A Tumba de Anfípolis será aberta ao público dentro de tres anos

Post date: Nov 23, 2017 6:53:27 PM

Durante a presentación dunha exposición no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas, a ministra de Cultura e Deportes, Lydia Koniordou, sinalou que a Tumba de Kasta en Anfípolis abrirá para os visitantes dentro de tres anos.

Koniordou explicou que algunhas seccións do monumento parecen que foron construídas en diferentes períodos de tempo, aínda que principalmente durante a época helenística no S. IV a.C. Tamén se atoparon nos arredores unha gran cantidade de materiais de construción que se retiraron durante a época romana e que serán devoltos a Kasta.

O ministerio seguerá tamén adiante coas expropiacións de terras cercanas á tumba co fin de fusionar o sitio arqueolóxico e permitir máis traballos de escavación. As obras de restauración estrutural da Tumba comenzarán a finais de 2018 - principios de 2019 e estarán terminadas nun ano. Tras isto, relizarase a preservación de todos os murais, chans e elementos decorativos e a construción dunha cuberta para protexer o monumento que se espera que sexa en 2021.

Fonte e imaxe: Greek Reporter