάων), rei de Arcadia, que era famoso pola súa ferocidade. Realizou varios prodixios para anunciar que chegaba un deus e a xente axeonllouse ante el, mais Licaón non confiou en ditos feitos e quixo comprobar se era un deus ou non matándoo pola noite, pero antes sacrificou un home, coceu os seus membros e serviullos ao deus na cea. Zeus, daquela, deu a coñecer a súa identidade e enviou sobre o pazo do rei a chama vingadora. O rei fuxiu cara ao campo aberto e a súa roupa converteuse en pelaxe e os seus brazos en patas, quedando convertido nun lobo.
Tras isto, Zeus volveu ao Olimpo e celebrou un consello cos deuses no cal decidiu eliminar aquela raza humana. Zeus non a eliminaría co raio, senón cunha chuvia torrencial que afundiría todo.
Deucalión (Δευκαλίων) e a súa muller, Pirra (Πύρρα), que vivían na Ptiótide, foron avisados por Prometeo, o pai de Deucalión, pois contaban co seu favor.
Construíron unha arca e un cofre no que se meteron e flotaron durante nove días e nove noites. Salváronse ao chegar ás montañas de Tesalia e Zeus apiadouse destes, pois eran puros e adoradores seus. Poseidón retirou a auga da superficie, devolvendo os océanos ao seu estado orixinal. Aínda así, todo estaba devastado e eles estaban sós, así que suplicáronlle aos deuses volver ter máis humanos con eles.
«Deixade o meu altar, cubride cun velo as vosas cabezas, quitade os vosos cintos e arroxade detrás de vós os ósos da vosa nai», dixo a deusa Temis. Estes malinterpretaron todo nun comezo e negáronse a ofender así ás súas nais, pero realmente as palabras da deusa significaban que tiñan que coller os ósos da deusa nai, Xea. Estes ósos eran as pedras. Deucalión decatouse disto e el e Pirra fixeron caso á deusa, pois non tiñan nada que perder. Das pedras lanzadas por Deucalión apareceron homes e das pedras lanzadas por Pirra, mulleres.
Segundo o mito hesiódico, Pandora ( Πανδώρα > “Pan”, todos, e “dora”, regalo) foi a primeira muller, como a Eva da relixión xudeo-cristiá. Hefesto (deus do lume, dos artesáns, etc.) modelouna á imaxe e semellanza das inmortais coa axuda de Palas Atenea (deusa da sabedoría). Zeus ordena a súa creación para castigar aos humanos, xa que Prometeo roubara o lume para dársello a estes.
Cada deus outorgoulle a Pandora unha calidade: a beleza, a gracia, a persuasión, a habilidade manual, etc, pero Hermes, o mensaxeiro dos deuses e o intérprete da vontade divina, puxo no seu corazón a mentira e a falacia, que serían os seus únicos defectos.
Segundo Os Traballos e Os Días de Hesíodo, había unha caixa que contiña todos os males. Pandora, ao vela, abriuna e deixou que os males inundasen a Terra. Para cando a moza pechou a caixa, só quedaba dentro a esperanza, polo que os humanos non a recibiron. Deste mito provén a expresión “abrir a caixa de Pandora”. Nesta tradición, Pandora representa a perdición da humanidade.
Outra versión dos feitos
Dacordo con outra tradición, a caixa contiña todos os bens, e Zeus entregáralla a Pandora para que lla regalase a Epimeteo o día da súa voda, pero ela abriuna imprudentemente e todos os bens escaparon e volveron ao Olimpo (lugar onde viven os deuses), deixando aos homes aflixidos por todos os males, co único consolo da esperanza.
Pandora de Jules Lefebvre (1882)