A última defensa

Esparta ou Lacedemonia era unha polis ou cidade-estado da antiga grecia situada na península do Peloponeso. Foi unha das polis gregas máis importantes debido, por unha parte, á súa boa localización xeográfica, coa que puideron conseguir grandes logros militares. A imaxe recollida neste cómic, móstranos como os espartanos puideron frear o avance Persa grazas a este accidente xeográfico, que presentaba unha vantaxe ao ser un lugar estratéxico e facilmente defendible con poucos homes.AS TERMÓPILASAs Termópilas (Θερμοπύλαι en grego) era un desfiladeiro de Grecia. O paso exténdese dende Lócrida, en Tesalia, entre o monte Eta eo mar. Etimolóxicamente, o seu nome significa "fontes quentes", pois os seus manantiais constituían unha serie de importantes termas. Outra posible tradución sería "portas quentes", pois correspóndese co mito de que as augas deste territorio quentáronse cando Heracles se sumerxiu nelas cando iba morrer abrasado.Este peculiar territorio foi escenario de diversas guerras e batallas durante a historia de Grecia. A máis coñecida é a famosa batalla das Termópilas no ano 480 a.C, unha batalla entre os espartanos e o exército persa ao mando de Xerxes I. Aínda que os persas lograron derrotar aos espartanos, o seu exército veríase freado na chaira de Platea.Na época de Leónidas I, o paso era unha senda estreita de pouco máis de 12m. de ancho. Actualmente, os depósitos do río Esperqueo fixeron que se ampliara hata unha anchura duns 5 km. Os manantiais séguense conservando, a pesar de que este espazo sufrira grandes cambios nos últimos milenios, de feito, a superficie de terra que se librou da famosa batalla das termópilas encóntrase baixo 20 metros de terra.*Imaxe da Wikipedia