Alexandre e Escipión botan un pulso
Post date: May 6, 2017 8:32:55 AM
Valerio Manfredi e Santiago Posteguillo confrontaron ás súas personaxes no festival literario Mot. Manfredi (Alexandre) destacou polo seu romanticismo e poesía; Santiago (Escipión) polo seu enxeño, perspicacia e sentido común. Ambos parecían representar as súas personaxes.
Estes dous escritores acudiron, con moitos outros de gran nivel, ao festival de Mot para falar de cómo se escribe sobre o pasado; no seu caso de cómo se escribe sobre a Antigüidade clásica.
O mellor do encontro entre Valerio Manfredi e Santiago Posteguillo non foi precisamente militar. Posteguillo reivindicou o xénero da novela histórica como magnífica forma de levar a Historia á xente. E Manfredi afirmou que era válido por sí mesmo como simple expresión literaria e a súa finalidade tiña que ser maravillar, sorprender e conmover ao lector. Africanus vs. Alexandros, sen dúbida. Tácito e Homero. Posteguillo e Manfredi, unhas boas Vidas paralelas.
Fonte: El país