Unha das sete marabillas do mundo antigo chega a CaixaForum Barcelona

Post date: Jun 1, 2018 11:49:23 AM

Resultado de imagen de mausoleo de halicarnaso caixaforum

Baixo o nome de Agón! A competición na Antiga Grecia, o museo CaixaForum de Barcelona abre ao público unha nova exposición artellada conxuntamente pola obra social A Caixa e o British Museum. Entre as obras expostas, destacan as esculturas e o fragmento de friso procedentes do Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo.

A mostra, que compila máis de 170 obras maestras ata entón nunca extraídas do museo de Londres (e restauradas exclusivamente para a ocasión), reflexiona acerca do individualismo en contraposición á personalidade colectiva do pobo helénico. O seu mesmo nome, Agón, ven significando "contenda" ou "desafío" en grego, posto que os gregos pensaban que a competitividade era algo inherente á natureza humana. De feito, esta completa colección invita a descubrir cómo a competición dominaba todos os aspectos da vida na Antiga Grecia: a guerra e o deporte, os xogos infantiles, a creación artística, as tareas cotidianas ou os deuses e mitos. Incluso se poden ver as canicas e dados que os nenos empregaban para xogar fai máis de 2000 anos.

Agón! presta, ademais, especial atención aos antigos pobos e culturas, e á forma en que estes se enfrentaron a dilemas universais. A última parte do percorrido, que fai referencia á morte, é a que presenta as célebres esculturas do Mausoleo de Halicarnaso, a tumba do rei Mausolo.

Fonte e imaxe | La Vanguardia