Post date: Apr 24, 2016 2:06:20 PM
Na mitoloxia grega, Hades era o deus do inframundo, é dicir, era o responsable de todo o que atopaba baixo a superficie terrestre. Agora a ciencia moderna recupera o nome de Hades para referirse a unha forma de vida descoñecida: un grupo de microorganismos que non necesitan nin luz nin osíxeno para colonizar zonas profundas e extremadamente cálidas do subsolo terrestre.
O equipo liderado por Brett Baker, (da Universidade de Texas, Estados Unidos), e Thijs Ettema, (da Universidade de Uppsala, Suecia), propoñen a asignación do nome de Hadesarquea a un grupo de arqueas (microorganismos unicelulares sen núcleo), descuberto nunca mina de ouro de Sudáfrica, a máis de 80 grados de temperatura.
Os resultados dos primeiros estudos xenéticos destos novos deuses do inframundo preséntanse nun artículo publicado pola revista Nature Microbiology,
Fonte e Imaxe (Microorganismo que vive sen osíxeno e luz a 3.000 metros baixo terra.) | La Vanguardia