Efialtes

Efialtes (en grego Εφιάλτης, "pesadelo") naceu en Tesalia e foi o home que traizoou a Leónidas I de Esparta no 483 a.C. Nese momento os espartanos e os persas estaban loitando polo dominio de Grecia. Os primeiros conseguiron, na Batallas das Termópilas (Segunda Guerra Médica), sendo moito menores en número, deter o avance dos invasores durante uns días. Este lugar era o único que tiñan para penetrar nas súas terras. Logo do segundo día do conflito, o espartano Efialtes, que se vira ofendido e rexeitado polos seus compatriotas a causa do seu aspecto físico, mostroulles ós persas un camiño alternativo mediante o cal podían entrar na retagarda de Leónidas co fin de obter recompensas deles. Sabendo que as súas liñas ían ser sobrepasadas, o rei espartano despediu á maioría do seu exército e uns poucos quedaron loitando contra os homes de Xerxes para protexer a retirada dos demais.

A traizón de Efialtes fixo que os gregos comezaran a perder na resistencia contra os persas, xa que tras as noticias da derrota nas Termópilas, tamén caeron na Batalla de Artemisio e retiráronse a Salamina. Así a Hélade foi caendo a mans dos invasores e todo o que conseguiran manter ata entón pasou tamén ó seu dominio(Beocia, Ática e Atenas). Os gregos subsistiron no istmo de Corinto e dende alí gañarían a guerra no 479 a.C. Ó ser derrotados os persas, Efialtes finalmente non obtivo os beneficios que pretendía obter.

Na imaxe arriba exposta podemos ver o momento do cómic 300 no que Efialtes é rexeitado polos espartanos e máis concretamente polo seu rei Leónidas I polo seu horrible aspecto. El buscaba a aceptación tentando que valorasen as súas facultades guerreiras e non o seu físico e no momento mostrado nesta parte do cómic é tirado por un barranco para que morrera.