Restauración do santuario de Asclepio

Post date: Jan 27, 2016 5:47:09 PM

O Asclepieion, tamén coñecido como o santuario de Asclepio (deus grego da mediciña e a curación para os romanos), encóntrase na ladeira sur da Acrópole e descoñecíase ata fai poucos anos, xa que se descubriron montóns de pezas arquitectónicas e restos de construción que pertencían ao templo. Hai un total de 450 pezas encontradas nos montóns de pedras identificadas. Considerábase un edificio perdido. O primeiro santuario construíuse en 420-419 a.C. e o segundo templo construíuse enriba deste durante o século I a.C. Estase restaurando a segunda fase e tamén as zonas onde tivo lugar no século III d.C a invasión dos hérulos, na cal foron destruídos moitos monumentos de Atenas. Fonte: A. Makris | Greek Reporter