Confiscan un tesouro de arte antigo

Post date: Jan 15, 2018 5:10:06 PM

Os investigadores da Fiscalía de Manhattan entraron na luxosa vivenda do multimillonario Michael H. Steinhardt (un importante inversor norteamericano de orixe xudeu, que tamén se dedica á filantropía), onde buscaban obras que puideran ser roubadas de Grecia e Italia. Leváronse pezas por valor de 1'1 millóns de dólares.

O fiscal de Manhattan, Cyrus H. Vance Jr. leva anos loitando polo retorno de antigüidades saqueadas descubertas en Nova York e o seu regreso ós países de orixe. Os medios norteamericanos suliñaron que nos últimos meses Vance conseguíu devolver xa unha serie de obras de arte ós seus países de orixe, investigando tanto en grandes museos coma en casas de subastas e coleccións privadas que se encontran na súa xurisdición.

As fotos distribuidas pola Oficina do Fiscal do distrito de Nova York mostran os obxectos confiscados da colección de Steinhardt: un vaso de cerámica branca utilizado para almacenar aceite ou pomadas denominado lécito (lekythos) do s.V a.C. mostrando unha escena funeraria coa figura dunha muller e un mozo, valorado nun mínimo de 380.000 dólares, así como unha curuxa e un pato de cerámica de estilo protocorintio (730 a 620 a.C.) valorados en 250.00 dólares. Tamén confiscaron un frasco de terracota de Apulia con forma de cabeza africana do s.IV a.C., unha escultura xónica da cabeza dun carneiro (a que vemos na imaxe) e unha vasilla denominada aryballos de cerámica ática para aceites e perfumes do comenzo do s.V a.C. Segundo a Fiscalía, todos estos obxectos foron comprados nos últimos 12 anos por un valor total de 1.100.000 dólares, segundo os documentos presentados.Según recolle o «New York Times», o inversor xudeu, tamén coñecido por ser un gran mecenas e coleccionista de arte clásico grego dende fai trinta anos, non quixo comentar «polo momento» sobre a confiscación de nove obxectos da súa colección privada que se atopaban na súa vivenda. Pero espéranse novas sobre estos obxectos e o resto da súa colección, xa que algúns dos obxectos devoltos a Líbano nos pasados meses eran seus. Steinhardt explicou cómo os adquirira dunha parella norteamericana, Lynda e William Beierwaltes, que os compraran a un anticuario británico, Robin Symes, en Londres.

Fonte | ABC

Imaxe | La túnica de Neso