Atopadas unhas estatuas de Ártemis e o seu irmán Apolo

Post date: Jan 29, 2016 4:30:11 PM

Foron atopadas unhas estatuas de Ártemis e o seu irmán Apolo (de mármore) tras unhas escavacións en Creta. As esculturas son de pequeno tamaño. Ártemis, deusa protectora de Áptera, encóntrase en perfectas condicións e está de pé sobre unha base cadrada de cobre. Leva un chiton ou túnica corta. Apolo é máis simple e aparenta ter unha cor vermella.Ambas as dúas importáronse de centros artísticos fóra de Creta coa intención de servir de decoración para un altar nunha residencia de luxo romana. As primeiras estimacións datan ambas estatuas entre finais do século I, principios do II d.C.

Fuente: ANA-MPA | A. Makris – Greek Reporter