Espartanos en Pekín

Post date: Mar 13, 2016 11:56:05 PM

Grupo de modelos vestidos de espartanos en Pekín

O que comezou como unha campaña de marketing acabou como un escándalo público nas rúas de Pekín.

A empresa fabricante de ensaladas "Seweetie Salad" buscaba unha imaxe para introducirse con forza no mercado chino, e que mellor que os espartanos da película 300.

Así, elexiron a un grupo de modelos aos que disfrazaron e deixaron polas rúas de Pekín, vestidos como os personaxes da película. Isto causou un gran impacto nos transehúntes, que se detiveron e comezaron a facerse fotos cos modelos, pero as autoridades non o viron tan positivamente.

Consideraron que estes "espartanos" estaban a alterar a orde pública e arrestaron a moitos deles, algúns de forma violenta. A empresa tivo que levar aos seus representantes para solucionar o malentendido, e as autoridades pekinesas tiveron que facer unha desculpa pública e recoñecer o seu erro.

Fonte | Público