Atenas

ATENAS_01.mov
Neste vídeo fálase da organización política na cidade de Atenas, de como se elixe ao goberno e como se divide o goberno internamente. Calquera cidadán podía ser elexido para formar parte de goberno independentemente do poder adquisitivo e da súa posición social.

Orixe

Nos primeiros tempos, Atenas convertiuse nun centro poderoso da civilización micénica e, a diferencia de outros centros importantes desta civilización, non foi saqueada polas invasións dóricas, polo que conservou intacta a súa cultura (sen elementos dóricos, só xónicos).

A pesar disto, perdeu bastante poder, e non sería ata o S.VIII a.C cando se produciría o seu rexurdimento. Isto sucede grazas á súa posición central no mundo grego, o bo e seguro emplazamento da Acrópole e os seus accesos ao mar, que supoñían unha forte vantaxe sobre os seus rivais: Tebas e Esparta.

Plano da antiga Atenas. Imaxe da Galipedia

Xeografía

Atenas espállase pola planicie central de Ática, limitada ao oeste polo monte Aegaleo, ao norte polo monte Parnita, ao nordeste polo monte Pentélico, ao leste polo monte Himeto, e ao suroeste polo golfo Sarónico. 

Atenas expandiuse de modo que cubriu toda a planicie, sendo, por tanto, pouco probábel que a cidade puidese medrar en área de forma significativa no futuro debido as fronteiras naturais.

Mapa da rexión de Atenas | Wikipedia

Sociedade e Política

Nesta época de auxe (s. VIII a.C.), Atenas coñeceu un sistema de goberno monárquico que, logo da primeira metade do s. VII, foi cambiado por outro réxime de tipo aristocrático.

Clases sociais

Os latifundios eran cada vez maiores, e isto perxudicaba aos pequenos agricultores, que ante un ano de malas colleitas víanse obrigados a pedir préstamos, e se a mala racha continuaba e non daban pagado os préstamos, podían caer na escravitude ademáis de serlles retiradas as terras. 

Vista aérea de Atenas na actualidade

Dracón (VII a.C)

No ano 621 a.C. o arconte Dracón redactou por primeira vez un código de leis, unha recompilación de todas as leis non escritas e que antes estaban suxeitas a interpretación dos eupátridas.

Este código é simplemente unha recompilación de leis moi duras, ás cales Dracón fixo alguna innovación. Algunhas delas móstrannos as condicións primitivas nas que vivian os atenienses nesa época. 

Hoxe usamos o adxectivo "draconiano" como sinónimo de algo severo e estrito.

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/d/fotos/dracon_solon.jpg
*Imaxe da Galipedia, é un busto de Dracón.

Solón (638 a.C – 558 a.C)

Pero estas leis non foron suficientemente eficaces, posto que no ano 594 a.C. pediuselle a Solón un novo código con medidas de maior alcance. 

Entre estas medidas destacan as económicas, onde se realiza unha protección do cultivo da vide e a oliveira e a prohibición da exportación do trigo.

Un dos cambios máis importantes realizados por Solón foi a división dos cidadáns en catro grupos segundo a súa riqueza, que servía tamén para a organización militar. 

Este sistema non se consideraba democrático porque só os membros pertencentes as dúas primeiras clases podían ser arcontes, pero si significa un gran avance na vida política.

Imaxe da Galipedia* Este cadro "Solon and Croesus" é obra do pintor Gerard Van Honthorst no ano 1624, na actualidade podemos atopalo en Hamburger Kunsthalle. Aquí podemos ver a Solón ante Creso, o último rei de Lidia durante a súa visita en Sardes.

A reforma social

A gran mudanza no ámbito social foi a disposición da Seisactía (σεισάχθεια), consistente na abolición total da débedas dos campesiños, sen ningunha indemnización para os nobres acredores. Esta medida permitiu abolir a escravitude de quen se vendera por mor das débedas e, por ende, aliviar en grande medida a situación do campesiñado.

As clases sociais ficaron divididas en catro categorías definidas en función do produto da súa terra medido en peso de cereal e de líquido, a saber:

Só as dúas primeiras clases tiñan dereito a elixiren e a seren elixidos nas maxistraturas do Estado. Por outra banda, cada categoría social desempeñaba un papel diferente no exército, tendo en conta que eran os propios cidadáns mobilizados para o exército os que debían custear o seu propio material militar. Por exemplo, os hippeis eran cabaleiros que podían pagarse un cabalo, os zeugitas realizaban funcións de infantería pesada e os thetes formaban a infantería lixeira e actuaban de remeiros na mariña de guerra. Con esta reforma, a posición social e o cargo na Administración e no exército viñan determinados pola fortuna e non polo nacemento.

Pisístrato (607-527 a.C)

Pisístrato, tras dous intentos fallidos, instaurou a tiranía no 547 a. C.

Paradóxicamente, a tiranía de Pisístrato supuxo a consolidación das institucións existentes, e un chanzo cara o camiño da democracia. Non suprimiu a obra soloniana, simplemente puxo ós seus simpatizantes ó cargo dos postos principais. Ademáis, o gran período de paz durante o seu goberno foi útil para asentar estas innovacións.

Tamén se aumentou a producción vinícola e oleícola e incrementouse o comercio, garantizando así o suministro de trigo e metais.

Pisístrato foi inusualmente benévolo cos seus inimigos, e sempre protexeu ós máis pobres, especialmente ós campesiños. 

Atenas comezou a ser unha polis verdadeiramente importante baixo o seu mandato, debido á súa política de obras públicas, coa que loitaba contra o paro (centrouse especialmente na construcción dun templo adicado a Atenea) e tamén pola súa política relixiosa e cultural na institución das festas Panateneas e as Dionisias.

Tamén Pisístrato fixo realizar por escrito a forma definitiva a Ilíada e a Odisea, que eran poemas transmitidos oralmente ata entonces.

File:Iliad VIII 245-253 in cod F205, Milan, Biblioteca Ambrosiana, late 5c or early 6c.jpg
Ilíada VIII (Biblioteca Ambrosiana) século V-VI d.C. Fonte | Wikipedia

A tiranía

A tiranía (do latín  tyrannus, «gobernante ilexítimo», a partir do grego τύραννος, «rei soberano, gobernante dunha polis», no sentido que se deu ao termo na Grecia antiga, era o réxime de poder absoluto, de ordinario unipersoal, instaurado polo tirano, o gobernante que accedera ao poder mediante a violencia, derrocando ao anterior goberno dunha polis (as cidades-Estado gregas), grazas ao apoio popular (o do δῆμος, «pobo») ou mediante un golpe de estado militar ou unha intervención estranxeira. O tirano ocupaba o poder non por dereito (de iure), senón que o detentaba​ pola forza (de facto). 

Para a mentalidade moderna, a tiranía identifícase cun uso abusivo e cruel do poder político que se usurpou, nun poder non só ilexítimo pola súa orixe, senón tamén inxusto polo seu exercicio e que reprime calquera oposición.

Pero entre os antigos gregos, con todo, o termo non estaba tan cargado de connotacións pexorativas: en principio tiña unha connotación positiva, posto que moitos tiranos eran queridos e moi populares entre os cidadáns das polis (ata o punto que algúns se contaron na lista dos sete sabios de Grecia), aínda que a «demagoxia» ou «populismo» da súa forma de acceder ao poder e conservalo tamén fosen criticadas polos anteriores ocupantes do poder (a aristocracia), e a corrupción política do seu exercicio por parte de moitos deles terminase convertendo en odiada a figura dos tiranos, que pasaban a ser á súa vez depostos ou mesmo asasinados (tiranicidio).

Hipias e Hiparco (527-510 a.C)

Logo da sua morte, no 528 a.C., sucedérono os seus fillos Hipias e Hiparco.

O asasinato deste último, aínda que foi por un ataque de celos, pronto adquiriu un valor simbólico de liberación. Hipias, rexeitado polo pobo pola súa radicalización tras a morte do seu irmán, marchou ao exilio e a tiranía foi abolida.

Anarquía (547 a.C - 507 a.C)

Tras o seu mandato tivo lugar unha etapa de anarquía.

Parte de Hipias e Hiparco (19:14 - 22:50)

Clístenes (570 a.C - 507 a.C)

Dous anos despois, Clístenes foi elixido arconte e realizou unha serie de reformas que prácticamente significaron a instauración da democracia. 

Estas consistían basicamente na creación de dez novas tribus de caracter territorial (frente as catro tradicionais que se basaban en lazos de sangue e parentescos), e a Boulé (Βουλή), o consello de quiñentos membros que se convertiu no órgano constitucional máis importante ao preparar as sesións da Ecclesia (ἐκκλησία) ou asamblea (podían pertencer todos os cidadáns). 

Con isto, quedou instaurada a isonomía (ἰσονομία), é decir, a igualdade de todos os cidadáns ante a lei.

Arte: a cerámica ática

O vaso François está considerado como a obra cumio da cerámica ática.

É unha peza de cerámica destinada á mestura de auga e viño. Feito por Ergótimos e decorado por Clitias arredor do 570 a.C.

Foi descuberto por Alessandro François (de quen recibe o nome) nunha tumba etrusca na localidade de Chiusi. Consérvase no Museo Arqueolóxico de Florencia.

Vaso François. Imaxe da Galipedia

Lectura - Democracia (cómic)

Democracia é unha novela gráfica, cómic ou tebeo, publicada recentemente por Alianza Editorial, dispoñible tanto en formato ePub como en papel. Está firmada por Alecos Papadatos (autor), Abraham Kawa (autor), M.ª Isabel Soto (traductor), Alejandro Tobar Salazar (traductor) e conta cun prólogo a cargo do profesor Carlos García Gual.

Estamos en Atenas, ano 490 a. C., na véspera da batalla de Maratón. O protagonista da nosa historia, Leandro, arenga aos seus camaradas para a batalla do día seguinte contra un inimigo moito máis poderoso que eles.

Mentres chegan as primeiras luces da mañá, comeza a contar a súa propia vida, a vida dun home corrente, un adolescente fascinado pola pintura que pronto será requerido polo seu pai para empezar a ocuparse dos negocios da familia, o comercio de aceite. Para iso deberá acometer unha viaxe por mar rumbo ao Quersoneso Tracio, onde coñecerá a Hero, a sobriña do cliente que vai visitar, aspirante a sacerdotisa do oráculo no santuario de Delfos.

Rexistro: 20473

Cando regresa triunfante á súa Atenas natal, é testemuña do asasinato de Hiparco, o irmán de Hipias, en plena procesión das Panateneas. Nos tumultos que se suceden o seu pai é asasinado e Leandro debe fuxir da cidade, buscando refuxio en Delfos, onde se pon ás ordes dun amigo da familia, encargado do recinto sagrado.

Alí, dende dentro, pouco a pouco vai coñecendo o funcionamento do oráculo e as súas implicacións políticas, encarnadas nas astutas maniobras dun personaxe central da historia política de Grecia e do propio nacemento da democracia, Clístenes, o alcmeónida, que instrúe a Leandro na historia da súa cidade, recordando a labor política de homes como Solón ou Pisístrato e interpretando certeramente a reacción do pobo ante o que en orixe foi un asasinato pasional (Hiparco), pero que logo desencadenou a rebelión ante o Tirano Hipias.

Cando regresa a Atenas Hipias xa é pasado, un refuxiado máis na corte dos persas. A cidade debátese entre varios candidatos para maxistrado principal. Leandro comeza unha prometedora carreira como pintor de cerámicas e coñece á Hetaira Dánae. Iságoras gañas as eleccións e Clístenes propón un revolucionario sistema de división dos cidadáns en novas tribos, que achegaría a estes á igualdade real ante a lei, o que finalmente provoca o ostracismo para el e todo o seu clan. Un continxente militar espartano axuda a Iságoras a manter o poder, sumándose así á forza policial escita anterior.

Unha fáisca prende no pobo ateniense e comeza unha revolta que tingue de sangue as rúas da capital. Os partidarios de Iságoras e a guarnición espartana fanse fortes na acrópole. Tras o asedio da mesma, os espartanos acceden a irse e os cidadáns toman cumprida vinganza de Isócrates e os seus partidarios, aínda que este consegue escapar. Clístenes volve ser chamado a Atenas e pon en marcha o seu plan de reformas, berce dese novo réxime político que estaba a punto de nacer, a democracia. Mentres, os persas esperan na chaira de Maratón.