O mundo Helenístico

As cidades

Ata agora, as cidades no mundo grego, salvo raras excepcións, non pasaban de ser aglomeracións de casas que se foran construíndo con máis desorde que concerto conforme crecía a poboación. Co helenismo apareceu a cidade típica planificada no seu conxunto por arquitectos, cuxo precedente sería a que Hipodamo de Mileto (Ἱππόδαμος) realizara no Pireo (Πειραιεύς) , o porto de Atenas.

Trátase dun plano tipo que consiste en rúas rectas, paralelas de norte a sur, cortadas por outras tantas de leste a oeste, quedando mazás cadradas ou rectangulares, e xeralmente deixando no centro ou noutras zonas da mesma algunhas sen edificar, que formarían a praza (ágora) ou prazas onde se sitúan os edificios públicos e oficiais.

Plano hipodámico da cidade romana de Timgad, construída segundo os preceptos hipodámicos. Imaxe extraída de google imaxes.

A Alexandría de Exipto (Αλεξάνδρεια) fundouse no 332 a.C. e foi edificada según os plans do arquitecto Dinócrates, acadando un gran desenvolvemento.

Foi famosa polo seu cosmopolitismo, polos seus edificios (entre os que destacaba o famoso Faro, considerado como unha das marabillas do mundo antigo) e pola súa actividade cultural sen precedentes, coa súa biblioteca (destruída no s. I a.C. por un incendio), a máis completa da Antigüidade, o seu museo (lugar onde se daba culto ás musas, é dicir, á actividade científica e artística, e a súa escola filosófica neoplatónica).

Representación do faro de Alexandría en miniatura. Autor da imaxe, Pudelek. Imaxe extraída da Wikipedia.

As cidades gregas poboáronse de ximnasios, palacios, stoas ou galerías porticadas, parques, monumentos e edificios relixiosos, dotándose ademais de depósitos de auga e cloacas.

Nelas vivía unha sociedade cosmopolita, na que apareceron grupos sociais de orixe grecomacedonio que exercían como funcionarios e militares, pero que tamén se dedicaban ó comercio.

Moitos enriquecéronse ante a apertura de tan amplos e novos mercados, surxindo neles unha nova mentalidade que se centraba en vivir luxosamente.

Stoa de Attalos na Ágora de Atenas . Imaxe extraída da Wikipedia.

Apareceu entón a casa helenística para os ricos, desenvolta en torno a un patio central ou peristilo, con moitas estancias pavimentadas con mosaicos e decoradas con pinturas, esculturas e mobles de luxo, fronte á simplicidade das da etapa anterior.

Os romanos empregaron este mesmo modelo.

Casa grega. Reconstrución e plano. Info n/a. Oscar Secco Ellauri, Pedro Daniel Baridón, Historia dos Gregos (CADEC, Montevideo). Fonte | maicar.com

A Biblioteca de Alexandría

A antiga biblioteca estaba situada na cidade exipcia de Alexandría, de aí o seu nome. Crese que se fundou a comezos do século III a.C. por Ptolomeo I Sóter, e que logo foi ampliada polo seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Esta coñecida biblioteca chegou a albergar ata 700.000 manuscritos, aínda que algunhas fontes califican esta cifra de esaxerada.

A biblioteca foi parcialmente incendiada varias veces. No 47 a.C. prodúcese o primeiro incendio durante os combates que mantivo Xulio César na cidade no seu apoio á raíña Cleopatra. Marco Antonio, anos máis tarde, intenta enmendar a situación doando unha gran cantidade de libros. No 272 prodúcese o segundo incendio, no transcurso da campaña do emperador Aureliano contra a raíña Zenobia de Palmira. Anos despois do último incendio, no reinado de Diocleciano, a cidade sufriu outra desvastación importante que afectou ao complexo palacial.

No século IV d.C. proclamouse o cristianismo como relixión oficial do imperio. Este feito tivo consecuencias moi graves para a biblioteca: por aquel entón recopiláranse os saberes do paganismo clásico, xustamente o tipo de cultura que rexeitaban algúns movementos cristiáns. Os cristiáns máis exaltados aproveitaron as leis contra o paganismo do emperador Teodosio para lexitimar os seus ataques contra templos e institucións do paganismo. Deste xeito, a biblioteca do Serapeum foi destruída no ano 391, pensando que era a biblioteca de Alexandría, durante un "progromo" (linchamento multitudinario) antipagano, instigado por Teófilo, patriarca de Alexandría, a máxima autoridade da iglexa cristiá na rexión, que levou ao límite as leis contra o paganismo promulgadas polo emperador (pica aquí para saber maís sobre o Serapeum de Alexandría).

Hipatia de Alexandría

No 415, Hipatía de Alexandría, última representante da tradición filosófica alexandrina, morría a mans dunha horda de monxes cristiás, e xunto a ela, desaparece a súa valiosa biblioteca, ou a súa gran maioría.

A comezos do século VII, a disputa polo trono de Bizancio entre Focas e Heraclio, provoca a destrución parcial da cidade.

No 640, o Imperio Bizantino sufriu a irrupción dos árabes e Exipto quedou nas súas mans. Algunhas versións apuntan a que a biblioteca foi completamente destruída por eles, pero hai moitos estudiosos que afirman que todo isto foi unha invención para culpar aos musulmáns do que fixeran os cristiáns anteriormente. Así pois, algúns autores pensan que a Biblioteca foi desaparecendo de forma progresiva e que cando chegaron os árabes apenas quedaba nada.

O destino quixo que, recentemente, no 2011, un incendio acabase tamén coa biblioteca da Academia das Ciencias de Exipto no Cairo, que albergaba valiosos documentos que se remontaban ao século XVIII.

Desgrazadamente hoxe en día vemos que a destrución de monumentos da Antigüidade non cesa. Son contínuas as novas na prensa que nos falan de bombardeos e saqueos de xacementos arqueolóxicos de incalculable valor a cargo do Estado Islámico, como podemos observar neste artigo da BBC.

Tempo de Bel (Palmira, Siria) antes do ataque de ISIS

Imaxe: 2015 | BBC

Tempo de Bel (Palmira, Siria) despois do ataque de ISIS

Imaxe: 2015 | BBC

A antiga biblioteca, a máis grande da súa época, tiña como obxectivo principal divulgar, promocionar e preservar a cultura da época. Contiña libros que foran levados dende Atenas.

Grandes pensadores e homes ilustres pasaron por esta biblioteca:

  • Euclides: matemático, IV século a.C. Foi o pai da xeometría e o pioneiro no estudo da óptica.

  • Aristarco de Samos: astrónomo, III a.C. Foi o primeiro en presumir que os planetas xiran en torno do Sol. Usou a trigonometría na tentativa de calcular a distancia do Sol e da Lúa, e o tamaño deles.

  • Arquímedes: matemático e inventor, III a.C. Realizou diversas descubertas e fixo os primeiros esforzos científicos para determinar o valor do número pi (π).

  • Calímaco: poeta e bibliotecario grego, compilou o primeiro catálogo da Biblioteca de Alexandría, que foi un marco na historia do control bibliográfico, que posibilitou a creación da relación oficial da literatura grega clásica.

  • Eratóstenes: polímata (do grego πολυμαθής, individuo que destaca en diversas ramas do saber), foi un dos primeiros bibliotecarios de Alexandría, III a.C. Calculou a circunferencia da Terra con bastante aproximación.

  • Galeno: médico, II d.C. Os seus libros sobre a ciencia da medicina tornaranse fundamentais por moitos séculos.

  • Herófilo: médico tamén, é considerado o fundador do método científico, o primeiro en suxerir que a intelixencia e as emocións son algo propio do cerebro e non do corazón.

  • Hipatia: astrónoma, matemática e filósofa, III d.C. Unha das maiores matemáticas, directora da Biblioteca de Alexandría.

  • Ptolomeo: astrónomo. Os seus escritos xeográficos e astronómicos serán un modelo a seguir co paso dos anos. A súa aportación fundamental foi o seu modelo do Universo: cría que a Terra estaba inmóbil e ocupaba o centro do Universo, e que o Sol, a Lúa, os planetas e as estrelas xirabas ao seu arredor.

  • Aristófanes de Bizancio: bibliotecario da Biblioteca de Alexandría, foi o que inventou a coma. Antigamente a maneira de escribir era en scriptio continua, é dicir, os textos eran escritos de corrido sen signos de puntuación nin separación entre palabras. A proposta del foi indicar mediante un sistema de puntos a cantidade de aire que o orador debería tomar en cada pausa para poder acometer sen afogos o fragmento do texto ata a seguinte pausa. Máis información aquí.

  • Zenódoto: foi un poeta épico e filólogo, discípulo de Filetas de Cos en tempos de Tolomeo I (anos 290 e 270. a. C). Foi o primeiro director da Biblioteca de Alexandría e o encargado de darlle unha organización lóxica. Esta organización baseábase nun sistema de almacenamento alfabético segundo o seu autor, e que foi posible grazas a un grupo de traballadores que se esmeraron naquela tarefa, tarefa que Zenódoto viu rematada. Máis información aquí.

Xeocentrismo e Heliocentrismo

Ptolomeo, Aristarco, Copérnico, Galileo e Giordano Bruno.

  • Ptolomeo (100 d.C-170 d.C.) pensaba que a terra era o centro do universo (xeocentrismo).

  • Aristarco (310 a.C- 230 a.C.) pensaba que a Terra viraba ao redor do Sol (heliocentrismo).

  • Copérnico (1473 d.C.- 1543 d.C.), moitos séculos despois, recupera a teoría heliocéntrica de Aristarco.

  • Galileo Galilei (1564 d.C.-1642 d.C.) segue a Copérnico, e é condenado por facelo.

  • Giordano Bruno (1548 d.C-1560 d.C.) tamén segue a Copérnico, e é queimado vivo

Proceso contra Giordano Bruno. Relevo de bronce. Ettore Ferrari (1845-1929), Campo de' Fiori, Rome. Imaxe | Wikipedia

O Google do século II a.C.

Un dos maiores avances da Biblioteca de Alexandría foi o seu sistema de almacenamento de papiros. Tamén dispoñía dun sistema de busca moi innovador e moderno para a época, que consistía nunha organización por orde alfabético segundo o autor. Zenódoto, o primeiro director da biblioteca, foi o encargado de levar a cabo esta tarefa. A isto tamén se lle suma que ofertaba escritos nunha gran variedade de idiomas. Así pois, podemos considerar a Biblioteca de Alexandría como o Google do século IIa.C.


Fonte: Canal Historia

A biblioteca logo se convertiu nun enorme centro de comercio e fabricación de papiros.

Para conmemorala e preservar o seu recordo, inaugurouse unha nova Biblioteca na cidade o 16 de outubro do 2002. Esta conmemoración foi promovida pola Unesco.

Esta imaxe corresponde coa actual biblioteca. Fonte: Wikipedia

Lectura: Hipatia de Alexandria

(...) Hipatia de Alejandría había nacido en la misma ciudad que los parabalanos y, sin embargo, vivía a un mundo de distancia de ellos. Mientras los parabalanos pasaban los días trabajando laboriosamente entre los sucios y los moribundos, esta intelectual aristocrática trabajaba con abstractas teorías matemáticas y astrolabios. Hipatia no solo era una filósofa; era también una brillante astrónoma y la matemática más importante de su generación.

Los victorianos, que se sintieron fascinados por ella, le atribuyeron otras virtudes póstumamente. Un famoso cuadro la representa desnuda, apoyada en un altar, con su cuerpo núbil protegido por poco más que sus leonados rizos sueltos.

Una novela sobre ella, obra del reverendo Charles Kingsley, autor de la novela infantil "Los niños del agua", está repleta de emocionadas frases como «la más severa y mayor expresión de la belleza de la antigua Grecia» y cavilaciones sobre sus «curvados labios» y la «gloriosa elegancia y belleza de cada una de sus líneas».

Hypatia. Charles William Mitchell (1854–1903). Imaxe | Wikipedia
(...) Los victorianos, que se sintieron fascinados por ella, le atribuyeron otras virtudes póstumamente. Un famoso cuadro la representa desnuda, apoyada en un altar, con su cuerpo núbil protegido por poco más que sus leonados rizos sueltos. (...)

Esto, por desgracia, son patrañas románticas. Hipatia era, sin duda, una belleza, pero lejos de acomodarse, ella y sus sueltos rizos, en los altares, vestía siempre con el uniforme austero y discreto de la túnica de filósofo, que cubría todo su cuerpo. Estaba entregada a la vida de la mente y no a la de la carne, y se mantuvo virgen. Cualquier hombre con la osadía de intentar convencerla de que abandonara su resolución se encontraba con una respuesta inquebrantable.

Se dice que uno de sus estudiantes se enamoró de ella y «al no ser capaz de controlar su pasión», le confesó sus sentimientos.

Hipatia le respondió con brusquedad. «Llevó algunas de sus compresas y las arrojó delante de él, y dijo: “Tú amas esto, joven, y no hay nada hermoso al respecto”.» La relación comprensiblemente, no fue más allá.

A principios del siglo V d.C., Hipatia se había convertido en una especie de celebridad local. Alejandría era una ciudad que, durante cientos de años, había estado a los pies de sus intelectuales. Casi tan pronto existió una ciudad en ese lugar, hubo una biblioteca, y, en cuanto hubo una biblioteca, se empezaron a acumular historias sobre ella, y en especial sobre su fundación. Según una de estas crónicas, Ptolomeo II, el gobernante de Alejandría, había escrito una carta a todos los reyes y gobernantes de la tierra, rogándoles que le mandaran las obras literarias de toda clase de autores «poetas o prosistas, rétores y sofistas, médicos y adivinos, historiadores y todos los demás». No solo en griego, sino en todos los idiomas. También se buscaron y reclutaron expertos de todas las naciones para que ejercieran como traductores. «A cada grupo [de sabios] le fueron confiados sus textos respectivos, y así se preparó de todos ellos una traducción al griego.» (...)

(...) Los analfabetos parabalanos («hombres bestiales, realmente abominables», como les llamaría más tarde un filósofo) sabían lo que eran esos instrumentos. No eran instrumentos de las matemáticas y la filosofía, no, eran obra del diablo. Hipatia no era una filósofa, sino una criatura del infierno. Era ella quien estaba volviendo a toda la ciudad contra Dios con sus trucos y sus embrujos. Estaba volviendo atea a Alejandría. Naturalmente, parecía una mujer atractiva, pero así era como obraba el demonio. Hipatia, decían, había «engatusado a mucha gente mediante engaños satánicos». Y, peor aún, había engatusado a Orestes. ¿Acaso no había este dejado de ir a la iglesia? Estaba claro, lo había «seducido con su magia». No se podía permitir que siguiera así.

Un día de marzo del 415 d.C., Hipatia salió de su casa para hacer su recorrido diario por la ciudad. De repente, se encontró bloqueada por una «multitud de creyentes en Dios». Le ordenaron que bajara de su cuadriga. Sabedora de lo que recientemente le había pasado a su amigo Orestes, debió de darse cuenta al bajar de que la situación era grave. No podía imaginarse, sin embargo, hasta qué punto. En cuanto hubo puesto los pies en la calle, los parabalanos, bajo la guía de un magistrado de la Iglesia llamado Pedro —«en todos los sentidos un perfecto creyente en Jesucristo»—, rodearon y retuvieron a la «mujer pagana». Después, arrastraron a la más importante matemática viva de Alejandría por las calles hasta una iglesia. Una vez dentro, le arrancaron las ropas del cuerpo y, después, utilizando como cuchillas pedazos rotos de cerámica, le arrancaron la piel. Algunos dicen que, mientras aún respiraba, le arrancaron los ojos. Una vez muerta, despedazaron su cuerpo y arrojaron lo que quedaba de la «hija luminosa de la razón» a una pira y lo quemaron. (...)

LA EDAD DE LA PENUMBRA

CATHERINE NIXEY


páx: 173; 174
Ficha técnicaNº de páxinas: 320Editorial: TAURUSIdioma: CASTELLANOEncuadernación: Tapa brandaISBN: 9788430619542Ano de edición: 2018Praza de edición: ES

Ciencia

Na etapa helenística, os filósofos, a diferenza dos de hoxe en día, estudaban temas relacionados coa bioloxía, coas matemáticas e incluso coa astronomía. Grazas aos seus descubrimentos, herdamos algunhas das bases da ciencia moderna. Vexamos pois os máis importantes científicos e inventores:

  • Aristarco de Samos (Ἀρίσταρχος, c. 310 - c. 230 a. C): astrónomo que estableceu que a Terra xiraba sobre o seu propio eixo e, á súa vez, movíase arredor do Sol (teoría do Heliocentrismo). Isto non foi aceptado porque non podía probalo, pero máis tarde Copérnico seguiría as súas bases.

Ángulo entre o Sol e a Luna. Fonte | wikipedia
  • Arquímedes (Ἀρχιμήδης, ca. 287 a. C. – ca. 212 a. C): un día meteuse nunha bañeira chea de auga e observou que esta se desbordaba. Así estableceu que un obxecto sumerxido despraza o seu propio volume de auga, isto é, o coñecido en física como Principio de Arquímedes.

Imaxe: Arquímedes traballando nos seus proxectos. Fonte | Wikipedia
  • Tales de Mileto (Θαλῆς ὁ Μιλήσιος, c. 625/4 a. C. -c. 547/6 a. C): calculou a altura dunha pirámide exipcia medindo a súa sombra (Teorema de Tales). Tamén se di que predixo unha eclipse solar.

  • Anaximandro (Ἀναξίμανδρος, c. 610 a. C. -c. 546 a. C): deduciu que boa parte da Terra estivera cuberta por auga. Ademais pensaba que os humanos non aparecemos neste Mundo coa forma que temos, senón que vimos dunha criatura anterior, quizais un peixe. Isto, como vemos, son as bases da Teoría da evolución de Darwin.

Teorema de Tales. Fonte | wikipedia.
Reconstrución do primeiro mapa elavorado por Anaximandro, actualmente perdido. Fonte | wikipedia.
  • Xenófanes (Ξενοφάνης, 580 a. C - 466 a. C): descubriu que os fósiles eran restos de plantas e animais conservados na rocha.

  • Anaxágoras (Αναξαγόρας, 500 - 428 a. C): observou que a luz da Lúa non é propia, senón que provén do Sol. Descubriu tamén que as eclipses son provocadas pola Lúa ó pasar entre a Terra e o Sol, bloqueando así a luz.

  • Pitágoras (Πυθαγόρας, ca. 569 a. C. – ca. 475 a. C): entre as súas achegas, a máis coñecida e estudada por nós e o Teorema de Pitágoras sobre os triángulos rectángulos.

  • Outros eruditos como Euclides (Ευκλείδης, ca. 325 - ca. 265 a. C.) e Arquímedes (Ἀρχιμήδης, ca. 287 a. C. – ca. 212 a. C.) descubriron moitas regras básicas de matemáticas e elaboraron teoremas aínda utilizados hoxe en día na xeometría. Coñeceron unha aproximación do número π.

Imaxe do teorema de Pitágoras. Imaxe extraída da Wikipedia.

Unha das ciencias máis importantes da época foi a medicina. Naquel entón moitos médicos gregos eran sacerdotes de Asclepio (Ἀσκληπιός), o deus da medicina (Esculapio para os romanos), ó que se lle adicaban festas e construían templos. Nun principio, os enfermos encomendábanse a este deus para que os curara, pero logo, coa medicina, tentouse buscarlle unha solución científica ás diferentes doenzas.

Instrumentos cirúrxicos. Fonte | Ana Ovando na galería Chiron en Flickr
Papiro de Oxirrinco que mostra un framgento dos Elementos de Euclides. Fonte | wikipedia.
  • Hipócrates

Foi médico da antiga Grecia que se exercitou durante o chamado século de Pericles (s. V a.C.).

Está clasificado como unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores considéranlle o "pai da medicina", en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras contribucións a esta ciencia como o fundador da escola que leva o seu nome.

Pintura mural que representa a Galeno e Hipócrates. Siglo XII, Anagni (Italia)

Esta escola intelectual revolucionou a medicina do seu tempo, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos que tradicionalmente estivo asociado (principalmente teoloxía e filosofía) e convertendo o exercicio da mesma nunha profesión auténtica. Atribúeselle un gran progreso no estudo sistemático da medicina clínica, recollendo os coñecementos médicos das escolas anteriores e prescribindo prácticas médicas de gran importancia histórica, como o xuramento hipocrático e outras obras.

O xuramento Hipocrático

O código aplicábase a todos os que realizaban a profesión médica e xuraban públicamente nunha cerimonia de imposición de loureiros cando os aprendices eran aceptados por un profesor e comezaban a súa formación na nobre arte de curar. Un dos principais preceptos do xuramento afirma que cada médico debe ensinar aos fillos dos seus profesores, os seus propios fillos e, finalmente, a calquera estudante que desexa aprender e tomou o xuramento correctamente, pero a ninguén máis.


Para máis información ver Juramento Hipocrático
Estudiantes de Medicina prometendo o Xuramento Hipocrático

Xuramento

Xuro por Apolo, médico, por Asclepio, Higea e Panacea e poño por testemuñas a todos os deuses e deusas, de que hei de observar o seguinte xuramento, que me obrigo a cumprir en canto ofrezo, poñendo en tal empeño todas as miñas forzas e a miña intelixencia.

Tributarei ao meu mestre de Medicina o mesmo respecto que aos autores dos meus días, partirei con eles a miña fortuna e socorrereinos se o necesitasen; tratarei aos seus fillos como aos meus irmáns e se queren aprender a ciencia, ensinareilla desinteresadamente e sen ningún xénero de recompensa.

Instruirei con preceptos, leccións orais e demais modos de ensino aos meus fillos, aos do meu mestre e aos discípulos que se me unan baixo o convenio e xuramento que determine a lei médica, e a ninguén máis.

Establecerei o réxime dos enfermos do xeito que lles sexa máis proveitosa segundo as miñas facultades e o meu entender, evitando todo mal e toda inxustiza. Non accederei a pretensións que busquen a administración de venenos, nin suxerirei a ninguén cousa semellante; abstereime de aplicar ás mulleres pesarios abortivos.

Pasarei a miña vida e exercerei a miña profesión con inocencia e pureza. Non utilizarei o coitelo, nin sequera cos que sofren de cálculos renais, deixando tal operación aos que se dedican a practicala.

En calquera casa onde entre, non levarei outro obxectivo que o ben dos enfermos; librareime de cometer voluntariamente faltas inxuriosas ou accións corruptoras e evitarei sobre todo a sedución de mulleres ou homes, libres ou escravos.

Gardarei segredo sobre o que oia e vexa na sociedade por razón do meu exercicio e que non sexa indispensable divulgar, sexa ou non do dominio da miña profesión, considerando como un deber o ser discreto en tales casos.

Se observo con fidelidade este xuramento, sexame concedido gozar felizmente a miña vida e a miña profesión, honrado sempre entre os homes; se o quebranto e son perxuro, caia sobre min a sorte contraria.

Literatura

Coñécese como literatura helenística ou alexandrina aquela escrita entre fins do s.IV e o s.I a.C. Chámase así por ser o principal foco de atención a cidade de Alexandría fundada por Alexandre Magno. Esta cidade tivo moita importancia no cultivo e difusión das letras e da arte. Para isto alí había situado un museo e unha biblioteca.

Os escritores máis destacados desta época son:

  • Apolonio de Rodas (Απολλώνιος ο Ρόδιος, 295 a. C. - 215 a. C): autor da terceira gran epopea grega logo da Ilíada e da Odisea; as Argonáuticas. Tamén escribiu sobre a gramática.

  • Teócrito (Θεόκριτος, ca. 310 a. C. - ca. 260 a. C.): seguiu os pasos do anterior. Este poeta grego creou a poesía pastoril, que logo inspiraría a numerosos poetas. Tamén escribiu algúns himnos e épica.

  • Longo (Λόγγος, 150 d.C - 230 d.C): novelista grego que escribiu novela pastoril e romance. A súa obra máis importante é Dafnis e Cloe.

  • Heliodoro (Ἡλιόδωρος): autor de obras tan importantes nesta época como as Etiópicas ou Teáxenes e Cariclea.

  • Heródoto de Halicarnaso (Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς, 484 - 425 a. C): primeiro historiador grego considerado “pai da Historia”. Escribiu sobre os pobos persa e exipcio e sobre as Guerras Médicas.

  • Tucídides (Θουκυδίδης, 460 a. C - 395 a. C.): historiador, a obra que escribiu sobre a Guerra do Peloponeso é considerada unha das mellores da Antigüidade.

  • Xenofonte (Ξενοφῶν, 430 a. C - 354 a. C): historiador, loitou nas Guerras Médicas e escribiu sobre elas, sobre a historia de Grecia, as tácticas militares, a política, e sobre os cabalos.

Artes

As artes deixaron de baseárense en modelos ideiais levando isto a un maior naturalismo. Para isto os artistas fixáronse moito na figura humana e en todas as súas características (beleza, fealdade...) e etapas (anos mozo, vellez...).

As conquistas de Alexandre permitiron unha maior difusión das artes helenas e comezáronse a representar personaxes e temas doutras culturas. Todo posuía unha grande ornamentación e tamaño. Pasemos pois a nomear algúns artistas daquel entón:

Imaxe: "Lacoonte e os seus fillos", copia do orixinal do ano 200 a.C. | Fonte: Wikipedia Completar curso 2020/21
  • Apeles (Απελλής), 352 - 308 a. C.): adicouse a pintar as fazañas e xentilezas de Alexandre. El era un dos elixidos para poder representar o grande emperador. Dáballe ás súas obras un brillo especial grazas a un verniz negro chamado atramentum.

  • Leocares (Λεωχάρης, 350 - 300 a.C.): escultor que traballou sobre todo en Atenas. Esculpiu en bronce obras como a Diana de Versalles, o Zeus dos Museos Capitolinos ou o Apolo de Belvedere.

Imaxe: Apeles fai calar a Alexandre mentres o pinta. Obra de Salvator Rosa (1661). Fonte: wikipedia.
Imaxe: Apolo de Belvedere. Fonte: mmarftrejo na galería Chiron en Flickr.
  • Eufránor (Ευ'φράνωρ, 390 a.C - 325 a. C.): destacou na pintura, na escultura e na teoría destas. Realizou esculturas como a de Atenea, Agatodemo ou Leto cos seus fillos. Na pintura representou ós doce deuses e no lado oposto destes a Teseo e Demos, a tolemia finxida de Odiseo, e unha batalla entre atenienses e beocios.

Imaxe: detalle do conxunto de Alexandre Rondanini copia romana do orixinal de Eufránor. Fonte: wikipedia.
Imaxe: Atenea. Copia romana do orixinal de Eufránor. Fonte: wikimedia Commons