O goberno grego desiste nas reclamacións das mármores do Partenón.

Post date: Jan 11, 2016 11:12:24 AM

Tras un ano intentando recuperar as mármores do Partenón, o goberno grego abandona o proceso legal, que comezara con expectativas positivas. Debido á actual reforma de estado,o goberno de Tsipras asumiu que non pode facer fronte a outra derrota, tanto económica como moral.Ao c

omezo do proceso, o goberno tiña unha actitude moi positiva, xa que a avogada que os representaba era Amal Clooney, a muller de George Clooney. Con isto, o pretendíase facer do asunto algo de interese mediático, para poder ter o apoio positivo e as simpatías da opinión pública. O mesmo George Clooney declarou que estas pezas de arte deberían ser devoltas a Grecia.

A decisión de abandoar o caso foi moi criticada, xa que certas opinións din que sería a única vía coa que Grecia acadaría algún resultado positivo.

Fotografía e imaxe | ABC