Foi descuberta unha tumba da época micénica en Salamina

Post date: Apr 30, 2017 3:05:06 PM

Durante uns traballos de conexión dunha vivenda á rede central de alcantarillado, foi descuberta en Salamina unha tumba micénica que data dos séculos XIII-XII a.C.

A arqueóloga Ada Kattoula declarou que xa é a terceira tumba localizada na zona. Estes achados levaron ao descubrimento de 41 vasos de cerámica intactos, con decoracións de gravados típicos da época, así como pezas de aproximadamente 10 vasos.

A tumba forma parte dunha necrópole da época micénica descuberta fai tempo e que xa fora investigada nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo nos ano 1964, 1992 e 2009. A cámara, talada na roca natural da zona, mide 2,6 metros de longo por 2,9 metros de ancho e ten unha altura de 1,5 metros no seu punto máis alto. É un pouco máis pequena que as outras dúas tumbas da necrópole, que miden 3 x 3 metros.

A tumba contiña restos óseos de, polo menos, cinco persoas, indicando que era unha tumba grupal típica da época. As tumbas da cámara estaban escavadas na roca e consistían nunha cámara con forma máis ou menos cadrada á que se accedía a través dun corredor ou dromos. Con cada novo enterramento, a entrada abríase e os restos dos mortos anteriores apartábanse a un lado para deixar espazo ao novo corpo e as súas posesións. A tumba permanecerá enterrada mentres se estudan os esqueletos e os vasos atopados dentro. O achado contribuitá a darnos unha imaxe completa da necrópole micénica de Salamina.