O cambio de estación: a primavera marcando mitos e culturas

Post date: Apr 24, 2016 5:11:13 PM

“La primavera”, de William-Adolphe Bouguereau (1886).

No mundo antigo non había ninguén que non coñecera os solsticios ou equinoccios, cousa que ahora xa non é así pois a nosa supervivencia non depende diso, aínda que seguimos contando con certo simbolismo.

O equinoccio primaveral, ou vernal, poida que teña o lugar máis destacado. O paso do inverno á primavera é a data do renacemento, da nova vida e da natureza en eclosión. Así que non é de extrañar que, se Perséfone (deusa da vexetacion), volve do seu rapto no inframundo para reunirse coa súa nai Deméter (deusa da agricultura) ten que ser no equinoccio de primavera.

Hoxe, é moito máis fácil interpretar os equinoccios. Basta con sumerxirse na wikipedia para coñecer toda a información que se desexe.

Tamén poderíamos relacionar todo esto con outra cultura antiga, esta vez a romana, da que obtivemos o calendario ou o nome dos meses: Martius, Aprilis, Maius, Iunius, Quintilis, Sextilis, Septembris, Octobris, Novembris, Decembris.

Imaxe e información | El país