Descubren restos dun templo grecorromano no oasis de Siwa, en África

Post date: May 20, 2018 4:10:39 PM

A uns 50 km do oasis de Siwa, famoso polo oráculo de Amón que visitou Alexandro Magno tras fundar Alexandría, acaban de encontrarse restos dun templo grecorromano. Ademais de encontrar a entrada principal, a parte frontal e un muro exterior que conduce a un patio dianteiro coa entrada a diversas estancias, tamén puideron atopar linteis decorados con escenas, piares con decoracións da ova e do dardo, olas, moedas, a cabeza dunha estatua con trazos gregos e dous leóns de pedra caliza, un sen cabeza.Fonte | National GeographicImaxe | National Geographic