Descobrese un anfiteatro en Léucade

Post date: Feb 26, 2016 10:43:46 PM

Ata a hora do seu descubrimento non se tiña constancia do anfiteatro recén descuberto na Illa grega de Lefkada, xa que ningunha fonte antiga falaba del.

As excavacións levounas a cabo o Ministerio de Cultura coa axuda do concello de Léucade. Encontráronse varias filas de asentos, varias seccións da orquestra e do muro de contención; con todo isto puídose demostrar a existencia dun anfiteatro. Ademais, Olimpia Vikatu (diretora do Departamento de Antigüedades da zona) dixo que se trataba dun teatro antigo de gran tamaño, o único localizado ata agora nas Illas Xónicas.

Fonte: Panorama Grego