A antropóloga, tradutora e historiadora María Belmonte concedeu á institución cultural Casa Mediterráneo unha entrevista sobre o seu derradeiro libro, En tierra de Dioniso. Vagabundeos por el norte de Grecia, publicado o pasado 8 de febreiro de 2021. Esta obra busca emprender unha viaxe pola cultura, o pasado, a mitoloxía e a paisaxe de Macedonia, o berce do gran Alexandre Magno.
Foi a súa profesora de grego a que lle induciu o interese por esta rexión grega ó definir a Macedonia coma “outra Grecia”, máis desapercibida para o turismo. Con todo, sempre estivo fascinada pola cultura grecolatina en xeral. Como ela mesma di, o xerme da súa predilección foi unha enciclopedia que lle regalaron de pequena e que, entre outras cousas, trataba sobre a mitoloxía grega e romana.
Para ela, Grecia é, polo seu pasado histórico cos otomanos, unha ponte entre Oriente e Occidente. E os aspectos gregos concretos nos que se centra Belmonte neste libro son a escura natureza de Dioniso, a grandiosidade de Alexandre Magno, sen deixar de lado as fazañas do seu pai Filipo, e a curiosidade insaciable de Aristóteles. Tamén nos fala do genius loci, o espírito que albergan certas localizacións nas que tiveron lugar sucesos importantes no pasado. Esa é unha sensación que ela admite experimentar grazas á carga histórica que posuímos os individuos, polo menos en Europa.
O Goberno grego aproveitou a caída do turismo na pandemia para iniciar en outubro do ano pasado unha serie de reformas na Acrópole de Atenas. Unha das medidas máis destacadas foi o ensanchamento e repavimentación da rampla oeste de acceso á Acrópole, a máis empregada. Aqueles que defenden esta reforma argumentan que a nova rampla aumenta a seguridade dos turistas con mobilidade reducida, fai máis cómodo o paseo dos visitantes e permite a entrada dos vehículos de conservación. Por outra banda, os que están en contra da reforma denuncian que a verdadeira intención do Goberno é ampliar o aforo turístico da Acrópole. Aseguran ademais que o material empregado é prexudicial para a hidrografía do terreo, de aí que nuns días de choiva intensa se inundase a parte baixa do outeiro. Ademais, un home en silla de rodas que caeu nunha pasarela de madeira afirmou que o formigón desta nova rampla semellaba para el igual de perigoso.
Mais isto non remata aquí, pois os plans do Goberno inclúen crear unha rede de terrazas na Acrópole co pretexto de que as había no século V a.C. Os detractores da proposta pensan que non ten sentido ter preferencias polo aspecto da Acrópole nun momento concreto da súa historia e que a reforma busca en realidade albergar a máis turistas. E iso non é todo, pois o Goberno tamén está considerando a posibilidade de reconstruír a escalinata de mármore dos Propileos. Esta medida deterioraría o material arqueolóxico de xeito irreversible.
María Belmonte trasládase a moitos quilómetros de distancia, ás ruínas da vella Pela, a antiga capital do reino macedonio. “Aí estiveron Alexandre, Filipo, Aristóteles e Eurípides, e agora estou eu; non lle podes pedir máis a un lugar, se iso non che sobrecolle…”. É a mesma maxia do seu novo libro, En terra de Dioniso, vagabundaxes polo norte de Grecia (Cantil), convertido nun dos máis vendidos na diada de Sant Jordi en Cataluña: “Non podía contemplar como era Pela hai 2.400 anos, pero a súa beleza truncada manifestábase coma se fosen os fragmentos Ruinas del santuario de Démeter, en la antigua Dío
Dun antigo poema xestado co lento ritmo dos séculos. A min correspondíame reunilos de novo e imaxinar a antiga grandeza”, relata na súa nova obra.
É un itinerario nado do “desexo do norte”, de “unha urxencia por coñecer a terra de Alexandre, de Filipo, de Aristóteles”, en busca do genius loci, o espírito do lugar, que diría Lawrence Durrell, cos mestres da autora na súa mochila (o mesmo “tío Durrell”, Paddy Leigh Fermor, Henry Miller) e as súas lecturas favoritas, de Estacio a Robin Lane Fox, Bruce Chatwin e Dalrymple, dos gregos e o irracional, de E. R. Dodds, ás traxedias de Eurípides, especialmente As bacantes. Na viaxe, tamén un compás inesperado: as películas de Theo Angelopoulos e as declaracións do cineasta grego de que o norte do seu país, máis escuro e enigmático, inspíralle máis que o sur.
A autora da obra, é a profesora Dámaris Romero, doutora en Filoloxía clásica e coordinadora do Grao de Xestión Cultural da Universidade de Córdoba. O libro de Dámaris Romero, primeiro publicado pola autora no campo da divulgación cultural e histórica, complementa a súa extensa produción académica, e ten como obxectivo mostrar aspectos non tan coñecidos da cultura grega pola xente, relatados de maneira próxima. Así, recóllense capítulos referidos ás crenzas máis aló da propia relixión, como as pantasmas ou as supersticions. Nesa mesma liña, hai outros capítulos dedicados á vida cotiá, como a hixiene ou os nacementos e as mortes, onde se contan a maneira excepcional na que a varios personaxes anuncióuselles como nacerían ou morrerían. Personaxes tan famosos como Alexandre Magno ou Pericles, cuxo nacemento veu acompañado de prodixios, e outros menos como os filósofos Arcesilao e Lácides, que tiveron unha morte etílica, desfilan por estas páxinas.
Arqueólogos gregos desenterraron por casualidade un ídolo taurino de bronce de máis de 2.500 anos durante unhas escavacións realizadas no xacemento da antiga cidade de Olimpia, segundo informou o Ministerio de Cultura do país heleno. Un arqueólogo que supervisaba as obras atopou a pequena estatua durante os traballos no complexo, un dos santuarios máis famosos da Antiga Grecia. Os fieis dedicaban estes obxectos ao seu consolo, como súplica ou como signo de pracer. A figura foi atopada intacta, cun dos seus cornos atravesados na terra despois de que se rexistrasen fortes choivas na zona, preto dun templo dedicado ao deus Zeus en Olimpia. A peza xa foi trasladada a un laboratorio para a súa conservación.
Fonte e Imaxe | EL ESPAÑOL
Publicado por Sofía Fernández (14/04/21)
Un casco utilizado polos antigos guerreiros gregos en estupendo estado de conservación foi descuberto nas augas da cidade de Haifa, en Israel. Trátase dunha peza de bronce que debeu pertencer a algún soldado que loitou nas famosas guerras médicas. Forxado aproximadamente hai 2.500 anos, foi achado polos mariñeiros dun barco holandés no porto de Haifa en 2007 e entregado ás autoridades competentes en materia patrimonial. Foi o capitán da embarcación, Hugo van de Graaf, o encargado de proporcionar o valioso obxecto á Unidade de Mariña da Autoridade de Antigüidades de Israel. Os investigadores estiveron analizándoo durante máis dunha década e agora deuse a coñecer.
Fonte e Imaxe | EL ESPAÑOL
Publicado por Sofía Fernández (14/04/21)
Desde que se estrenou en 1997, a película da factoría Disney «Hércules» foi a porta de entrada á mitoloxía clásica de varias xeracións de nenos e mozos que tiveron os seus primeiros contactos con este apaixonante mundo da man desta historia de animación.
Aínda que é certo que se toma unhas liberdades enormes que un purista consideraría intolerables o tempo demostrou que é unha aproximación atractiva ao complexo mundo da mitoloxía e que o neno que hoxe ve a película é posible que o día de mañá acabe tendo as Metamorfoses de Ovidio entre as súas mans.
Despois dalgúns rumores que percorrían Disney, saíu a luz que este preparaba unha película de acción real para adaptar «Hércules» ao século XXI do modo no que fixo con outros títulos como «A bella e a bestia» ou «Mulán», pero a compañía abandoou o proxecto para regresarse ao mundo clásico desde un novo formato. No final da película orixinal de Disney atopabámosnos con Hércules renunciando á súa condición de deus para poder regresar e ter unha vida mortal xunto á súa amada Megara.
A novela que adaptará todo iso a este século foi escrita por Jen Calonita e esta explora a hipótese de que ocorrería se Hércules aceptase converterse nun deus e deixara a Megara no mundo dos mortais, soa. Pois só un acto de perdón e entrega que amosara a grande pureza do seu corazón deixaríaa ascender ao Olimpo xunto a Hércules e os demais deuses. Polo de agora non se sabe se existirá unha tradución ó español, o que se coñece é que a novela chegará ás librerías do mercado anglosaxón o próximo 6 de abril.
Fonte e Imaxe | Portal Clásico
Publicado por Zaira Otero Abeijón. (11/04/2021)
Se existe algunha institución que loitou durante décadas para que o latín e o grego seguisen tendo un oco nos plans de estudo das diversas comunidades autónomas de España foi a Sociedade Española de Estudos Clásicos, coñecida como SEEC. Aínda que está pendente de ver como o texto da lei é plasmado nas diversas leis educativas das comunidades, a lei Celaá é a primeira que non fai mención específica ó latín e o grego, eliminando xa que logo a especial protección da que gozaban antes.
Xa o paso do antigo bacharelato ó novo modelo supuxo a sustitución dun latín obligatorio por unha cultura clásica optativa que en moitos centros non chega a nin a impartirse. Tras isto, mesmo os bacharelatos considerados de letras diminuiron a presenza das linguas clásicas ata que hoxe en día podese cursar o itinerario de ciencias sociais sen dar latín ou o de humanidades sen grego.
No intento de rematar con esto, a secretaria da Sociedade Española de Estudos Clásicos Sección Sevilla/Huelva, María do Anxo Maeso, elevou unha petición para que o latín e o grego sexan consideradas como asignaturas especiais pola súa especial importancia histórica, xa que, como non están incluídas como obligatorias, sufren un risco grande de desaparecer nuns anos, pois non todos os IES teñen que ofertar todalas ramas do bacharelato.
Cabe destacar que ocorrerá o mesmo cos itinerarios de Humanidades, xa que se deixou de ofertar en moitos centros. Condenando así á desaparición da asignatura de grego.
Fonte e Imaxe | Portal Clásico
Publicado por Zaira Otero Abeijón. (11/04/2021)
Os museos están sendo un dos sectores máis afectados por culpa da pandemia do Covid-19, pois o cese do turismo foi un gran impacto para todos eles e, ademais, foron obligados a pechar as súas portas, privándoos de ingresos, xa que non reciben ningún tipo de axuda.
Entón, ante a situación na que se encontran, máis dun museo decidiu dixitalizar o seu contido. O museo máis famoso e que lle ofrece ó mundo unha visita por todo o seu contido é o Museo da Acrópole de Atenas. As súas pezas recreáronse cun gran realismo e mesmo puxeron vídeos e imaxes 3D, á par que xogos interactivos e elementos que crean unha experiencia máxica. A adaptación dixital tivo en conta as persoas con certas discapacidades visuais e hai programas que lles facilitan a visita.
Nun futuro próximo, farase unha dixitalización de produtos que se encontran nos almacéns do museo, feito que fará a visita online máis completa que a presencial.
Unha vez termine a situación sanitaria actual, o museo ofrecerá novos espazos físicos acondicionados para que os visitantes poidan ir ser problema algún. Unha delas será a sala de exposicións temporais e outra irá dedicada os máis cativos.
Fonte e Imaxe | Portal Clásico
Publicado por Zaira Otero (11/03/2021)
Un grupo de adolescentes en Sevilla comezou unha marcha para reclamar as clases de grego no Bacherelato. Ata o 2014 o Bachelerato de Humanidades tiña a obligación de cursar dous anos de grego, agora mesmo é unha troncal optativa en 1º y 2º.
Iso implica que se non hai unha maioria de alumnos que desexan cursalo, a asignatura deixará de impartirse. Por eso mesmo, as alumnas do instituto Néstor Almendros fixeron unha petición en change.org para que a asignatura non desapareza.
As alumnas falan de como moitas persoas están a favor desta petición, tamén nomean que o grego é o inicio de todo, que non obter esa clase é un sacrilexio e que por culpa de que non se inculca, moitos son os que non coñecen a importancia da lingua.
Marta Sanz, unha coñecida escritora, recorda a importancia da orixe das palabras e valora dunha forma positiva o movemento, tamén nos fala de como hai unha gran desvalorización cara as asignaturas de humanidades contra as científicas.
Fonte e Imaxe | Cadena Ser
Publicado por Zaira Otero (11/03/2021)
Uns arqueólogos turcos atoparon os restos dun templo de Afrodita de 2.500 anos de antigüidade nunha área de 1.600 m2 que abrangue ós distritos de Urla, Cesme e Seferihisar de Izmir. Na mesma zona foron localizados 35 asentamentos humanos prehistóricos. Os primeiros rastros do templo foron detectados no ano 2016, mais houbo que esperar até a actualidade para confirmar este achado. Ademais do equipo científico e arqueolóxico, tamén cómpre destacar o traballo dos habitantes locais, que protexeron a zona para evitar que os artefactos de valor fosen roubados.
Fonte e imaxe | Sputnik News e AA
Publicado por Ainhoa Pereiras Mosquera (06/02/2021)
Un equipo de arqueólogos en Turquía atopou ducias de estatuíñas de terracota que representan a deuses gregos, persoas e animais. As escavacións tiveron lugar na cidade turca de Demre, na que antigamente se situaba Mira, unha cidade con abundantes testemuños escultóricos que formaba parte de Licia.
Moitas das figuras non están excesivamente deterioradas a pesar dos seus 2.000 anos de antigüidade, e algunhas mesmo están pintadas. Malia isto, as figuras deberán someterse a procedementos químicos para restaurar a súa cor. Outras figuras representan unha cara que carece de corpo, polo que é probable que existan outras esculturas por descubrir. Este achado conta con figuras de Artemisa, Heracles, Afrodita, Apolo… E, ademais, tamén foron atopados obxectos de cerámica, bronce e prata ao redor das esculturas. É por iso que os arqueólogos planean continuar as investigacións nesta zona.
Fonte e imaxe | Sputnik News e LiveScience
Publicado por Ainhoa Pereiras Mosquera (06/02/2021)
Medusa, a fermosa gorgona abusada sexualmente polo deus Poseidón e castigada por Atenea, deixa de ser un trofeo para convertirse no símbolo da igualdade.
O artista arxentino Luciano Garbati creou unha estatua de bronce de dous metros de alto, a cal lle da unha gran volta ó mito grego, poñendo a Medusa ca cabeza do home que a asasinou orixinalmente, Perseo. Ela mostra na súa mirada un gran valor, a actitude dunha muller abusada que loita por defenderse e mostrar a realidade do abusador ata o final, creando así un símbolo contra o abuso sexual e contra o machismo que cada día permanece na sociedade.
A estatua da Medusa comezou sendo de resina e estivo gardada na Arxentina por dez anos, ata que este ano o 2020 se expuxo frente o Tribunal Penal de Justicia de Nova York, no lugar onde condenaron a 23 anos de prisión o abusador Harvey Weinstein polos crímenes de acoso e abuso sexual.
O obxecto foi achado durante traballos arqueolóxicos na «cuna das civilizacións», como se lle coñece á antiga cidade de Patara, polos achados que esta tivo. Acharon un altar tallado en mármore e cunha figura dunha serpe que data de máis de 2.000 años de antigüidade, este altar ten inscripcións gregas e situase preto dos baños e muros da época romana.
O académico Mustafa fala sobre o achado como un indicador da comunicación que existía na antigüidade, posto que hai templos similares noutras zonas. Tamén menciona que os antigos habitantes eran politeistas e realizaban ofrendas para calmar ós deuses do inframundo, que relacionaban coas serpes.
Tras acabar a restauración do achado, este levouse ó Museo Demre, onde será exposto.
As augas de Galicia seguen brindado tesouros únicos.
Trátase da peza máis antiga que se descubriu nas augas do norte peninsular.
O arqueólogo subacuático Miguel San Claudio e un grupo de buceadores da Unidade de Buceo de Ferrol da Armada, atoparon por casualidade, na ría de Ribadeo, un ánfora de tipo griego do século VI a.C.
Foi atopada nunha especie de pozo a uns 12-15 metros de profundidade, no medio dunhas inmersións de inspección do San Giaccomo di Galizia, un dos galeóns máis grandes da súa época que afundiu na ría lucense en 1597. "Na zona apareceron elementos de diferentes cronoloxías e orixes xeográficas (céramicas holandesas, alemanas, inglesas, italianas...) que nos dan unha imaxe de todas as relacións que tivo Ribadeo ao longo da historia", explicou o arqueólogo. “A peza reflicte o contacto con Mediterráneo no século VI a.C. Retrasou a historia do porto en case mil anos".
Fonte e imaxes: El Español Publicado por: Sofía Fernández Lustres (20/10/2020)Coa axuda de César Fornis, catedrático de Historia Antiga da Universidad de Sevilla, e autor de “El mito de Esparta” (Alianza Editorial), poñémonos en situación: 300 espartanos enfróntanse a casi seis millóns de persas no paso das Termópilas. Xerxes e os seus esixen “Terra e auga” aos homes de Leónidas, quen non están dispostos a sufrir tal humillación.
Todas as versións dos feitos (que coñecemos actualmente), foron escritas por gregos, que, dende Heródoto a Esquilo, tiraron un pouco a casa pola ventá e esaxeraron a heroicidade dos seus e o papel de viláns dos contrarios. Agora sabemos (máis ou menos) que os espartanos non foron 300, senon que foron ao redor de sete mil; e que, os persas, lonxe de seis millóns, probablemente non eran máis dunhas cantas decenas de miles.
O cinema e a literatura encargáronse tamén de propagar eses tópicos. A película máis famosa sobre o acontecemento, “Os 300”, de Zack Snyder, preséntanos, por exemplo, a Xerjes, como un rei persa que impusou a súa tiranía mesmo aos seus e que se cría dunha orixe divina.
María Paz López, profesora de Filoloxía Grega na Universidade de Alicante, identificou antigas novelas gregas nuns papiros atopados durante unha serie de traballos arqueolóxicos en Exipto, que chegaron ata os nosos días grazas ás especiais condicións de humidade e temperatura da zona. Algúns dos obxectivos dos futuros estudos son investigar sobre como eran os aspectos xurídicos e os dereitos da muller na antiga sociedade grega. Este proxecto está financiado por un programa de axudas á investigación de estudos clásicos, da Fundación BBVA.
O pazo de Zominthos, en Creta, continúa a ser escavado e, recentemente, os investigadores atoparon achados inéditos ata hoxe. Escavacións anteriores demostraron que o pazo de Zominthos existía dende o ano 2.000 a.C. (período dos primeiros pazos). Isto sabémolo porque foron atopados no seu Edificio Central pezas de cerámica e tazas do período minoico medio (sobre o 1.800 a.C.). Mais a principal novidade deste ano é que se atoparon novas edificacións arredor do Edificio Central. A primeira, o Complexo I, alberga un antigo santuario con recipientes rituais, un altar de pedra, ídolos de madeira e ouro… E o máis destacado: unha figura feminina chamada «a Dama de Zominthos». Tamén se descubriu un santuario anterior a este, practicamente no mesmo lugar.
Cómpre dicir que se atopou a maiores un segundo complexo de habitacións, próximo ó primeiro, que conta cun sistema de sumidoiros e de drenaxe avanzado para a súa época. Ademais, atopáronse restos cerámicos que indican o uso do complexo dende antes do 2.000 a.C, un selo da época dos primeiros pazos e unha moeda do dux de Venecia Pietro Gradenigo (1289-1311) que nos indica o uso ó longo do tempo da sección escavada.
Este ano a poeta Louise Glück gañou o premio nobel de literatura. Conseguiu o premio " á súa inconfundible voz poética que con austera beleza fai universal a existencia individual". Entre as súas obras destaca ao inferno (2006) que é , en opinión da Academia Sueca, "unha colección maxistral, unha interpretación visionaria do mito do dcesenso de Perséfone al infierno no cautiverio de Hades, o deus da morte".
A plataforma de streaming Netflix , confirmou que a serie Sangre de Zeus que debutou o pasado Outubro contará cunha segunda tempada . Esta información confirmouse pola conta de twiter de NX , unha das fontes de información de netflix. Esta serie foi dirixida por Charley e Vlas Parlapanides . Os fans de esta serie esperan con ansia a chegada da nova tempada , xa que o final da primeira rematou con moitas dudas ser resolver .